VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mitos de Primavera
Como contaban os gregos aos seus fillos o cambio das estacións, iso do paso do frío e infertil inverno a doce e fecunda primavera?

Procuremos a información sobre estes tres mitos:

O Rapto de Perséfone.
Bótalle unha ollada ao vídeo e responde:

1- Adivina a cal destas tres esculturas de Bernini corresponde ao mito do rapto de Perséfone.
2- Que historia de amor imposible recolle a segunda das esculturas? Relata o mito.
3- A terceira das esculturas corresponde á Mitoloxía Clásica? Por que?
Para axudarte na solución das preguntas podes ver as seguintes montaxes:



Apolo e Dafne:un amor imposible.



Orfeo e Eurídice.



1- Quen era Orfeo? A quen se ofrecen as danzas iniciais da tribo que trouxo a chuva na primavera, que deusa se presenta grazas a súa música? logo hai outra danza na honra doutra deusa no tempo das colleitas a que deusa se dedican?
2- Quen era Eurídice? Quen era o personaxe que a persegue polo bosque?
3- Por que morre Eurídice? Que fai entón Orfeo?
4- Que lle sucede no Mundo dos Mortos? Quen o transporta ata a corte de Hades?
5- Puido liberar a Eurídice do mundo das sombras?
6- Resume como remata a súa vida Orfeo.

7-Podes ver outra versión do mito:
- Que diferenzas atopas entre as dúas versións?
8- Que eran na Antiga Grecia os misterios órficos?

9- A que illa contan que chegaron os restos de Orfeo? Por que será famosa esa illa?

Adonis e Afrodita.

1- Quen son e que lles ocorre a Cinias e a Mirra. En que acaba converténdose Mirra?
2- De quen é fillo Adonis? Quen o coida de neno?
3- Como xorde o amor entre Adonis e Afrodita?
4- Que pinta Marte ou Ares nesta historia de amor?
5- Cal é o desenlace deste mito. Relata en detalle da relación de Venus e Adonis, mesmo a súa relación coa Primavera e con certas flores.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 31-03-2014 07:16
# Ligazón permanente a este artigo
Alumnos de Clásicas falan do teatro grego na Biblioteca

Unha actividade enriquecedora e diferente, outro xeito de aprender outra mirada sobre o teatro e o feito de ensinar o que se estuda a outros compañeiros/as.

Podes ver a reportaxe no enlace da Biblioteca de Secundaria.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 28-03-2014 07:08
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTAS CO TEATRO: Os mestres da verdade autores da traxedia


Cuestións:
1-Resume a trama da obra de Esquilo titulada Agamenón.








Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 25-03-2014 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
POIEO, significa CREAR
O venres 21, día oficial da entrada da Primavera, é o Día da Poesía.

Poieo é un verbo grego que significa: facer, crear, a palabra da que nace a poesía.

Preparados para entrar no mundo da lírica?





Podemos escoitar esta obra baseada en textos medievais en latín e estrutura musical moderna de Carl Orff a parte final dende o minuto 57...









Cuestións:
1- Como vive a mitoloxía a través dos tempos?
2- Analiemos os seguintes textos, tentando unha tradución:

15. Amor volat undique

Amor volat undique;
captus est libidine.
Iuvenes, iuvencule
coniunguntur merito.

Siqua sine socio,
caret omni gaudio,
tenet noctis infima
sub intimo
cordis in custodia:
fit res amarissima.

22- Tempus est iocundum
o virgines,
modo congaudete
vos iuvenes.
Oh, oh, oh
totus floreo,
iam amore, virginali
totus ardeo,
novus, novus amor
est, quo pereo.

24-Ave formosissima,
gemma pretiosa,
ave decus virginum,
virgo gloriosa,
ave mundi luminar,
ave mundi rosa,
Blanziflor et Helena,
Venus generosa!
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 19-03-2014 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Os descendentes de Eneas: Rómulo e Remo
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 17-03-2014 07:23
# Ligazón permanente a este artigo
ENEAS E A ENEIDA: De Cartago a Italia (II)
)

Resume o argumento da Eneida.

Grazas a que deusa sae de Troia Eneas? Quen era Anquises?

Con quen marcha? Que lle pasa a Creusa?

A que costas chegan logo de 7 anos? Como se chama a raíña que alí goberna?

Que relata Eneas á raíña?

Que lles pasa a Eneas e raíña logo?

Cara onde se encamiña logo Eneas?

Tras a visita aos Infernos que vai pasarlle a Eneas?

Con quen se vai desposar Eneas? Por que vai pelexar con Turno?

A DESCENDENCIA DE ENEAS e a FUNDACIÖN DE ROMA

O seu fillo era Iulo, Ascanio, desta linaxe van nacer os fundadores de Roma. Investiguemos como ocorreu.
Podes facelo a través dunha árbore xenealóxica da descendencia de Eneas no seu reino de Alba longa.
Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 13-03-2014 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
ENEAS E A ENEIDA: Fuxida de Troia (I)
Eneas era, según a mitoloxía latina, un príncipe Troiano, fillo de Anquises e a deusa Venus. O seu pai pertencía á familia real de Troia, e un día mentres coidaba aos seus rebaños, no Monte Ida, Afrodita veuno e namorouse del pola súa beleza. Únense e teñen un fillo, Eneas. Pero no momento en que Anquises lle di ao seu fillo o nome da súa nai, este é alcanzado por un raio e queda cego.

Cando Paris rapta a Helena e se desencadea a guerra de Troia, Eneas loita nela. Tras anos dunha guerra interminable os gregos conseguen tomar a cidade de Troia mediante a famosa idea do cabalo de madeira, idea de Odiseo, deixando na porta simplemente un cabalo de madeira no que todolos gregos se escondían, finxindo que abandoaran a guerra e que o cabalo era un regalo, símbolo de rendición. Cando os troianos se emborrachan e se durmen trala celebración do seu suposto triunfo, os gregos saen do cabalo e matan a todolos troianos, destrúen e incendian a cidade.

Eneas é avisado pola súa nai Venus. Esta dille que debe escapar, que non debe quedarse en Troia, pois outro futuro está reservado para el. Nese momento co foxe co seu pai Anquises, o seu fillo Ascanio (tamén coñecido como Iulo) e a súa muller Creúsa. Pero debido ao caos esta úlñtima pérdese e non consegue escapar con Eneas.

Fuxiu cun grupo de troianos en vinte naves polo Mediterráneo, e tras moitas escalas chegaría finalmente ao Lazio.

Un dos poetas máis destacados que narrou a aventura de Eneas, A ENEIDA trala guerra de Troia foi Virxilio, poeta oficial do emperador Augusto.

"Nesta escultura de Bernini vemos como tras ser avisado pola súa nai, a deusa Venus, Eneas carga co seu pai para escapar da Troia que arde e co seu fillo, chamado Ascanio ou Iulo, tras eles. Xa non aparece Creúsa que, muller de Eneas que se perde no caos da fuxida. Vese como Anquises leva na man os penantes na man, é decir, as figuras dos deuses protectores da casa."

Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 10-03-2014 06:33
# Ligazón permanente a este artigo
DA GRECIA ARCAICA Á CLÁSICA: Atenas e Esparta
Imos ir avanzando na nosa viaxe pola Cultura da Antiga Hélade cara a Grecia Clásica. en primeiro lugar temos que saber que supuxo a entrada dos Dorios (o último pobo indoeuropeo que entra no territorio grego) para aquela sociedade micénica ou aquea, que pelexara en Troia.

A época Escura coa perda da escrita dos silabarios permitirá para empezar a entrada do alfabeto, o que á vez vai permitir desenvolver a literatura o xénero épico que xa estudamos e novos xéneros como o Teatro que agora estudaremos.
Temos que ter en conta que as migracións das distintas tribos configurarán de xeito definitivo o mapa da Grecia Arcaica das cidades estado ( as polis) darán paso a unha actividade comercial e colonizadora polo mediterráneo que situará a Grecia dun xeito ben distinto no conxunto do Mediterráneo, unha grecia que está dividida en numerosos estados pero que mantén unha forte cohesión interna como demostran o fenómeno das Olimpíadas e a súa relixión ou o propio idioma común para todos eles.
A diversidade política xera a evolución das formas de goberno dende unha sociedade baseada na linaxe onde a aristocracia deriva en Tiranías ata unha sociedade aparentemente máis igualitaria como podeser a da Democracia Ateniense que mantén no seu seo un atroz escravismo e unha tremenda segregación das mulleres e dos estranxeiros do mundo da política.
Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 10-03-2014 06:27
# Ligazón permanente a este artigo
CARA A ATENAS CLÁSICA DA DEMOCRACIA E O TEATRO
Imos adentrarnos na historia da Grecia Histórica. O camiño que imos percorrer é o da Grecia Arcaica, esa que comeza á vez que os Xogos Olímpicos, esa que comeza coa expansión colonial, esa que en Atenas, especialmente, provocará unha evolución política que xa na denominada época Clásica ve nacer a Democracia escravista, motor do seu imperio e á cidade-estado na que se vai ver florecer o teatro como unha das manifestacións culturais máis duradeiras desta civilización.







Deste dous vídeos imos tirar algunha conclusión:
1- Con que acontecemento podemos fixar o comezo da Grecia Arcaica no 776 a. C.?
2- Cales son as características das polis gregas?
3- Quen eran os Dorios? con que cidade da Grecia Arcaica podemos relacionalos?
4- Con que cidade podemos asociar aos Xonios?
5- Que diferenza había entre as cidades máis importantes deste período?
6- Que as fai semellantes? Son iguais a democracia ateniense que a actual? Por que?
7- A filosofía, a literatura, a arte gregas deste periódo clásico en que tema se centra?
8- Quen loitaba nas Guerras Médicas ? Quen gañou?
9- Quen eran rivais na Guerra do Peloponeso? Como remata e que consecuencias ten para a civilización grega?
10- Como definirías o período helenístico?








Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2013-14 - Publicado o 06-03-2014 08:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal