VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DA HISTORIA DE ROMA
Esta historia como vén sabedes comeza en Troia e coa viaxe de Eneas
Esquema que imos seguir para desenvolver a Historia de Roma:

Como podedes comprobar no apartado de IDUS E KALENDAS situamos a morte de Xulio César nos idus de marzo como introducción inicia ao achegamento á historia de Roma. Pregunta básica: Por que mataron a César? provoca unha reflexión sobre a historia romana centrándonos no momento álxido da crise da República no ano 44 a.C. Esta historia que agora ides reelaborar, tentará por unha banda lembrar a división tradicional da historia de Roma estudada en cursos anteriores aquilo de: MONARQUÍA, REPÚBLICA e IMPERIO, para acto seguido poñer en cuestión esta visión divindindo este período da Historia da Antiga non por sistemas de goberno, senon polo verdadeiro motor da historia, a socio-economía, é dicir, Roma pasou da sociedade da GENS (onde a linaxe era fundamental para a estrutura social de Roma)á sociedade dos SERVI (isto é ESCRAVISTA) pois vai ser o "servus", o escravo, o motor desta etapa (un de cada tres habitantes de Roma será un escravo). Curiosamente no vídeo que colgamos a continuación os escravos son ignorados e nn parecen ser importantes, iso logo teremos que descubrilo despois de seguir o seguinte guión e de utilizar o documento como unha introdución á real historia de Roma.

O noso camiño seguirá os seguintes pasos:

- A fundación de Roma: Rómulo e Remo.
- A monarquía romana: Reis latino-sabinos e reis etruscos.Entre a lenda e a historia (753 a.C. a 509 a.C.)
- Ampliación:Os etruscos e Roma.
-SPQR: A república romana versus monarquía (o Senado, os maxistrados e o Populus ou asembleas para votar).
- Un proceso de democratización interno (loita pola igualdade de dereitos patricio-plebea 495 a.C.-287 a.C.)
- As guerras de defensa en Italia e as guerras Púnicas, de conquista no Mediterráneo Occidental (do 509 a.C ata o 146 a.C.) e finalmente expansión cara o Mediterráneo Oriental.
- A Crise da República:Trazos e protagonistas da mesma (133 a.C.- 31 a.C.) .Lembraremos nomes como os Escipións, Tiberio e Caio Graco, Mario e Sila, Cicerón e Catilina,Espartaco, Craso, Pompeio e, como non, a César, mesmo Marco Antonio, Cleopatra, Lépido e o que logo vai ser o emperador Octavio Augusto.
- Xulio César momentos e ditos da súa vida.
- A expansión do Imperio.
- Os doce primeiros Césares.
- A crise e a caída do Imperio no ano 476 d.C.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 23-03-2011 07:11
# Ligazón permanente a este artigo
Tamén este ano mataron a César nos Idus de Marzo

Marzo é o mes de Marte, un deus etrusco que pouco a pouco foi asociado polo deus da agricultura polo da guerra que os gregos chamaban Ares.

Iniciemos pois unha pequena reflexión sobre o cómputo do tempo tempo moi presente que o calendario tal e como o coñecemos hoxe, débelle moito aos romanos.

Nos enlaces de máis abaixo podes recoller a información presisa para ir dando unha resposta ás seguintes cuestións:

Por que escollerían os romanos e outros pobos o mes de marzo para comezar o ano?

Por que este mes se lle dedica ao deus Marte?

Como é que o mes de xaneiro pasou a ser logo o primeiro mes do ano? Cando ocorreu tal cambio?

Cal é o significado do nome de febreiro? Que festas realizaban os romanos neste mes? Con que outras festas da nosa terra poden ter relación as "lupercalias"?

Tamén este ano imos falar dos idus de marzo. Que significa esta expresión? Consulta neste blog a categoría da marxe esquerda titulada IDUS ET KALENDAS como contaban os meses os romanos e explícao coas túas palabras.

Serías capaz de poñer a data do teu nacemento como o farían os romanos?






Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 15-03-2011 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cistelaria de Plauto no Festival Grecolatino de Lugo
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 15-03-2011 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Edipo Rei en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 15-03-2011 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Namentres en Atenas florecía o teatro...

No recuncho máis occidental de Europa unha civilización autóctona recibía a impronta de varias vagas de pobos indoeuropeos que conforman a Cultura Castrexa, a primeira cultura coñecida de Galiza a pesar de estar a falar da prehistoria. Esta descuberta debémoslla agradecer á arqueoloxía pois na documentación escrita non vai a entrar na historia ata que os romanos poñan o seu interese neste territorio que chamarán Gallaecia.

Coa nosa viaxe a Lugo veremos teatro Grecolatino e iremos tomando contacto "in situ" co proceso de Romanización. Son so dous obxectivos centrais desta saída didáctica.

I-AS FONTES: A través dos achádegos arqueolóxicos e as referencias escritas da época, ou á época, podemos facernos unha composición de lugar do que supuxeron para Galicia dous momentos da súa historia. Por unha banda, a que se pode considerar a primeira cultura de importancia que se xera na nosa terra, a cultura Castrexa, e a inmediatamente posterior e que foi todo un proceso de superposición sobre o mundo castrexo, lento, pero inexorable, referímonos ao mundo Galaico-romano.

II-A CULTURA CASTREXA: ANTES DA CONQUISTA DE ROMA. Xorde na idade dos metais a finais da idade de Bronce arredor do século VII-VI a. de C. desenvolvéndose con elementos indíxenas, centro-europeos e mediterráneos producindo unha cultura específica no noroeste peninsular. Ata o século II a. C. podemos dicir que permanece afastada da influencia romana que se fará máis notable a medida que os romanos avanzan no proceso de conquista da Península ata finalmente dominar e conquistar mesmo o territorio castrexo tras distintas operacións bélicas que rematarán no I d. C. Precisamente do mundo Galaico-romano é do que coñecemos máis testemuñas, dado que a meirande parte dos castros escavados tiveron o seu momento máis álxido precisamente a partir do século II-III d. C., polo que podemos asegurar que aínda queda moito por estudar e concretar en canto a vida castrexa de antes da chegada dos romanos.





III- A CONQUISTA DA GALLAECIA: CREACIÓN DO HÁBITAT GALAICO-ROMANO. Os romanos desexosos de dominar aos pobos cántabros, galaicos e ástures decidiron a conquista, interesados en controlar especialmente o ouro e outros metais nos que este territorio era rico. As primeiras incidencias no contexto castrexo íanse notar claramente mesmo no xeito de construír e de vivir dos habitantes dos castros: as construcións cuadrangulares, as tégulas en lugar das cubertas vexetais, determinados obxectos de uso común como os muíños de man, o torno e a cerámica de importación ou sigilata, etc...Un lugar inmellorable para asimilar e entender in situ este proceso é sen lugar a dúbidas o Castro de Viladonga e o seu Museo, unha das visitas que imos realizar centrará o noso interese logo nestes aspectos de primeiras incidencias e maduración do proceso de Romanización que se estaría a dar na Gallaecia cando o castro estaba plenamente habitado.

IV-ROMANIZACIÓN: Lucus Augusti é a capitalidade dun dos tres “conventus” nos que os romanos dividiron administrativamente o territorio da Provincia Gallaecia. Era unha cidade do imperio romano, e como toda cidade haberá algúns elementos que non falten, pero sen dúbida tamén temos que dicir que ou non conservamos ou careceu dalgunhas das construcións típicas das cidades romanizadas. O máis rechamante son as súas Murallas as únicas conservadas en toda Europa nas que os carros podían ir en ámbalas direccións, e que foron consolidadas a finais do século III d. C. por medo á inestable situación do Imperio que vivía unha forte crise. Nos arredores de Lugo, e mesmo na cidade atopáronse restos que nos poden indicar claramente por onde e como camiñaba o proceso de Romanización. Faremos un alto especial no apartado da epigrafía e inscricións especialmente abondosas no Museo Provincial de Lugo, utilizaremos certas nocións de epigrafía latina que demos na clase para poder distinguir entre aras e estelas, e outras inscricións honoríficas, as distintas claves e siglas máis frecuentes, etc...



PARA AFONDAR: Material complementario estudar o fenómeno da Latinización (á volta da saída).

V-A LATINIZACIÓN: O cristianismo e Priscilianismo. No proceso de expansión da lingua latina máis alá das cidades e campamentos romanos temos que saber que foi o cristianismo e concretamente Prisciliano unha das claves para que o latín se introducira dun xeito irreversible nas aldeas e lugares máis apartados das vías de Romanización. Precisamente o misterioso lugar de Sta. Eulalia de Bóveda pode ser unha das máis significativas e peculiar construción relacionadas co culto relixioso dos priscilianistas, mesmo se ten dito que podería ser o lugar onde Prisciliano foi soterrado despois da súa decapitación no 385 xunto con outros discípulos seus en Tréveris acusado de herexía, e que condenou tamén todos os seus escritos e documentación, contribuíndo a facer deste movemento, que forma parte do primeiro espertar cultural de Galicia, algo máis enigmático e misterioso. En todo caso sabemos que foi capela cristianizada e que conten unha serie de pinturas únicas no noroeste peninsular.

Precisamente en Lugo está a Catedral que é un dos lugares onde se realiza un culto moi singular e moi antigo, cousa que tamén analizaremos ademais da súa relación co Camiño a Compostela, ao ser lugar de paso obrigado do Camiño Francés.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 11-03-2011 07:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal