VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A TOPONIMIA de Marín: Elixio Rivas
“Os nomes de lugar supoñen ao home con todos os seus afáns, enfrontado a un anaco de terra. Ten que chamala por un nome para entenderse e ata para expresar as súas ideas e sentimentos, e non o fai por azar; será expresando as súas calidades físicas; sería reflectindo un momento histórico con el relacionado; sería dándolle o seu propio nome humano como documento de posesión…sempre existe unha razón suficiente. A partir de aí, haberá un diálogo continuo coa terra concreta, pronunciada pola palabra e aberta e acariñada pola man.”
“ O estudoso da toponimia, ciencia dos nomes de lugar, ten que volver ao pasado, ás veces moi afastado, e facer revivir cada nome coas motivacións que lle deron principio. Isto supón penetrar na entraña do pobo para dar coa alma da palabra, coa semántica. Claro que hai que seguir un camiño, a fonética, pero esta, necesaria como é,non é mais que o externo. Ata pode que haxa que librarse de incongruencias aparentes polo paso do tempo. Fonética e semántica irán facendo a luz no afán por conectar a voz petrificada co presente.”
“E ciencia na que non podemos despegarnos do chan para evitar espellismos. E así tentar alumear, explorar o pasado. Tanto os acertos como as hipótesis se irán confirmando ou rectificando, en ningún caso, se o traballo está feito a conciencia, non será tempo perdido.”


Belén Diz Juncal
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:22
# Ligazón permanente a este artigo
MARíN;
TOPONIMIA “MARÍN”:

De villam vallis Marini, “vila do val de Marino”. Xa no 1112 corre como Marín, cando a raíña Doña Urraca dá este lugar a Diego de Arias( Ego Urraca Regina…facio cartam donationis de illas hereditates quas habeo in terra Morrazo, videlicet Marin…)Rivas Quintas publicou un libro coa toponimia de Marín( verba anexo 18, Santiago de Compostela 1982) que reúne o que se sabe de gran parte da toponimia.
Lo que hoxe é Marín foi, por largo tempo, non máis ca un hangar ou cobertizos para unhas lancas e aparellos. O Marín de entón, o primitivo e evolucionario da unha vila do Baixo Imperio, estaba terra adentro, no Sancto Juliano de Valle Marini. Nunha granxa romana, coma dez máis, de nome vila no municipio. Coa seguridade aumenta a poboción; fanse tomadas e roteas. Nace o Marín de hoxe. É o ano 1112, cando por primerira vez vemolo nombrado, cuns poucos veciños e o seu alfoz e mar en frente.
Un cabaleiro, meteuse monxe e legara ao mosteiro do Oseira as suas propiedades de Marín.

Antigamente, Marín chamabase San Xian de Ancorados polos barcos que fondeaban na suas cercanias, peor é seguro que se trataba dunha deformación popular de “ encoirados” que significa curtidurías de coiro, como as que había na beira do río Lameira, que desauga no núcleo urbano da vila. O pai Sarmiento afirma co seu nome ven da palabra latina mare, que significa mar, pero hoxe se sabe que deriba do nome dun antigo posesor destas terras chamado Marinus; Marín deriba enton de ( terram) marini: “ a propiedade de Marinus”. Ambas referencias ao mar son, polo tanto, puras coincidencias.

Paula García Area
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:21
# Ligazón permanente a este artigo
O MORRAZO, o nome da nosa bisbarra
A comarca do Morrazo, na provincia de Pontevedra, está formada polos concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co Océano Atlántico.
É a comarca máis pequena de Galiza, pero ten 81.228 habitantes, e é unha das cinco máis densamente poboadas.
Na miña opinion é unha das comarcas con máis beleza, pois conta coas illas Cíes e Ons patrimonio cultural, o castro de Cabo Home, ademais dunhas espectaculares vistas da súa costa.
É unha das comarcas máis turísticas, xa que se encontra nas Rías Baixas e é moi pesqueira.
Os principais produtos do mar consumidos e explotados na zona son: o percebe, a navalla, a vieira, o ourizo, o polbo e todo tipo de peixes.
A palabra comarca proven do latín "xerm marka" que significa país,fronteira.
Sobre os nomes dos seus concellos direi que:

Bueu,pode proceder de Budetu(pasando por unha forma intermedia Buedo "lugar onde hai moita buda que en latín era a espadana, planta que nace en zonas de lagoas como defende o Elixio Rivas.

Cangas semella ser un nome de orixe céltica que vén significando "torto ou curvo" aínda que hai 3 teorías sobre a procedencia do nome Cangas:

1-) Esta relacionado co enrellado de palos que se coloca sobre os teitos, para que non voe a palla (Asturiano Canga)

2-) Procedería un nombre do yugo en Galego e Asturiano (Canga). ¿esta relacionado este nome co apelido asturiano Canga?

3-) Procede do latín cánica. Polo visto se denomina asi en asturias a un sendeiro de dificil trazado. En la crónica Albeldense se menciona con el nombre Canicas a Cangues d'Onis.
Bueu é un hidrónimo paleoeuropeo precelta.
Cangas é o lugar onde vivo e onde paso os meus mellores momentos da miña vida.
En definitiva para min é o mellor lugar do mundo.



Davila
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:19
# Ligazón permanente a este artigo
GALLAECIA, un topónimo antigo
- Gallaecia é o nome que os romanos lle puxeron ao que agora chamamos Galicia. O nome de Gallaecia deu lugar ás actuais formas Galicia/Galiza. Os causantes foron os suevos, pobo xermánico que se asentaron en Gallaecia. Desde o ano 412 ao 565 os suevos mantiveron en Galicia un reino independente, confundíndose eles máis ou menos coas familias galego-romanas. O reino suevo de Galicia foi anexionado polo reino visigodo español, ao cal permaneceu unido ata a invasión árabe do ano 711.

A Gallaecia sueva conservou baixo o dominio español as súas particularidades e un alto grao de independencia recoñecida polos poderes oligárquicos visigodos. Os suevos, independentes ou sometidos aos visigodos, xermanos coma eles, estiveron case trescentos anos no noso país, máis ou menos asimilados á población galego-romana. Os suevos conservaron sempre os seus nomes persoais xermánicos como signo de identidade, os nomes de lugar xermánicos orixinais e non derivados de antropónimos son en Galicia poucos.




En Galicia subsisten topónimos xermánicos, mais a mayoría son os chamados TAXX (topónimos procedentes de antropónimos xermánicos en xenitivo latino) EXEMPLO: de (Villa) Gundemari propiedade ou dominio de Gundemarus derivarías os actuais Gondomar. Tamén existen topónimos de esta caste derivados de topónimod latinos: Marín, Amorín, Chaín. A estes chamámoslles TAXL (topónimos procedentes de antropónimos latinos en xenitivo tamén latino).

A case totalidade destes nomes de lugar encóntranse concentrada na actual Galicia, interior e exterior e no norte de Portugal.

Son moi abundantes os apelidos galegos que veñen dos chamados antropotopónimos de carácter xermánico.

O cero e que Galicia está impregnada de TAXX e éstes constitúen un fenómeno onomástico propio e específico de nós que deron lugar a moitos apelidos vixentes hoxe en día.

Todo indica que os TAXX teñen que vir de moito antes do neogoticismo evidente nos inicios de século X.

O texto máis antigo no que alguen se identifica como Gallaecus é do século III d.c.
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:18
# Ligazón permanente a este artigo
DE ONTE A HOXE

De onte a hoxe foi un libro de latín para o antigo 2º de Bup realizado por Xesús Ferro Ruibal, Antón Miramontes, Concepción Sande e Xosé Souto e que editou Xerais nos anos 80.Era un libro de texto novidoso, en primeiro lugar por tratarse de un libro de achegamento ao Latín en lingua galega, centrado no que supuxo para galicia a Romanización e a latinización, contando conque era o único curso que sobre o latín ían recibir moitos alumn@s daquela e que era importante que deste contacto coa lingua nai do galego e do castelán e de todas as linguas romances europeas se tivese unha visión da mesma máis próxima e menos arcaica, procurando destacar en que medida somos nós aínda hoxe latinos, na nosa forma de falar, na nosa toponimia, costumes e institucións, coma unha chave de interpretación do mundo no que vivimos, como un camiño de coñecemento de nós mesmos.
Foi pois un libro moi innovador, copiado logo en gran medida por outras editoriais fóra de Galicia, un precedente claro do que os libros de texto sobre Latín ou cultura Clásica que hoxe temos.
Inauguramos agora neste blog unha sección seguindo as pautas dun dos apartados daquel libro sobre a Evolución do latín ao galego.
os pasos que imos dar serán os propostos por este libro e son os que seguen:
1- Evolución das vogais tónicas longas.
2- Evolución das vogais tónicas breves.
3-Os ditongos latinos e a súa evolución.
4-Dos ditongos prerromances ao galego.
5-Vogais átonas en sílabas interior e final
6- As consoantes simples iniciais
7- Oclusivas xordas en sílaba interior.
8- Oclusivas sonoras en sílaba interior.
9- O ele e o ene intervocálicos.
10- O eme final.
11- Consoantes xeminadas : ll,mm,nn,mn...
12- grupos consonánticos iniciais e mediais.
13- grupos conssonánticos por perda de vogal.
14- O iode coas consoantes.
15- O x galego
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 02-04-2009 06:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal