VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS DEUSES CASTREXOS E OS GALAICO-ROMANOS
A arqueloxía pre-romana garda un mutismo absoluto sobre o tema, polo que canto del saberemos será a partir da chegada de Roma, cando na epigrafía van aparecer nomes e epítetos de divinidades. Estamos ante unha relixión politeísta cun panteón amplísimo ao que adoraban o mesmo os habitantes dos castros que os das cidades. Algunhas divinidades son comuns a todo o territorio, mentres que outras teñen un culto local, tópico, e todas elas perdurarán coexistindo coa relixión romana e mesmo coa introducción do cristianismo.

A importancia dos elementos da Natureza ( coma o sol, a lúa, as augas, determinadas árbores..), a miúdo tense posto en relación coas crenzas dos habitantes dos castros, pero ben entendido que tales elementos non deben interpretarse como divinidades propiamente ditas senón que estas “habitan” ou se “encarnan” naquelas manifestacións e forzas naturais.

Unha serie de fontes históricas, como por exemplo as inscricións, proporcionannos algúns datos para esbozar un moi breve panorama das crenzas e da relixión da cultura Galaico-romana.

As fontes literarias e epigráficas romanas contaminaron moito a interpretación da relixiosidade castrexa, así o deus das montañas, o que aparecen como o máis importante do panteón castrexo, asimilaba ao clásico Xúpiter e era polo tanto un deus puramente romano. Outros deuses están perfectamente testemuñados. Mars Cosus, deus da guerra, o deus Bandua, estaba asociado á protección da comunidade. Tamén rexistrase a existencia de moitos deuses menores, especie de deuses benéficos ou maléficos, protectores dos pobos, dos animais, relacionados cas augas,os bosques,coas encrucilladas dos camiños. Estes "Lares viales", mantiveron grande importancia tamén na época romana e perviviron nas lendas e tradicións populares relativas aos cruceiros e os petos de ánimas.
O culto ao deus que se relaciona coas montañas vai ser moi abundante. Para el temos un nome: Laroco; pero sobre todo descubrimos un sincretismo dos nomes co Xúpiter romano. Do mesmo xeito que os romanos asociaron o seu Xúpiter(Iuppiter,Iovis) co Zeus grego, atopamos un Iovi Ladico, Candamio, Candiedoni. Mesmo semella esta unha das rexións peninsulares onde aparecen maior número de aras dedicadas a Iovi Optimo Máximo.
Marte ten o seu correlato en Coso, que aparece en puntos repartidos por toda a Gallaecia; pero tamén aparece o sincretismo co deus romano.
Divindades fluviais ou que dan nome a fontes e cursos de auga, aparecen en numerosas lápidas, asociadas ás ninfas romanas, con apelativo indíxena, como en Chaves, Cacabelos, Caldas de Reis... Dusrio aparece cerca de Porto, Navia en Asturias e Castro Caldelas; Navea en Trives. Referido ás forestas estaría Lucus, tamén Chanas e Chas.
Por último, atopamos nomes difíciles de clasificar coma: Bandua (aparece en numerosos lugares), Brico, Veroe, Aerno, etc.
Existe un substrato relixioso de cultos indíxenas e locais que logo se asimilará, nun sincretismo case perfecto, coas decisivas aportacións de divinidades clásicas dos romanos. Todo isto convive con outros dous feitos da Galicia romana: o culto ao Emperador (de compoñente relixioso e tamén político ) e, na época tardía, o espallamento do cristianismo. Sen embargo, non se teñen referencias claras a este respecto.


PORTELA POUSADA, Estela

para saber máis
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 30-04-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Esquema que imos seguir para desenvolver a Historia de Roma
Como podedes comprobar no apartado de IDUS E KALENDAS situamos a morte de Xulio César nos idus de marzo como introducción inicia ao achegamento á historia de Roma. pregunta básica Por que mataron a César? provoca unha reflexión sobre a historia romana centrándonos no momento álxido da crise da República no ano 44 a.C. Esta historia que agora ides reelaborar, tentará por unha banda lembrar a división tradicional da historia de Roma estudada en cursos anteriores aquilo de: MONARQUÍA, REPÚBLICA e IMPERIO, para acto seguido poñer en cuestión esta visión divindindo este período da Historia da Antiga non por sistemas de goberno, senon polo verdadeiro motor da historia, a socio-economía, é dicir, Roma pasou da sociedade da GENS (onde a linaxe era fundamental para a estrutura social de Roma)á sociedade dos SERVI (isto é ESCRAVISTA) pois vai ser o "servus", o escravo, o motor desta etapa (un de cada tres habitantes de Roma será un escravo).

O noso camiño seguirá os seguintes pasos:

- A fundación de Roma: Rómulo e Remo.
- A monarquía romana: Reis latino-sabinos e reis etruscos.Entre a lenda e a historia (753 a.C. a 509 a.C.)
- Ampliación:Os etruscos e Roma.
-SPQR: A república romana versus monarquía (o Senado, os maxistrados e o Populus ou asembleas para votar).
- Un proceso de democratización interno (loita pola igualdade de dereitos patricio-plebea 495 a.C.-287 a.C.)
- As guerras de defensa en Italia e as guerras Púnicas, de conquista no Mediterráneo Occidental (do 509 a.C ata o 146 a.C.) e finalmente expansión cara o Mediterráneo Oriental.
- A Crise da República:Trazos e protagonistas da mesma (133 a.C.- 31 a.C.) .Lembraremos nomes como os Escipións, Tiberio e Caio Graco, Mario e Sila, Cicerón e Catilina,Espartaco, Craso, Pompeio e, como non, a César, mesmo Marco Antonio, Cleopatra, Lépido e o que logo vai ser o emperador Octavio Augusto.
- Xulio César momentos e ditos da súa vida.
- A expansión do Imperio.
- Os doce primeiros Césares.
- A crise e a caída do Imperio no ano 476 d.C.

para ir entrando en materia
en Galipedia hai unha boa síntese da Historia de Roma
Categoría: ROMA - Publicado o 23-04-2008 06:44
# Ligazón permanente a este artigo
IMOS AGORA CON EURÍPIDES NAS TROIANAS
1. Importancia dos prólogos, os monólogos e o “deux ex machina” en Eurípides

Como escritor, Eurípides non é innovador; si o é, en cambio, como dramaturgo: o tratamento dos coros, as escenas de anagnorises ou recoñecemento, a importancia dos prólogos e as monodias, e, moi especialmente, as escenas de deus ex machina teñen en Eurípides un grao de perfección poucas veces alcanzado.
Entre as súas innovacións ao teatro están: reduce aínda máis a importancia do coro e utiliza, en case todas as súas obras ou dramas, un prólogo, para que un personaxe expoña ao público en prosa narrativa os antecedentes do mesmo e canto ao autor parécelle ben.

*Nas súas traxedias é moi frecuente o prólogo no que se narran acontecementos anteriores.
Prólogo: segundo Aristóteles é o que antecede á entrada do coro. As características xerais son: dáse a localización temporaria e únese o pasado do heroe co presente poden participar ata tres actores pero só falan dous e o outro está mudo ou pode ser un monólogo. Infórmaselle ao espectador o porque do castigo que vai recibir o heroe e nesta parte non intervén o coro.

*Son frecuentes as loitas dialécticas que comezan cunha resis (monólogo) de cada un dos protagonistas, para acabar en esticomitías. Os relatos de mensaxeiro son moi artificiosos con abundantes arcaísmos.

*En varias obras o final resólveo un Deus ex machina, :Deus ex machina, quere dicir «Divos a través da máquina». Refírese a un mecanismo de poleas que nos teatros gregos permitía que un personaxe aparecese no escenario coma se descendese desde as alturas. ?Cando o desenlace dunha obra non resultaba fácil e a situación estaba moi envurullada, utilizábase a máquina para facer descender a Zeus, quen era capaz de arranxalo todo nun momento.Grazas á intervención do pai dos deuses o mundo volvía nun instante a estar ordenado, o que era un alivio para o autor da obra, que, deste xeito, saía facilmente de calquera ruela sen saída narrativa?.

AROA POUSA ENTENZA
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 15-04-2008 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
AS NUBES, DESPOIS DA REPRESENTACIÓN
André Rigo

1- Cal á a finalidade do monólogo inicial da obra?
R: De introducir o texto e dar énfase neste personagem que vai ser o principal personagem do texto.

2- Cal é o problema que ten o ancián co seu fillo e a súa muller ?
R: O ancián está canso de facer cousas para o seu fillo. Todo son gastos, compras de cabalos e as débedas. El ten problemas coa súa muller porque ela o deixou xa que estaba cheo de débedas.

3- Recoñeces no nome de Fidípides algún elemento que faga alusión a súa afección favorita?
R: Si , fid = fiel Ipides = Hípica, no proprio nome pon que el é fiel aos caballos e a hípica.

3- Que salvación espera encontrar Estrepsíades no Pensadeiro ?
R: Quere aprender dar discursos para librarse dos acredores .

4- Porque se nega o seu fillo a entrar alí ?
R: Porque di que nese lugar son todos uns charlatáns e o que din non serve para nada.



Grisel Santiago

O coro representa un grupo de nubes que baixan a terra. Que crees que simbolizan?
Grandes divinidades, deusas que nos proporcionan o pensamento, os debates, a intelixencia, etc....

Cal che parece que e o seu papel ao longo da obra?
O seu papel é obedecer as ordes de Sócrates, só as de el.


Chema Santiago

Que poderías dicir acerca da actitude relixiosa de Sócrates e Estrepsíades? Cres que o Sócrates auténtico se recoñecería nesas crenzas? Averigua en qué consiste a parábase dunha comedia e por qué nela o Coro entoa unha oración aos deuses: "A Zeus, que reina nas alturas..."
-Podería dicir que Sócrates ten unha actitude relixiosa distinta a dos demais porque está metido no Pensadeiro que era un lugar onde meditaban. E acerca da de Estrepsíades penso que é relixioso como todo o mundo, aínda que despois se meterá no mundo dos labregos da Atenas de Sócrates.
-Quizás non.
-A parábase dunha comedia consiste en tres cancións alternando con tres discursos. O primeiro discurso moitas veces termina cunha pasaxe que debe ser pronunciada moi rápidamente.
-O coro entoa a oración de: “A Zeus, que reina nas alturas...” porque non poden reprimir o seu poder.


LIDIA SOTO

Que opinas sobre as ensinanzas que Sócrates trata de transmirtir ao seu alumno sobre os xéneros gramaticais?

Sócrates aparece tan estúpido como o campesiño que ten como alumno porque todo o que ensina está mal,rifa ao seu alumno polo que segundo el está mal dito e ensínalle erroneamente a pronunciar como para Sócrates está ben dito.

Por que é tan importante o control da linguaxe para os Pensadores do Pensadeiro?

Porque eles pensan que co simple feito de falar de forma correcta e poder expresar o que queiras podes manipular ás persoas e facelas cambiar de opinión,mesmo se ese cambio de opinión e de razoar pode acabar de mala forma como se ve na obra que ao final as ensinanzas pódense volver contra un mesmo.

NOEMI VEGAS

Cando Estrepsíades consegue que o seu fillo entre no Pensadeiro, prodúcese unha loita entre o discurso decente e o discurso indecente. Cal é o obxectivo da pelexa?
O obxectivo da pelexa é por quen dos dous lle vai a ensinar a Fidipedes e por cal deles ten a razón.

Cales son os principios básicos educativos que defenden cada un dos discursos?
O discurso decente: Defende a educación antiga, a xustiza e a sensatez, é dicir, a sentarse ben, a comportarse nas horas de comida, etc...

O discurso indecente: Defende todo o contrario facer todo o que che pete, ser maleducado, faltar o respecto, etc...

Cales serían ao teu parecer as consecuencias dun mundo rexido polo discurso indecente?
Pois habería inxustizas, guerras non habería ningún respecto entre os humanos, non habería educación, sería un mundo incontrolado.



Daniel Ceneviva

1- Cales son as razones que Fidípides esgrime para xustificar a violencia cara seu pai?
2- Con que outro tipo de sociedade compara á humana para explicar o seu comportamento?

Respostas :
1- Que do mismo modo que o pai pega o fillo , o fillo tamén pode pegar o pai .
2- O outro tipo de sociedade que compara é a dos paxaros.

IRIA PUMAR
Localiza na Apoloxía de Platón o fragmento no que Sócrates se refire a Aristófanes e aos presupostos en que se basa a acusación do tribunal, e coméntao.
Texto:
"O máis desconcertante é que nin sequera deron a cara, polo que é imposible coñecer tódolos seus nomes, a excepción de certo autor de comedias. Isos, pois, movidos por envexas e xogando sucio, trataron de convenceros para, que unha vez convencidos, fórades persuadindo a outros. Son, indiscutiblemente, difíciles de desenmascarar, pois nin sequera é posible facerlles subir a este estrado para que dean a cara e poidan ser interrogados, polo que me vexo obrigado, como vulgarmente se di, a baterme contra as sombras e a refutar os seus argumentos sen que ninguén me replique."


Neste fragmento Sócrates refírese a Aristófanes, quen o ridiculizou en varias das súas obras.



ANDREA RODRÍGUEZ
Lee no Fedón de Platón o fragmento no que se relata a morte de Sócrates.cComenta a imaxe que transmite Platón do seu mestre e compáraa coa que nos transmite Aristófanes nas Nubes.


En “As nubes” amósase, ao principio, un Sócrates coma un gran pensador que todo o sabe, pero a medida que remata a peza móstrase como unha persoa atea,farsante e charlatana(ou iso pensa un dos protagonistas, Estrepsíades).

No Fedón atópase un grande Sócrates, que incluso lle ensina cousas aos seus discípulos e é un relato sobre unha conversa entre Fedón de Elis e Equécrates onde este primeiro lle relata a Equécrates as conversas, vivencias e morte moi detallada de Sócrates.


Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 14-04-2008 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE AS NUBES DE ARISTÓFANES
Cal é a finalidade do monólogo inicial da obra?
Coñecer a Estrepsíades e ver o desgraciado que é.
Cal é o problema que ten o ancián co seu fillo e coa súa muller?
A súa muller é unha muller rica de cidade e o seu fillo gástase todo en carreiras de cabalos deixando ao seu pai endebedado.
Recoñeces o nome de Fidípides nalgún elemento que faga alusión a sua afición favorita?
Fides Hipides (amigo dos cabalos).
Que salvación espera encontrar Estrepsíades no Pensadeiro?
Quere que o seu fillo aprenda o discurso indecente para non ter que pagar as súas débedas.
Por que se nega seu fillo a entrar nel?
Porque di que son uns sinvergonzas e miserables.

Respostas de CARLA DOPAZO


Cales son as razóns que Fidípides esgrime para xustificar a violencia cara seu pai?
Con que outro tipo de sociedade compara á humana para explicar o seu comportamento?

É o fillo de Estrepsiades. Encántanlle os cabalos e ese é o motivo principal da desdicha e das débedas do pai. Ao principio do libro parece máis ben ignorante e ao final convértese nun home audaz e ata certo punto malévolo.
Ao principio da obra aparece un Estrepsiades asustado e angustiado pola cantidade de débedas que ten. Decide enganar a todos os acredores nos xuízos pero o tiro sáelle pola culata, poderíase dicir. O seu fillo termina rebelándose contra el no canto de utilizar o aprendido contra os acredores. Ao final da obra aparece un Estrepsiades desenganado e enfurecido.
O vello Estrepsiades, angustiado polas débedas da equina afección do seu fillo, lle
pide a este, de nome Estrepsiades que vaia á escola de Sócrates para aprender un argumento mellor (un sofisma, ao fin e ao cabo), porque sostendo o padre este argumento ante o tribunal, libraríase de pagar as débedas .
O raparigo négase e é o pai, Estrepsiades o que decide ir aprender a
a rocambolesca escola socrática, na que Sócrates preséntallenos como un
sabio pouco cordo suspendido no teito grazas a unha cesta, desde a que ob-
serva os fenómenos celestes, e invoca aos únicos deuses nos que o cre :
Aire, Eter e Nubes. Ante a invocación chegan as nubes en formade coro e tras
unhas explicacións de Sócrates acerca dos fenómenos naturais, o coro de nubes fala co público de temas variados.
Logo disto , o vello, xa instruído, fai rir ao público demostrando o que
aprendeu. Ao ser expulsado do caviladeiro (É este o nome que o poeta
lle dá á escola de Sócrates) pola súa inutilidade para o estudo, Estrepsiades obri-
ga ao seu fillo Fidípides a que se instrúa nun dos dós argumentos:o xusto , ou
o inxusto. O fillo decántase polo argumento inxusto, e unha vez apreso regre-
sa a casa co seu pai, que o día do xuízo actúa de xeito insolente cos acredores, pero o seu fillo trunfa co peor dos argumentos, e é por iso que o
pai decide ofrecer un banquete ao seu fillo por salvarlle o pescozo. Con todo, en
unha discusión acerca do que se ha de facer no banquete, o fillo pega ao seu pai que se pon a gritar, pero Fidípides convence ao pai de que és lícito que un
fillo péguelle ao seu proxenitor, grazas ao argumento inxusto. O pai contrariado
cos ensinos do filósofo prende lume ao caviladeiro con Sócrates e os seus
discípulos dentro.

Carla González




-Que poderías dicir acerca da actitude relixiosa de Sócrates e Estrepsíades? Cres que o auténtico Sócrates recoñeceríase con esas crenzas? En que consiste a parábase dunha comedia e por que nela o coro entoa unha oración aos deuses: “ A Zeus, que reina nas alturas…”?
Sócrates era sofista, o seu principio filosófico básico descansaba na defensa e na existencia de valores universais. A Sócrates o que lle interesaba era fundamentalmente a formación de ben, cos que a súa actividade filosófica quedaría reducida á dun moralista práctico: o interese polas cuestións lóxicas ou metafísicas sería algo completamente alleo a Sócrates. Pouco riguroso considerabase no relato que fai Aristófanes de Sócrates na comedia “as nubes”, onde aparece como un sofista burlón e que non merece maior consolidación.
Estrepsíades era o heroe da comedia e o portavoz do rumor popular. Era o pai de Fidípides que quería acabar coas débedas que o seu fillo lle ocasionara cos cabalos. El foi á escola de Sócrates onde lle dixeron que Zeus non existía e que as nubes eran unhas deusas moi importantes.
Sócrates na súa vida real era un filósofo grego. Non tiña os mesmos pensamentos que na obra das Nubes xa que se trataba dunha persoa que se centraba na sociedade, abandonando o predominio do interese polo estudo da natureza. Probablemente Sócrates estudara os sistemas de Empédocles.
A parábase é o momento na obra no que todos os actores saen o escenario e se quedan soamente os membros do coro para dirixirse directamente ao público. Os membros do coro abandonan parcialmente o seu papel dramático para falar co público sobre un tema completamente irrelevante ao tema da obra.

José Enrique Henríquez Reynoso


Cando Estrepsíades consiegue que o seu fillo entre no Pensadeiro, prodúcese unha loita entre o discurso decente e o indecente. Cal é o obxectivo da pelexa?
Que aprenda ambos discursos ou alomenios o indecente.
Cales son os principios básicos educativos que defende cada un dos discursos?
O discurso decente defende os principios antigos:obedecer, ir a clase,etc
O discurso indecente defende os principios modernos:levarse polos demais non ir a clase,etc...

Cales serían as consecuencias nun mundo rexido polo discurso indecente?
Sería boa durante un escaso tempo pero terminaría en Caos

Fran Argibay Juncal.


Sobre a intervención de Aristófanes no Banquete de Platón:
Banquete de Platón

O cuarto en expor a súa tese sobre o amor é Aristófanes, é apropiado prevalecer que produce unha fantástica pretensión antropolóxica. Establéceo mediante un mito, a idea do amor entre dous contrarios, onde di que esta unión de corpos opostos é inferior á unión de corpos semellantes, é dicir, muller con muller e home con home. Onde está por encima este último de todos os amores que se poidan establecer, xa que é o máis nobre. Como dixen anteriormente é interesante resaltar a utilización de mitos nesta época. Onde sitúa nun mesmo nivel o amor dunha persoa afecta á súa mesmo sexo e doutra contraria ao seu sexo, o cal, desde a perspectiva de progreso moral é un descoido. e tamén resalta que para alcanzar ao amor verdadeiro hai que obrar a favor dos deuses o cal lévanos a unha escenario, para a miña reflexión plenamente arcaico, co fin de localizar o amor verdadeiro.Podemos resumir o amor nos seguintes trazos:
*É eterno; nin nace, nin morre; non aumenta nin diminúe.
* O amor é universal, e todo esta relacionado con el.
* Omnipresente, tanto no terreal como no divino.
* A beleza é unha esencia por si mesma (non hai amor belo e amor feo)

Alba Moreira






Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 14-04-2008 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal