VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Outras mulleres da traxedia grega
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:41
# Ligazón permanente a este artigo
Recreacións posteriores de Antígona
memoria de antígona
autores quico cadaval e Xavier lama escrito en 1998
director guillerme heras.

Antigona salvador espriu en 1955.

Autor:
Carlos García Ruiz

Antigona DF.
28 noviembre 2007



OS dous hermanos de Antígona morren nun atentado. Creonte, novo gobernador de Tebas, decide nombrar héroe a un de eles mentras el outro es presentado ante os medios como un traidor. Antígona quere pra ambos o mesmo trato una vez mortos. Esta loita a levará hasta unha posición moi difícil fronte a Creonte, e tamen fronte ao poblo de Tebas.
Antígona: ¿Heroína? ¿Rebelde? ¿Mártir? De unha manera ou outra encontramos nesta obra a unha muller que se enfrenta ao poder. Se plantea por primeira vez sobre o escenario a loita da muller fronte ao estado pra conseguir seu obxetivo vital. De igual forma, con Antígona, Sófocles describe cómo o poder cega a Creonte e desafía as leis tradicionais, encarnadas en Antígona, para impoñer as suas.



Luís Javier Ruiz Sierra. 'O corazón de Antígona'
Benjamín Hernández: antígona
José watanabe: versión libre antigona.
Bertold Brech: antígona.
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:40
# Ligazón permanente a este artigo
Os adiviños na Hélade
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:40
# Ligazón permanente a este artigo
Os ritos funerarios na Grecia Antiga

A morte en Grecia, como en todas as sociedades antigas, tiña especial importancia no grupo familiar. Para os atenienses era fundamental ser enterrados na súa terra natal; por iso se intentaba sempre recuperar os cadáveres dos soldados mortos en campañas lonxanas.

Os ritos funerarios debían ser executados polas persoas adecuadas: os parientes, especialmente os fillos, que estaban obrigados a asumir os gastos funerarios. As mulleres da familia, moi achegadas ao defunto ou, no seu caso, de máis de sesenta anos, debían preparar o corpo: bañalo, unxirlo con aceite, envolvelo nun sudario que deixara o rostro ao descuberto e adornalo con coroas, cintas e xoias. A lei prohibía enterrar a un home con máis de 3 prendas, pero se solía poñer na boca do defunto unha moeda, coa que éste pagaría ao barqueiro Caronte a travesía do río do inferno. Ao día seguinte o cadáver se expoñía na casa do falecido ou dun parente próximo, cos pes dirixidos hacia a porta, onde se velaba durante un ou dous días. Podía acudir calquer home, pero estaba restrinxida a presenza das mulleres ás de parentesco máis próximo. A prothesis servía para confirmar a morte e daba lugar ao lamento funerario, protagonizado polas mulleres, que, vestidas de negro e co cabelo recollido, golpeábanse o peito e cantaban o lamento ritual. Diante da casa se colocaba un vaso de auga lustral traída dunha vivenda veciña porque a da casa propia se consideraba contaminada. Con esa auga se rociaban aos que saían do velatorio para purificarse e o propio vaso situado na porta avisaba do falecemento.
Ao terceiro día, se celebraba a procesión hacia a sepultura, que a lei obrigaba a celebrar sen grandes ostentacións, polas rúas secundarias. Levábase ao morto sobre o mesmo leito ao que había estado exposto, a hombros dos seus familiares ou nun carro. Ao frente do cortexo vai unha muller portadora dun vaso para livaciones, logo os homes e tras eles as mulleres. O cortexo fúnebre chegaba ata a tumba, sempre fora das murallas da cidade o unas posesións familiares. Alí se inhumaba o corpo ou se queimaba nunha hogueira, recollendo as zinzas nunha vasija, sen apenas ceremonia, porque a lei prohibía os sacrificios na sepultura.
O lugar de enterramento se marcaba cun elemento que sobresalía do suelo: dende un simple montón de terra, unha construcción de pedra ou ladrillo ou, o máis frecuente, unha estela que tendía a adoptar a forma humana ou representar ao morto.
Florencia Corvalan García
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:39
# Ligazón permanente a este artigo
Agón entre Creonte e Antígona
AGÓN ENTRE CREONTE E ANTÍGONA
Agón é unha palabra en grego antigo que significa contenda ou desafío
Na mitoloxía grega, Antígona é filla de Edipo e Yocasta e é irmá de Ismene, Eteocles e Polinices. Acompañou ao seu pai Edipo (rei de Tebas) ao exilio e, á súa morte, regresou á cidade.
No mito, os dous irmáns varóns de Antígona atópanse constantemente loitando polo trono de Tebas, debido a unha maldición que o seu pai lanzara contra eles. Supoñíase que Eteocles e Polinices íanse a turnar o trono periódicamente, pero, nalgún momento, Eteocles decide quedarse no poder logo de cumprido o seu período, co que se desencadea unha guerra, pois, ofendido, Polinices busca axuda nunha cidade veciña, arma un exército e regresa para reclamar o que é seu. A guerra conclúe coa morte dos dous irmáns en batalla, cada un a mans do outro, como dicía a profecía. Creonte, entón, convértese en rei de Tebas e dictamina que, por traizoar á súa patria, Polinices non será enterrado dignamente e deixarase nos arredores da cidade ao arbitrio dos cuervos e os cans. (Este mito é contado na traxedia Os sete contra Tebas de Esquilo.)
Os honores fúnebres eran moi importantes para os gregos, pois o alma dun corpo que non era enterrado estaba condenada a vagar pola terra eternamente. Por tal razón, Antígona decide enterrar ao seu irmán e realizar sobre o seu corpo os correspondentes ritos, rebelándose así contra Creonte, o seu tío e suegro (pois estaba comprometida con Hemón, fillo daquel)/daquel).
A desobediencia carrexa para Antígona a súa propia morte: condenada a ser enterrada viva, evita o suplicio ahorcándose.Por outra banda, Hemón, ao entrar na cripta na que fora posta Antígona, co obxectivo de salvala, e vela morta, intenta matar ao seu pai cravándolle a súa espada, pero falla e atravesa a espada nas súas propias entrañas; mentres tanto, Eurídice, esposa de Creonte e nai de Hemón, se suicida ao saber que o seu fillo morreu. As mortes de Hemón e Eurídice provocan un profundo sufrimento en Creonte, quen finalmente dáse conta do seu erro ao decidir manter a súa soberanía por encima de todos os valores relixiosos e familiares, carrexando a súa propia desdicha.
Adrián Davila Abal
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:38
# Ligazón permanente a este artigo
Personaxes de Antígona
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:38
# Ligazón permanente a este artigo
Estrutura dunha traxedia
Estrutura dunha Traxedia

Na traxedia grega distinguense as seguintes partes:

PRÓLOGO: De forma monologada xeralmente ou dialogada noutros casos, no prólogo contanse os antecedentes da historia que se vai representar e no punto que comeza a relatarse.Segundo Aristóteles é o que antecede a entrada do coro

PÁRODOS:Poden ser ata cinco é o canto inicial do coro. Debe o seu nome á escalinata pola que o coro subía a orquestra da escena. Nesta parte realízase un canto lírico, onde se dan danzas de avance e retroceso.

EPISODIOS: Seu correspondente actual serían os actos, separados uns dos outros por cantos do coro. Entre os episodios áchanse estásimos. Son intervencións do coro.
.
ÉXODO:É o último dos episodios que consiste na saída do coro tras a súa última intervención.O heroe recoñece o seu erro.



IVÁN SANTIAGO CALVIÑO
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:37
# Ligazón permanente a este artigo
Edipo e a súa familia: os Labdácidas
Gustave Moreau (1864)EDIPO E A FAMILIA DOS LAPDÁCIDAS
Edipo é un personaxe mitolóxico, fillo dos reis de Tebas Laio e Iocasta. Ao nacer, un oráculo revela que matará o seu pai, ante o cal decídese que morra. Un pastor é o encargado de executalo, pero só o abandona no monte, no que é atopado por outro pastor, no leste de Corinto, o cal o leva ante os reis de Corinto, que o adoptan dada a súa incapacidade para ter fillos.
Edipo medra, e sendo xa un home, escoita que matará o seu pai e xacerá coa súa nai. Horrorizado, marcha de Corinto sen destino fixo. Nunha encrucillada de camiños atopa un home ancián, que resulta ser Laio, co seu séquito, e logo dunha trifulca, Edipo mátaos a todos, descoñecendo as súas identidades, excepto a un que resulta ser o mesmo pastor que o abandonou.
Cando Edipo chega a Tebas nos arrabaldes atopa á Esfinxe, un monstro que se alimenta dos viaxeiros e ten atemorizada a Tebas, que lle propón unha adiviña, Cal é o único animal que anda con dous pés, con tres pés e con catro pés?, que Edipo resolve dicindo que é o home, pois de meniño anda de gatas, mais tarde só sobre os dous pés, e de vello usa un bastón como terceiro pé.
Os habitantes de Tebas danlle como mostra de gratitude o trono baleiro e a man da raíña viúva, Iocasta. Entón comeza unha epidemia en Tebas, que se revela causada pola presenza dun home impío na cidade. Este ha de ser o asasino do anterior rei, que permanece impune. Trala consulta do adiviñador Tiresias, que logo de intentar calar, acaba deixando ver a verdade, que o asasino é o propio Edipo; Edipo acúsao de ser o cómplice dunha conspiración do seu cuñado Creonte para ocupar o trono.
Posteriormente os acontecementos dan unha volta dramática ao chegar un emisario de Corinto anunciándolle a Edipo a morte do seu pai adoptivo, ante o cal ve que a profecía non era correcta. Comentándoo con Iocasta, esta fala do seu fillo, supostamente morto, e da súa profecía. Ambos os dous van falando e percatándose da verdade, polo cal chaman á única persoa que poderá contala enteira, o pastor.
Tras chegar o pastor á corte e contar a verdade, Iocasta afórcase e Edipo cégase cravándose os broches da súa muller nos ollos. Posteriormente, diríxese ao desterro, acompañado das súas fillas, Antígona e Ismene. Diríxense a Colono, onde morrerá molestado polos seus sete fillos, os cales dispútanse o trono da cidade nunha guerra fraticida, que gañaría quen tivese o seu cadáver. Finalmente todos morren.
O mito de Edipo é tratado por diversas traxedias clásicas, dentro da saga tebana, destacando a traxedia Edipo Rei de Sófocles. Outras traxedias desta saga son Edipo en Colono e Os sete contra Tebas.
Edipo tamén dá nome a un complexo psicolóxico, o Complexo de Edipo.
Dicimos “familia dos lapdácidas” a todos os que decenden de Labdaco (o avó de Edipo).

Jessica Pastoriza del Río
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os ciclos temáticos da traxedia
CICLOS TEMÁTICOS DA TRAXEDIA.


A TRAXEDIA CLÁSICA.
Durante o século V a. C. se produciu un extarordinario desenvolvemento da traxedia, sobre todo de mans dos tres grandes dramaturgos do momento: Esquilo, Sófocles e Eurípides.
A través das obras destes autores podemos observar como a traxedia vai evolucionando. Ese proceso de evolución se observa, principalmente, en dous aspectos:
• Teatrilidade: desde formas máis narrativas as obras van adquirindo elementos cada vez máis teatrais.
Isto se comproba, por exemplo, no aumento de número de actores en escea, que fan avanzar a acción mediante o diálogo, en detrimento do coro, elemento teatral máis narrativo.
• Humanización: os personaxes da traxedia sofrena o longo do tempo un cambio que lles leva ata comportamentos cada vez máis cercanos ó humano que culminará nos dramas de Eurípides.

Os argumentos e motivos temáticos das traxedias gregas conservadas poden agruparse en torno a unha serie de ciclos:
• O ciclo de Tebas: as obras pertencentes a este ciclo versan sobre a lenda da cidade de Tebas e da familia de Edipo, castigado pola súa involuntaria culpabilidade, o cal provocará a súa cegueira e exilio, así como a maldición dos seus fillos: Polínices, Eteocles e Antígona. Os episodios que desenvolven as obras do ciclo son:
o A profecía de que o rei de Tebas sería asesinado polo seu fillo, o cal acabaría casándose coa súa propia nai.
o O abandono de Edipo, que é criado por outra familia.
o A mesma profecía que lle é comunicada a Edipo, polo que éste abandona á que cre a súa familia, crendo que así pode escarpar ó oráculo.
o Edipo convírtese en rei de Tebas: mata ao rei –sen saber que o é-, resolve o enigma da esfinxe e casa coa raíña.
o Edipo coñece a verdade: autocastigo e autoexilio en busca do perdón.
o Herencia da culpa e do castigo: enfrontamento dos dous fillos varóns de Edipo e norte de ambos.
o Rebeldía da Antígona. Castigo pola súa rebeldía.
• O ciclo de Troia: partindo da obra homérica, os tráxicos gregos compuxeron dramas nos que se representan episodios posteriores á guerra de Troia e, en moitos casos, directamente vinculados con ela. A este ciclo pertencen as obras de Sófocles sobre Aiax e Filoctetes e tamén o conxunto de traxedias que tratan sobre a familia de Agamenón: a Orestiada, de Esquilo, que desenvolve os seguintes episodios:
o O sacrifico que Agamenón quere realizar sobre a súa filla Ifigenia para alcanzar o favor dos deuses.
o A venganza de Clitemnestra, muller de Agamenón, que toma un amante para asesinar despois ó seu marido.
o A venganza de Orestes, que mata a súa nai, Clitemnestra, como castigo pola súa acción.
• O ciclo contemporáneo: a este grupo pertencen as obras que abordan acontecementos históricos pretos ós autores, pero non son tratados de maneira realista, se non situandolles no nivel da lenda ou o mito.
• O ciclo dos heroes culpables: este grupo o integran as obras protagonizadas por heroes mitolóxicos caídos en desgraza. Sobre Heracles tratan as Traquinias, de Sófocles, e Alcestes, de Eurípides. En Jasón inspírase Medea, de Eurípides. Esquilo compón Prometeo, sobre o titán que levou o lume ós seres humanos.

MIRIAM
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:36
# Ligazón permanente a este artigo
Os autores e a evolución da traxedia grega

AUTORES DA TRAXEDIA :
•Esquilo :
•Sófocles :
•Eurípides:


EVOLUCION DA TRAXEDIA:

E un xenero teatral originado da Antita Grecia . In pirado nos ritos e representacións sagradas que se facian en Grecia e Asia Menor alcanza a apoxeo en Atenas do siglo V a.c
Chega sen grandes modificacións ata o romanticismo .
Devido a larga evolucion da traxedia grega a traves de 2000 anos resulta difícil dar unha definición unica ao termo traxedia . No argumento da traxedia e a caida dun personaxe importante
O motivo da traxedia eo mito , pero desde o punto de vista da comunicación , a traxedia desarrola significados totalmente novas , mythos (μύθος) fundese coa accíon e decir , coa presentación directa (δρᾶμα, drama). En onde o publico se ve representado polos personases que aparecen con identidades distintas que actuan con identidade idependente a escena .

Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:36
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal