VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PALABRAS DA TRADICIÓN: ENTROIDO/ CARNAVAL (Sandra)



A PALABRA ENTROIDO



Tamén chamado Antroido, Introido, Entruido, Entrudo, Entrudio (por ser a entrada á Cuaresma)

As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".

O entroido fai referencia a unha época de "carne" , tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.

En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.

As denominacións destas festas na maior parte de Europa teñen este sentido orixinal: desde o "Carne Vale" (Adeus á carne") ó "Introitum" co significado de entrada á Coresma, todos os calificativos para o Entroido fan referencia a que esta é unha época de carne (no sentido literal e no metafórico da Igrexa): "Carnal" na Idade Media, "Canestoltes" en Cataluña, "Carnestollendas" (de "carne" e "tolere", "levar a carne"). Carnisprivium, Canelevamen e formas semellantes en Francia, "darrers dies" (de carne) en Baleares...
O entroido é desde sempre a subversión, a volta ó mundo do revés, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. O comer, beber e cantar ata rachar, o rirse do máis sagrado... todas son características comúns destes días.

A festa recibe en galego os nomes de entroido, antroido, intruido, entruido, entrudo e entroiro. Todos estes vocábulos teñen a súa orixe no termo latino introitus, co significado de entrada ou comezo. Daquela, o étimo fai referencia a un significado da festa como entrada ou comezo nunha nova estación -a primavera-, independentemente de que a súa apropiación por parte do cristianismo nos faga pensar na entrada na Coresma -sendo preciso, polo tanto, despedirse da carne-.
No noso idioma é admisible tamén a voz carnaval, con dous posibles étimos distintos. Para uns este termo procede do vocábulo italiano carnevale, e este, á súa vez, da expresión antiga carne levare -sacar a carne-. Para outros, a súa orixe está na expresión latina carrus navalis, ou sexa, unha carroza decorada que posiblemente saíse en desfile durante estas datas. Dunha ou doutra maneira, non cabe dúbida de que calquera das dúas acepcións fai referencia a elementos asociados ao carnaval actual.

Outras interpretacións
Pero a finais do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a Deusa Celta das fabas e o toucino. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao Deus Karna (que no Mahabharatá aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus Sol e a raíña Kuntí). Algunhas personas creen que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:50
# Ligazón permanente a este artigo
O SUPERESTRATO ÁRABE (Jessica)
SUPERESTRATO ÁRABE:
A min tocoume falar do superestrato árabe, polo que tiven que elixir unha palabra diferente entre Marín e Bierzo polo que escollín o porco bravo, pero antes teño que falar do superestrato.
No ano 711 os árabes entran na nosa península polo sur chegando ata as mesetas centrais axiña e realizando mesmo incursións polo norte peninsular. O seu caudillo Muza apodérase de Lugo no 714 e doutros lugares durante o reinado de Afonso I. Os árabes permanecen uns 40 anos en Galiza, até que son expulsados por Alfonso I. O seu sucesor, o rei Fruela I (757-768) repoboa Galiza até o Miño con mozárabes e tivo que facer fronte a unha rebelión dos galegos. Os árabes chamaron Jalîkîya (Galiza) a todo o territorio norteño que non estaba baixo o seu dominio.
Galiza só padeceu unha serie de incursións de castigo por parte dos árabes de Al-Andalus. A máis sonada foi a que dirixiu Almanzor no ano 997, cando levou as campás da Catedral de Santia-go a Al-Andalus. Deste contacto cos árabes e a súa lingua, van quedar algunhas palabras na nosa lingua, moitas menos que en castelán, aínda que posteriormente por influencia deste tamén cheguen outras moitas ao galego. Vexamos algún exemplo de palabras de orixe ou superestrato árabe no galego:
O xabaril procede de < ár ğabalī, proba de que os arabismos son poucos é que exista tamén unha denominación de distinta orixe para esta especie.
En galego tamén se lle chama ao xabarín, porco bravo, especialmnete nas zonas da Galicia costeira.
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
O SUPERESTRATO: A herdanza dos Suevos e Godos (Diego)
En lingüística denomínase superestrato ao conxunto de características léxicas, fonéticas e gramaticais deixadas nunha lingua por outra invasora. En contraposición, denomínase substrato ás características deixadas pola invadida na invasora.
En resumo, é o conxunto de características linguísticas deixadas por unha lingua invasora.
Así, por exemplo, pódense considerar como superestrato do galego as palabras e estruturas incorporadas ao dialecto romance das distintas tribos xermanas e o árabe tralas súas respectivas conquistas da península Ibérica.






Os Suevos:
Son xermanos occidentais que chegan a Galiza no 409, onde fundan o 1º reino occidental independente (con capital en Braga) tras a caída do Imperio Romano. O Reino Suevo durou até o 585, cando son vencidos polos visigodos, outro pobo xermánico. Os suevos chegados á Gallaecia non foron máis de 25 ou 30 mil. O seu escaso número e a súa débil formación cultural fixo que axiña adoptasen a lingua e a cultura dos galaico-romanos que era o latín.

Os Visigodos:
Son xermanos orientais orixinarios de Dinamarca e Suecia. Asentáronse no S. V na península des- pois de residir en Lombardía e loitar xunto aos romanos na fronteira búlgara. Despois de vencer aos suevos no 585, o seu reino (con capital en Toledo) rematou coa invasión árabe (711). Pero, máis que polo que nos deixaron, a importancia lingüística dos xermanos radica en que causaron un importante declive cultural e debilitaron as comunicacións entre os distintos reinos do que fora o Imperio Romano. Por isto, o latín de Hispania ficou abandonado ás súas propias tendencias, e, polo tanto, en situación de come- zar unha evolución autónoma a respecto dos demais lugares latinizados de Europa.
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:48
# Ligazón permanente a este artigo
O grupo consonántico LT (Alex)
O grupo consonántico LT
En latín existen varios grupos consonánticos: unións de dúas consonantes xuntas que evolucionaron dunha maneira específica. Entre eles están o KT, o PT, o FT, o BL-, o GL- ou o LT do que falarei agora:
O grupo consonántico LT evoluciona en galego a -oi- ás veces (coma en multum, que evoluciona en moito) e outras evoluciona a –ou- (é o caso de alterum, que evoluciona en outro; saltu a souto, altarium a outeiro)
Pois iso é o que pasa co grupo consonántico LT, a evolución éche así.
Alejandro
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
Reducimos o grupos nasais mn- (Leticia)
CONSOANTES XEMINADAS

Falo das consoantes xeminadas porque nos interesa a evolución das palabras como foron pasando o galego e perdendo a súa forma no latín, algunhas palabras teñen parecidos ao latín e desaparecen algunhas consoantes.

Unha consoante é un son da lingua oral orixinado polo peche o estreitamento do tracto vocal por acercamento ou contacto dos órganos da articulación de tal maneira que cause unha turbulencia audible. O termino consoante provén do latín e originalmente se refería a “sonar xunto con” o “sonar xunto con” sendo a idea que as consoantes non tiñan son en si mismas, xa en latín que solo aparecían xunto a unha vocal.
A palabra consoante chamase consoante xerminada.
Non todas se simplifican son consoantes xerminadas (dobretes).

Exemplos:
mensa > mesa – desaparece o “n”
annum > ano – desaparece o n dobre
grammaticam >gramática

Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:45
# Ligazón permanente a este artigo
A evolución do grupo -ct- do latín (Raquel)
A evolución do grupo –ct no latín

Un biscoito con leite

Imos falar dun grupo consoántico moi peculiar o grupo –ct en interior de palabra que como verás evoluciona de forma moi distinta en galego que en castelán.
Por exemplo: noctem dá en galego noite e en castelán noche.
Octo dá en galego oito e en castelán ocho.
Lactem dá en galego leite e en castelán leche.
Pecto dá en galego peito e en castelán pecho.

E co biscoito remato ata mañá as oito.

Raquel Devesa Acuña
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:44
# Ligazón permanente a este artigo
Os grupos iniciais cl-, fl-, pl- (Iván)
PL-FL-CL

-Pl-fl-cl- nas palabras patrimoniais ,estes grupos evolucionan coa “t”: pluvia> chuvia/choiva
Flamma>chama
Clamare> chamar
-Nas palabras semicultas o “l”pasa a “r”:
Platea>praza
Flaccu>fraco
Claricu> Crego
- Nas palabras cultas consérvasepluviómetro,flexible, clamar…


Orixe consoántica galega “ch”. Pode proceder de:
-influencia de grupos consoánticos.

Grupo concoánticos en sílaba inicial:
Plorare:chorar/llorar.
Clamare:chamar/llamar
Florem:chor/flor
Flamma:chama/llama
Credere:crer/creer
Blandum:brando/blando


Santiago Calviño,Iván
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:43
# Ligazón permanente a este artigo
A orixe do
Neste apartado traballamos sobre a evolución do "ñ", unha curiosa letra que como poderemos comprobar non se representa así en todos os alfabetos, se non que se representa con equivalencias.



A letra “ñ” provén dunha abreviatura do latín.
Cando se tiñan que escribir dúas enes, coma nas palabras anno e Hispana, empezouse a montar a segunda N sobre a primeira para aforrar espazo e co tempo derivou nunha simple virguliña que é un signo ortográfico a modo de til. Co cal as palabras herdaron co tempo este signo e se escriben con el, como España.
Naqueles tempos era importante aforrar tempo, espazo, tinta e papel, e era un costume realizar estas abreviaturas ao final das palabras, que significaba a desinencia “orum” ou “eorum”.
A letra “ñ” foi tomada do castelán nos seguintes idiomas, como parte do seu alfabeto:
• Aragonés.
• Asturiano.
• Aymara.
• Bretón.
• Bubi.
• Chamorro.
• Galego.
• Guaraní.
• Mapudungun.
• Mixteco.
• Quechua.
• Tagalo.
• Zapoteco.
• Euskera.
*O inglés admite o “ñ” en préstamos do castelán como cañón, piñata, etc.

Evolución da nn ata a ñ.
1. Decimoséptima letra do alfabeto que non existe na orde latina internacional. O seu nome en galego como todas as letras é masculino ao contrario do nome en feminino do castelán: o eñe, o seu plural é eñes.
2. Con esta letra represéntase na escritura o son consonántico nasal palatal /ñ/.
3. Esta letra nace da necesidade de representar un novo son, inexistente en latín. Determinados grupos consonánticos como gn, nn ou ni evolucionaron nas linguas derivadas do latín cara un son nasal palatal. Cada unha destas linguas adoptou unha grafía distinta para representar este son: gn en italiano e francés; ny en catalán, e nh en portugués. O castelán medieval escolleu o dígrafo nn, que se adoitaba representar abreviadamente mediante unha soa n cunha raia máis ou menos ondulada enriba. Esta raia ondulada chámase til.

Polo tanto, chegamos á conclusión de que a “ñ” é, efectivamente, unha NN. Se observamos ben o rabo, veremos que non é máis que unha n co trazo curvo. É dicir, graficamente a equivalencia é NH en galego, pero, non é unha ñ. Así “una” sería “unha”, pero non se lería “uña”, senón “un a”, isto equivalía a unha N escrita enriba doutra.

MIRIAM

Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
Oclusivas xordas e sonoras (Flor)
Entre as palabras “as” e “os” só existe unha diferenza de significado e de forma que é a que representa a distinción entre os fonemas [a] e [o]. O mesmo sucede entre pala, para, paga, pana e pasa, as diferenzas de significado se apoian nos diferentes fonemas que as distinguen, isto é, [l], [r], [g], [n] y [s]. La única diferenza que existe entre o fonema [p] que corresponde a unha consoante bilabial, oclusiva, xorda e o fonema [b] que corresponde a unha consoante bilabial, oclusiva sonora, é o seu modo de articulación: xorda a primeira, frente á segunda que é sonora. Non sempre se manteñen como fonemas distintos as diferenzas que proceden dun só rasgo distintivo, por exemplo a primeira d da palabra dedo corresponde a unha consoante dental oclusiva sonora, e a segunda é dental fricativa sonora. Neste caso non estamos ante dous fonemas senon ante dous valores do mesmo fonema; as veces dous fonemas diferentes nunha lingua dada son o mesmo noutra, por exemplo o español manten la diferenza fonética entre os sons [r] e [l], pero o xaponés non, nin a fala andaluza tampouco. De acordo con todo isto hay que distinguir entre fonemas e letras, ainda que existen moitas coincidencias tamén hay desacordos moi importantes que apoian esta difereza. A letra v do español actual corresponde ao fonema /b/ que é unha consoante bilabial, oclusiva, sonora; pero o fonema /v/ que corresponde a unha consoante labiodental, fricativa, desapareceu no sistema fonético actual, ainda que estivo presente na historia da lingua ata o século XVIIII, e todavía hoxe se usa nalgúns países de América do Sur.
Florencia Corvalán García
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:40
# Ligazón permanente a este artigo
Fixemos desaparecer o "l" intervocálico
Queremos saber como evolucionou a lingua dende o Latin para o Galego. Tocoume observar o que lle pasa á consoante "ele" cando vai entre vogais.


En galego facemos que desaparezca o “L” que enlatín existía no interior das palabras entre vogais.
Exemplos :
• Voar, volar: en latín era volare
• Ceo , cielo : en latín era caelum
• fío , hilo : en latín era filum
• pía : en latin era pilam
• moa : en latín era molam
• só: en latín era solum

Observa agora estas mesma palabras en castelán: volar, cielo, hilo, pila, muela,sólo.

O Galego normalmente é máis conservador coas palabras latinas que o castelán, pero neste caso non foi asi.

Sandra
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:39
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal