VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NO DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

Aos alumnos/as de Cultura Clásica tocounos expoñer o tema AS ORIXES GREGAS DO TEATRO para os nosos compañeiros de 1º da ESO. Toda unha experiencia. podedes ver a crónica no blog da Biblioteca de Secundaria.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2014-15 - Publicado o 27-03-2015 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
A EVOLUCIÓN DO RITO DE DIONISIOS ATA SER TEATRO
DO RITUAL AO TEATRO:Imos ver dúas descricións da orixe e evolución do Teatro:





Cuestións: SOBRE UN DOS PRIMEIROS AUTORES GREGOS:
1-Resume a trama da obra de Esquilo titulada Agamenón.

O ESPAZO CREADO PARA AS DIONISÍACAS:O deus Dionisios, deus do viño e do teatro.







Cuestión:
2- Repara nas distintas partes do teatro grego:

Imos coñecer aos mestres da verdade, os autores da traxedia máis destacados da Atenas do século V a. C.:



Agora saberemos como nacen e evolúen: o Drama satírico e a Comedia Antiga e a Comedia Nova:



Cuestións:
Que é un drama satírico e en que se diferenza dunha Comedia?
Quen era Aristófanes? Cales sons as características da Comedia antiga? Ler "un día no teatro".

Cales son as características da Comedia Nova de autores como Menandro?

A herdanza do teatro grego pasou finalmente a Roma:





Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 24-03-2015 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
DOS TEMPOS DA ESCURIDADE Á GRECIA CLÁSICA

Imos ir avanzando na nosa viaxe pola Cultura da Antiga Hélade cara a Grecia Clásica. en primeiro lugar temos que saber que supuxo a entrada dos Dorios (o último pobo indoeuropeo que entra no territorio grego) para aquela sociedade micénica ou aquea, que pelexara en Troia.

A época Escura coa perda da escrita dos silabarios permitirá para empezar a entrada do alfabeto, o que á vez vai permitir desenvolver a literatura o xénero épico que xa estudamos e novos xéneros como o Teatro que agora estudaremos.
Temos que ter en conta que as migracións das distintas tribos configurarán de xeito definitivo o mapa da Grecia Arcaica das cidades estado (as polis) darán paso a unha actividade comercial e colonizadora polo mediterráneo que situará a Grecia dun xeito ben distinto no conxunto do Mediterráneo, unha Grecia que está dividida en numerosos estados, pero que mantén unha forte cohesión interna como demostran o fenómeno das Olimpíadas e a súa relixión ou o propio idioma común para todos eles.
A diversidade política xera a evolución das formas de goberno dende unha sociedade baseada na linaxe onde a aristocracia deriva en Tiranías ata unha sociedade aparentemente máis igualitaria como pode ser a da Democracia Ateniense que mantén no seu seo un atroz escravismo e unha tremenda segregación das mulleres e dos estranxeiros do mundo da política.
Imos adentrarnos na historia da Grecia Histórica. O camiño que imos percorrer é o da Grecia Arcaica, esa que comeza á vez que os Xogos Olímpicos, esa que comeza coa expansión colonial, esa que en Atenas, especialmente, provocará unha evolución política que xa na denominada época Clásica ve nacer a Democracia escravista, motor do seu imperio e á cidade-estado na que se vai ver florecer o teatro como unha das manifestacións culturais máis duradeiras desta civilización.







Destes dous vídeos imos tirar algunha conclusión:
1- Con que acontecemento podemos fixar o comezo da Grecia Arcaica no 776 a. C.?
2- Cales son as características das polis gregas?
3- Quen eran os Dorios? con que cidade da Grecia Arcaica podemos relacionalos?
4- Con que cidade podemos asociar aos Xonios?
5- Que diferenza había entre as cidades máis importantes deste período?
6- Que as fai semellantes? Son iguais a democracia ateniense que a actual? Por que?
7- A filosofía, a literatura, a arte gregas deste periódo clásico en que tema se centra?
8- Quen loitaba nas Guerras Médicas? Quen gañou?
9- Quen eran rivais na Guerra do Peloponeso? Como remata e que consecuencias ten para a civilización grega?
10- Como definirías o período helenístico?
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2014-15 - Publicado o 23-03-2015 06:51
# Ligazón permanente a este artigo
DOS REGRESOS DE TROIA
Tras da caída de Troia na épica grega, en Homero e noutros relatos mitolóxicos teñen gran presenza os regresos da guerra entre gregos e troianos. O regreso de Agamenón e de cada un dos heroes que remataron vivos a contenda, mesmo de Helena e de Menelao. Unha gran parte dos relatos mitolóxicos axiña van ser obsecto de diversas versións que logo servirán para darlle pulo aun novo xénero que vai nacer na Grecia Arcaica, pero que se desenvolverá plenamente na Clásica. Falamos do Teatro.

Mais antes de ir na procura das orixes deste xénero e das creacións máis espectaculares dos autores gregos debemos rematar esta parte do curso dedicada á Épica traballando con dúas obras universalmente coñecidas e de gran repercusión na literatura posterior. Referímonos á Odisea de Homero que fala do dilatado regreso de Ulises a Ítaca e, por outra banda, a Eneida do autor latino Virxilio que relata a fuxida do heroe troiano Eneas na procura dunha nova terra onde asentarse. Esta última obra vainos levar ás orixes de Roma, outra das cidades clásicas por excelencia.


CUESTIÓNS

1- Vaiamos logo informándonos da razón pola que Odiseo non chegará ao seu reino canda os outros caudillos gregos. Quen ocasiona o seu retraso? Por que motivo?

2- Quen é Eneas? Con quen foxe de Troia? a quen deixa atrás antes de escapar? Cara onde foxe en busca dunha nova terra? ver vídeo

A ENEIDA DE VIRXILIO

Eneas era, según a mitoloxía latina, un príncipe Troiano, fillo de Anquises e a deusa Venus. O seu pai pertencía á familia real de Troia, e un día mentres coidaba aos seus rebaños, no Monte Ida, Afrodita veuno e namorouse del pola súa beleza. Únense e teñen un fillo, Eneas. Pero no momento en que Anquises lle di ao seu fillo o nome da súa nai, este é alcanzado por un raio e queda cego.

Cando Paris rapta a Helena e se desencadea a guerra de Troia, Eneas loita nela. Tras anos dunha guerra interminable os gregos conseguen tomar a cidade de Troia mediante a famosa idea do cabalo de madeira, idea de Odiseo, deixando na porta simplemente un cabalo de madeira no que todolos gregos se escondían, finxindo que abandoaran a guerra e que o cabalo era un regalo, símbolo de rendición. Cando os troianos se emborrachan e se durmen trala celebración do seu suposto triunfo, os gregos saen do cabalo e matan a todolos troianos, destrúen e incendian a cidade.

Eneas é avisado pola súa nai Venus. Esta dille que debe escapar, que non debe quedarse en Troia, pois outro futuro está reservado para el. Nese momento co foxe co seu pai Anquises, o seu fillo Ascanio (tamén coñecido como Iulo) e a súa muller Creúsa. Pero debido ao caos esta úlñtima pérdese e non consegue escapar con Eneas.

Fuxiu cun grupo de troianos en vinte naves polo Mediterráneo, e tras moitas escalas e un amor desgraciado coa raíña Dido de Cartago, chegaría finalmente ao Lacio, onde casaría con Lavinia.

Un dos poetas máis destacados que narrou a aventura de Eneas, A ENEIDA trala guerra de Troia foi Virxilio, poeta oficial do emperador Augusto.

"Nesta escultura de Bernini vemos como tras ser avisado pola súa nai, a deusa Venus, Eneas carga co seu pai para escapar da Troia que arde e co seu fillo, chamado Ascanio ou Iulo, tras eles. Xa non aparece Creúsa que, muller de Eneas que se perde no caos da fuxida. Vese como Anquises leva na man os penantes na man, é decir, as figuras dos deuses protectores da casa."


ALGUNHAS CUESTIÓNS SOBRE A ENEIDA

Grazas a que deusa sae de Troia Eneas? Quen era Anquises?

Con quen marcha? Que lle pasa a Creusa?

A que costas chegan logo de 7 anos? Como se chama a raíña que alí goberna?

Que relata Eneas á raíña?

Que lles pasa a Eneas e raíña logo?

Cara onde se encamiña logo Eneas?

Tras a visita aos Infernos que vai pasarlle a Eneas?

Con quen se vai desposar Eneas? Por que vai pelexar con Turno?

A DESCENDENCIA DE ENEAS e a FUNDACIÓN DE ROMA

O seu fillo era Iulo, Ascanio, desta linaxe van nacer os fundadores de Roma. Investiguemos como ocorreu.
Podes facelo a través dunha árbore xenealóxica da descendencia de Eneas no seu reino de Alba longa.

3- Enumera as aventuras de Odiseo antes de residir na illa de Calipso e que son narradas poe el mesmo estando no país dos Feacios. Consulta os cantos VIII ao XII da Odisea.

4- Unha aventura moi coñecida de Ulises é a das sereas. Procura saber como sucedeu.

5- A primeira parte da Odisea transcorre en Ítaca, quen a protagoniza? Procura redactar o teu propio resumo destes primeiros cantos.

Un enlace cunha versión de película da "Odisea"

Finalmente un poema do século XX do poeta grego Kavafis titulado Ítaca:

Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2014-15 - Publicado o 23-03-2015 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
A VERDADE SOBRE TROIA E MICENAS

Varias entradas anteriores deste blog nos remiten a como se produciron as excavacións en Troia.

Sobre a mitoloxía e a arqueoloxía da guerra de Troia podedes ver: verdade histórica e mitoloxía
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2014-15 - Publicado o 03-03-2015 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal