VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Música en latín e inglés
Outra mostra de música en latín e en inglés é esta de Nirvana que utiliza versos sacados da Biblia, segundo parece un versículo do Evanxeo de San Lucas 25.21



A tradución do texto latino de Sn. Lucas 21:25 é:
Haberá sinais no sol, na lúa e nas estrelas; e na terra, angustia da xente, transtornada polo balbordo do mar (e das ondas)..

O texto do tema é:

Et erunt signa in Sole, et Luna et stellis
et presura gentium prae confusione sonitus maris.

Et erunt signa in Sole, et Luna et stellis
et presura gentium prae confusione sonitus maris.

The world was in "a palabra estaba dentro
in the beginning no principio
in the beginning with God no principio con Deus

And all the things e todas as cousas
we needed by him foron feitas por El
and without him e sen El
wasn’t anything. non eran nada.

The world was in a palabra estaba dentro
in the beginning no principio
in the beginning with Buddha no principio conBuda

And all the things e todas as cousas
we needed by him foron feitas por El
and without him e sen El
wasn’t anything. non eran nada...

The Glory, Nirvana
Eternal, Nirvana
The Glory, Nirvana
Eternal, Nirvana

Running verse:
The Glory, Nirvana
Eternal, Nirvana
The Glory, Nirvana
Eternal, Nirvana
Et erunt signa in Sole, et Luna et stellis
et presura gentium prae confusione sonitus maris.
The world was in
in the beginning
in the beginning with Alah.

And all the things
we needed by him
and without him
wasn’t anything.

The Glory, Nirvana
Eternal, Nirvana
The Glory, Nirvana
Eternal, Nirvana

Running verse:
The Glory, Nirvana
Eternal, Nirvana
The Glory, Nirvana
Eternal, Nirvana
Et erunt signa in Sole, et Luna et stellis
et presura gentium prae confusione sonitus maris.

Running verse:
The Glory, Nirvana
Eternal, Nirvana
The Glory, Nirvana
Eternal, Nirvana
Et erunt signa in Sole, et Luna et stellis
et presura gentium prae confusione sonitus maris.

Et erunt signa in Sole, et Luna et stellis
et presura gentium prae confusione sonitus maris.

Et erunt signa in Sole, et Luna et stellis
et presura gentium prae confusione sonitus maris.



LUCÍA BAEZ BUSTILLO

Categoría: MÚSICA - Publicado o 27-03-2008 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Que hai detrás da VENUS, VULCANO E MARTE de Velázquez
Sabemos que un dos libros de cabeceira de Velázquez era As metamorfoses de Ovidio. seguramente por versión deste compendio de mitoloxía Velázquez tomou inspiracións para os seus cadros. Imos destacar os tres seguintes:


A VENUS DO ESPELLO
Na mitoloxía romana Venus era unha importante deusa principalmente relacionada co amor, a beleza e a fertilidade. A súa equivalente aproximada na mitoloxía grega era Afrodita, aínda que a Venus romana era moito máis poderosa e reverenciada. Era esposa de Vulcano e consideraba devanceiro do pobo romano mediante o seu lendario fundador, Eneas,da que era nai, xogando un papel crucial en moitas festividades e mitos relixiosos romanos.

A pintura de Velázquez, o único espido que realiza o pintor, realízao en Italia nunha viaxe na que coñece a que vai ser a modelo deste cadro que, humanizando o mito, sitúa de costas e mesmo o seu rostro queda desfigurado no espello. Unha Venus que vai ser recoñecida especialmente polo Cupido, o caprichoso neno alado que sempre a acompaña.

A FRAGUA DE VULCANO
O cadro describe o momento en que o deus Apolo, coroado de loureiro visita o lugar onde Vulcano fabrica armas para a guerra. A coroa de loureiro sobre a cabeza permite identificar ao personaxe como Apolo. O deus Apolo asociado ao deus do Sol que todo o ve e que todo o sabe, comunica a Vulcano o adulterio da súa esposa Venus con Marte, deus da guerra, por esa razón todos os personaxes miran con cara sorprendida ao deus que acaba de presentarse no estudo, ata algún deles abre a boca e os ollos para indicar este xesto de sorpresa.
Velázquez inspirouse para realizar esta obra nun gravado de Antonio Tempesta, modificándoo amplamente e centrou a acción narrativa nos xestos e expresións, mediante un estilo clasicista barroco que non recorda nada tenebrismo. Destaca o interese polo espido, como influencia da estatuaria grecorromana e da corrente clasicista de Guido Reni. De Reni podería provir tamén a composición a modo de friso. A Guercino recorda, doutra banda, os tons claros da figura de Apolo.

MARTE
No mito cantado polo bardo no salón de Alcínoo, rei dos feacios.[19] Helios, o divos sol, espiou unha vez a Ares e Afrodita facendo o amor en segredo na casa do esposo da deusa, Hefesto ( Vulcano en versión latina) , a quen alertou presto. Hefesto enfureció e conspirou para atrapar á parella "in fraganti", para o que dispuxo sobre a cama unha sutil rede metálica invisible co poder de inmobilizar a calquera, incluíndo aos deuses. Así atrapou a Ares e Afrodita na seguinte ocasión, traendo entón aos demais deuses para que fosen testemuñas do adulterio (as deusas non foron por pudor), pensando humillalos. Algúns comentaron a beleza de Afrodita, outros que cambiarían gustosos o lugar de Ares, pero todos burláronse deles. Poseidón accedeu a devolver ao cornudo Hefesto o excrex de Afrodita. Cando a parella foi liberada, Ares fuxiu á súa terra natal, Tracia. (Nunha versión adulterada moi posterior, Ares puña a Alectrión á súa porta para que lle avisase da chegada de Helios, pero o mozo quedou durmido e Helios descubriu aos amantes. Ares, furioso, transformou a Alectrión nun galo, que nunca se esquece de anunciar a chegada do sol pola mañá.)

ROSALÍA RIAL GRAÑA

Un complemento en vídeo:


para saber máis sobre VELÁZQUEZ
para ver cadros de Marte e Fragua de Vulcano
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 24-03-2008 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Música grega
Unha cantiga para sacarlle rendemento ao contido:


Categoría: GRECIA - Publicado o 17-03-2008 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
A MELLOR CANCIÓN DE AMOR EN LATÍN
No San Narciso puxemos en marcha un concurso para escoller a mellor cantiga de amor nos idiomas cos que traballamo nas aulas.
En latín están seleccionadas as seguintes:



Agora podedes escoitar esta outra versión coa tradución incluída:



Tócalle a quenda a unha cantiga dos Carmina Catuli, o poema V "Vivamus, mea Lesbia, atque amemus". Atopámonos cunha versión moderna e con acento inglés, pero cantando en latín:



Outro brevísimo, pero intenso poema de amor de Catulo convertido nun tópico é o titulado: "Odi et amo". Unha curiosa versión circula pola rede adaptada a unha montaxe fotográfica, para entendela debedes usar o texto do poeta latino:



Unha última adquisición de Rodrigo Leao AVE MUNDI LUMINAR:

Categoría: ACHÉGATE CON AMOR - Publicado o 16-03-2008 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
OS IDUS DE MARZO
O día 15 de marzo son os idus do mes, día marcado polo magnicidio de Xulio César. Sempre celebramos na aula un recordatorio deste día, esta curso serve para introducir a historia de Roma e preguntarnos: por que mataron a César?
Sen dúbida é unha resposta complexa de aí que vaiamos a percorrer a Historia de Roma para entender os conflictos que na crise da República derivan na morte de César.

Aquí está un primeiro achegamento a través da visión do momento tráxico da morte de de César aos pés da estatua de Pompeio e un anacao da película que realizou Mankievicz no ano 1953, un clásico do cine, unha versión sobre o famoso drama escrito por W. Shakespeare.



O cruel asasinato podémolo ver reproducido dun xeito moi realista e duro na serie Roma do que tamén temos aquí unha mostra (Advertimos que son imaxes desagradables):


para saber máis sobre a película, textos do fotograma,etc...
Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 13-03-2008 06:36
# Ligazón permanente a este artigo
OS TESOUROS DOS CASTROS
Existe nos obxectos metálicos atopado nos castros unha abundancia de obxectod de bronce, com poden ser as coñecidas e numerosísimas machadas de bronce, pero é que estamos na Idade de Ferro e os obxectos deste metal parecen pasar desapercibidos ante a poderosa e atractiva cor do ouro.

A ourivería castrexa ocupa un lugar destacado e unha complexidadesorprendente para os estudosos, pero tamén para a cultura popular ue fan dos castros un lugar máxico onde se agochan tesouros e son os mouros os seus coidadores. Xentes de descomunal forza, amigas das trampas e dos tratos cos humanos, mouras fermosas encantadas que amosan os seus obxectos de ouro aos que andan alindando o gando nas proximidades dos castros. Hai de todos os xeitos unha serie de relatos na tradición oral sobre as trabes de ouro, prata ou alcatrán que sosteñen os castros que ben merecen a nosa atención.Lembra que na illa de Ons tamén hai unha lenda que fala da cova dos mouros, dos seus tesouros e da súa protección a través dun barril de pólvora, neste caso non é de alcatrán, que se te achegas ao de ouro pode estoupar. Procura un relato sobre as trabes de ouro na páxina Galicia Encantada.
para saber máis
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 12-03-2008 07:46
# Ligazón permanente a este artigo
OS TORQUES
Son un dos obxectos metálicos máis chamativos dos nosos castros. Eran correntes noutros puntos e culturas de centro Europa, eaparecen nos nosos castros con frecuencia ata o século III a. C. logo parece decaer o seu uso.

Pero, cal era o seu uso? Quen o usaba?

Outros obxectos tamén de ouro son as arracadas, os brazaletes, os colares...estes parecen ter maior influencia mediterránea, especialmente tartésica e adoitan datarse con maior frecuencia a partir do século terceiro antes de Cristo.

Que son as arracadas? quen as utilizaba na cultura castrexa?
Podes ver a continuación un pequno video con varias das pezas que aparecen nos castros galegos:

para saber máis sobre a economía dos castros
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 12-03-2008 07:29
# Ligazón permanente a este artigo
TRISQUEL
A figura que tanto se repite nos castros do sur de Pontevedra ou de Ourense ( podemos ver unha fermosa colección destes obxectos pétreos símbolos da Cultura Castrexa no Museo Provincial de Ourense)podería ter diversas interpretacións:

1º Son símbolo de poder ou linaxe da casa castrexa que posúe.

2º Son un amuleto que intenta asegurar a fecundidade e a vida próspera.

3º Son simplemente un símbolo relixioso de carácter solar.

Estas esvásticas que aparecen en múltiples lugares do mundo poden aparecer nos nosos castros con tres brazos, catro, cinco ou formas diversas, mesmo insinuar un movemento cos seus brazos cara a dereita ou cara a esquerda.

Para Castelao no seu traballo sobre as cruces de pedra na Galiza, existe unha continuidade entre estes sinais e as cruces tan estendidas pola nosa terra ou terras como Bretaña.
para saber máis
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 12-03-2008 07:18
# Ligazón permanente a este artigo
AS PEDRAS DOS CASTROS
Os obxectos máis numerosos conservados da cultura castrexa son os pétreos: guerreiros, muíños barquiformes ou de man, figuras decorativas de diversa tipoloxía, etc...

Cal dos muíños que aparecen nos castros son máis antigos? Os muíños poden ser barquiformes ou os chamados de man (destes últimos tes que saber que segundo algúns arqueólogos poden ser introducidos na época da chegada do arada no IV a.C., pero para outros foron consecuencia da Romanización).

Outra curiosidade pétrea son as denominadas "pedras formosas". Saberías enque tipo deedificios e para que se usaban estes edificios nos castros como o de Briteiros no Norte de Portugal?



Sobre a plástica castrexa hai un traballo realizado no castro de Lámbrica
para saber máis sobre as Pedras Formosas
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 12-03-2008 07:02
# Ligazón permanente a este artigo
URBANISMO CASTREXO
Procura a resposta acertada despois da túa experiencia sobre o terreo dun castro como o de Viladonga:

O Urbanismo castrexo responde a:

a) unha concepción xeométrica da organización interna do castro.

b) unha distribución caprichosa das casas.

c) unha distribución funcional por barrios.


Saberías que dato sobre a poboación dun castro se agocha tras da aparición das casas redondas e/ ou das casas cadradas?

Se non o sabe podes consultalo na propia páxina do Museo do Castro de Viladonga.
Podes ver máis na páxina do Museo do Castro de VilaDonga
Categoría: CULTURA CASTREXA - Publicado o 11-03-2008 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal