VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DOS TEMPOS DA ESCURIDADE Á GRECIA CLÁSICA

Imos ir avanzando na nosa viaxe pola Cultura da Antiga Hélade cara a Grecia Clásica. en primeiro lugar temos que saber que supuxo a entrada dos Dorios (o último pobo indoeuropeo que entra no territorio grego) para aquela sociedade micénica ou aquea, que pelexara en Troia.

A época Escura coa perda da escrita dos silabarios permitirá para empezar a entrada do alfabeto, o que á vez vai permitir desenvolver a literatura o xénero épico que xa estudamos e novos xéneros como o Teatro que agora estudaremos.
Temos que ter en conta que as migracións das distintas tribos configurarán de xeito definitivo o mapa da Grecia Arcaica das cidades estado (as polis) darán paso a unha actividade comercial e colonizadora polo mediterráneo que situará a Grecia dun xeito ben distinto no conxunto do Mediterráneo, unha Grecia que está dividida en numerosos estados, pero que mantén unha forte cohesión interna como demostran o fenómeno das Olimpíadas e a súa relixión ou o propio idioma común para todos eles.
A diversidade política xera a evolución das formas de goberno dende unha sociedade baseada na linaxe onde a aristocracia deriva en Tiranías ata unha sociedade aparentemente máis igualitaria como pode ser a da Democracia Ateniense que mantén no seu seo un atroz escravismo e unha tremenda segregación das mulleres e dos estranxeiros do mundo da política.
Imos adentrarnos na historia da Grecia Histórica. O camiño que imos percorrer é o da Grecia Arcaica, esa que comeza á vez que os Xogos Olímpicos, esa que comeza coa expansión colonial, esa que en Atenas, especialmente, provocará unha evolución política que xa na denominada época Clásica ve nacer a Democracia escravista, motor do seu imperio e á cidade-estado na que se vai ver florecer o teatro como unha das manifestacións culturais máis duradeiras desta civilización.







Destes dous vídeos imos tirar algunha conclusión:
1- Con que acontecemento podemos fixar o comezo da Grecia Arcaica no 776 a. C.?
2- Cales son as características das polis gregas?
3- Quen eran os Dorios? con que cidade da Grecia Arcaica podemos relacionalos?
4- Con que cidade podemos asociar aos Xonios?
5- Que diferenza había entre as cidades máis importantes deste período?
6- Que as fai semellantes? Son iguais a democracia ateniense que a actual? Por que?
7- A filosofía, a literatura, a arte gregas deste periódo clásico en que tema se centra?
8- Quen loitaba nas Guerras Médicas? Quen gañou?
9- Quen eran rivais na Guerra do Peloponeso? Como remata e que consecuencias ten para a civilización grega?
10- Como definirías o período helenístico?
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 29-02-2016 06:48
# Ligazón permanente a este artigo
As 7 diferenzas entre a Ilíada e a película de Troia (2004)
Homero,lembrada, narra a cólera de Aquiles, razón pola que deixa de pelexar ata que volve a guerra e mata ao principe troiano Héctor.
A Ilíada de Homero remata cos funerais de Patroclo e de Héctor, con Aquiles vivo e Troia sen conquistar.

Outro libro de Homero, A Odisea e outros como A Eneida de Virxilio, autor latino, saberemos como foi conquistada Troia.

Para a gran maioría dos alumnos/as que viron a película e para evitar confusións relatamos a seguir as 7 principais diferenzas entre a versión do cinema e a que a mitoloxía tradicionalmente ofrece:

1ª Aínda que se basa na Ilíada na película o asedio parece durar varios días, Homero di que foron 10 longos anos.

2ª Na película faltan todos os deuses agás Tetis.

En Homero apoian aos gregos:
Atenea
Hera
Poseidón
Hermes
Hefesto
Tetis
Cos troianos:
Afrodita
Ares
Apolo
Artemisa
Leto
Escamandro


Morren personaxes que Homero nunca matou como Menelao ou Agamenón. Ver o que se dixo sobre os cantos III e IV ou o que sabemos de Agamenón: Non morre en Troia. Volve a Micenas con Casandra, a filla de Príamo, como escrava troiana.


4ª Faltan personaxes femininas como Criseida, escrava de Agamenón ou Hécuba e Casandra, a raíña de Troia e a súa profética filla.

5ª Patroclo non era curmán de Aquiles.

6ª O Paris da mitoloxía morre na guerra, na película sálvase.

7ª Aquiles na mitoloxía nunca estivo no cabalo de madeira, e morre antes de que os gregos entren en Troia.

Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 29-02-2016 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
OS REGRESOS DE TROIA (II): A ENEIDA
A ENEIDA DE VIRXILIO
Esta historia non se trata dun regreso realmente. A Eneida do autor latino Virxilio relata a fuxida do heroe troiano Eneas, na procura dunha nova terra onde asentarse. Esta última obra vainos levar ás orixes de Roma, outra das cidades clásicas por excelencia.

Eneas era, según a mitoloxía latina, un príncipe Troiano, fillo de Anquises e a deusa Venus. O seu pai pertencía á familia real de Troia, e un día mentres coidaba aos seus rebaños, no Monte Ida, Afrodita veuno e namorouse del pola súa beleza. Únense e teñen un fillo, Eneas. Pero no momento en que Anquises lle di ao seu fillo o nome da súa nai, este é alcanzado por un raio e queda cego.

Cando Paris rapta a Helena e se desencadea a guerra de Troia, Eneas loita nela.

Eneas é avisado pola súa nai Venus. Esta dille que debe escapar, que non debe quedarse en Troia, pois outro futuro está reservado para el. Nese momento co foxe co seu pai Anquises, o seu fillo Ascanio (tamén coñecido como Iulo) e a súa muller Creúsa. Pero debido ao caos esta úlñtima pérdese e non consegue escapar con Eneas.

Fuxiu cun grupo de troianos en vinte naves polo Mediterráneo, e tras moitas escalas e un amor desgraciado coa raíña Dido de Cartago, chegaría finalmente ao Lacio, onde casaría con Lavinia.

Un dos poetas máis destacados que narrou a aventura de Eneas, A ENEIDA trala guerra de Troia foi Virxilio, poeta oficial do emperador Augusto.

"Nesta escultura de Bernini vemos como tras ser avisado pola súa nai, a deusa Venus, Eneas carga co seu pai para escapar da Troia que arde e co seu fillo, chamado Ascanio ou Iulo, tras eles. Xa non aparece Creúsa que, muller de Eneas que se perde no caos da fuxida. Vese como Anquises leva na man os penantes na man, é decir, as figuras dos deuses protectores da casa."


ALGUNHAS CUESTIÓNS SOBRE A ENEIDA

Quen é Eneas? Con quen foxe de Troia? a quen deixa atrás antes de escapar? Cara onde foxe en busca dunha nova terra? ver vídeo

Grazas a que deusa sae de Troia Eneas? Quen era Anquises?

Con quen marcha? Que lle pasa a Creusa?

A que costas chegan logo de 7 anos? Como se chama a raíña que alí goberna?

Que relata Eneas á raíña?

Que lles pasa a Eneas e raíña logo?

Cara onde se encamiña logo Eneas?

Tras a visita aos Infernos que vai pasarlle a Eneas?

Con quen se vai desposar Eneas? Por que vai pelexar con Turno?

A DESCENDENCIA DE ENEAS e a FUNDACIÓN DE ROMA

O seu fillo era Iulo, Ascanio, desta linaxe van nacer os fundadores de Roma. Investiguemos como ocorreu.
Podes facelo a través dunha árbore xenealóxica da descendencia de Eneas no seu reino de Alba longa.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 25-02-2016 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
OS REGRESOS DE TROIA (I). LENDO A HOMERO (II):A ODISEA
Tras anos dunha guerra interminable os gregos conseguen tomar a cidade de Troia mediante a famosa idea do cabalo de madeira, idea de Odiseo, deixando na porta simplemente un cabalo de madeira no que todolos gregos se escondían, finxindo que abandoaran a guerra e que o cabalo era un regalo, símbolo de rendición. Cando os troianos se emborrachan e se durmen trala celebración do seu suposto triunfo, os gregos saen do cabalo e matan a todolos troianos, destrúen e incendian a cidade.

Tras da caída de Troia na épica grega, en Homero e noutros relatos mitolóxicos teñen gran presenza os regresos da guerra entre gregos e troianos. O regreso de Agamenón e de cada un dos heroes que remataron vivos a contenda, mesmo de Helena e de Menelao. Unha gran parte dos relatos mitolóxicos axiña van ser obsecto de diversas versións que logo servirán para darlle pulo aun novo xénero que vai nacer na Grecia Arcaica, pero que se desenvolverá plenamente na Clásica. Falamos do Teatro.

Mais antes de ir na procura das orixes deste xénero e das creacións máis espectaculares dos autores gregos debemos rematar esta parte do curso dedicada á Épica traballando con dúas obras universalmente coñecidas e de gran repercusión na literatura posterior. Referímonos á Odisea de Homero que fala do dilatado regreso de Ulises a Ítaca e, por outra banda, a Eneida do autor latino Virxilio que relata a fuxida do heroe troiano Eneas na procura dunha nova terra onde asentarse. Esta última obra vainos levar ás orixes de Roma, outra das cidades clásicas por excelencia.



A NOSA ODISEA PERSOAL

Unha cuestión previa sobre o seu cabalo é saber quen era Laoconte e por que unha serpe mariña lle vai atacar. Procura unha imaxe deste adiviño desafortunado.

1- Vaiamos logo informándonos da razón pola que Odiseo non chegará ao seu reino canda os outros caudillos gregos. Quen ocasiona o seu retraso? Por que motivo?

2- A Odisea de Homero pode dividirse en tres partes:

-Telémaco na procura do seu pai (cantos I-IV)
-Odiseo no país dos Feacios (cantos V-XII)
-O retorno a Ítaca.(cantos XIII-XXIV)

A primeira parte da Odisea transcorre en Ítaca, quen a protagoniza? Procura redactar o teu propio resumo destes primeiros cantos.Estas preguntas poden axudarte:

Quen é Telémaco? Que deusa lle convence para ir na procuar de novas sobre o seu pai?

Quen mantiña retido ao seu pai nunha illa?

Que problema había en Ítaca ante a ausencia prolongada de Odiseo?



3- Entrando na segunda parte da Odisea, enumera as aventuras de Odiseo antes de residir na illa de Calipso e que son narradas por el mesmo estando no país dos Feacios. Consulta os cantos VIII ao XII da Odisea.
Quen é Nausícaa? ver canto VI

4-Sobre o CANTO VIII

En que lugar se encontra Odiseo?
Como se chaman os seus habitantes?
Cal é o epíteto ou fórmula con que se acompaña a este xentilicio?
Como se chama o rei deste lugar?
Que deusa lle axuda baixo apariencia mortal?
Que xogos contempla Odiseo?
Participa nalgunha competición?

Neste canto Homero lembra por boca dun aedo os amores adúlteros de dous deuses (narra a historia).

Que agasallos recibe Odiseo?
Despois do baño con que personaxe feminino se atopa e fala? Que lle agradece?

Logo canta o aedo. Que levan os teucros a súa agora?

Alcinoo observou a Odiseo chorar e lle suplica lle diga que cousa?

5- No canto IX Odiseo di:

"Que cousa relatarei en primeiro termo e cal en último lugar, sendo tantos os infortunios que me enviaron os celestiais deuses? Primeiro, quero dicirvos o meu nome para que o saibades, e en adiante, despois que me librar do día cruel, sexa eu o voso hóspede, a pesar de vivir nunha casa que está moi lonxe. Son Odiseo Laertíada, tan coñecido dos homes polas miñas astucias de toda clase."

Que relata o heroe a seguir?
Que pasa cos cicóns e cos lotófagos?

Cal é a terceira aventura?
Quen é Polifemo? Cantas naves había?
De onde sacaran o viño?
Cando aparece Polifemo e que desastre provoca antes de quedar durmido?
Porque nese intre non o mata Odiseo?
Ao día seguinte que ocorre?
Como di chamarse Odiseo ante Polifemo?
Como saen finalmente da cova?
Cal é o designio final de Polifemo?




6 -Sobre o Canto X
Quen é Eolo? Resume os encontros con Eolo e o seu resultado diverso.
Quen é a maga que coñece a continuación?
Que lle ocorre a algúns dos compañeiros de Odiseo?
Como consegue o noso heroe saír desta difícil situación?

Quen lle di estas palabras?

«"Fillo de Laertes, de linaxe divino, Odiseo rico en ardides, non permanezades máis tempo no meu palacio contra a vosa vontade. Antes tedes que levar a cabo outro viaxe; tes que achegarte á mansión de Hades e a terrible Perséfone para pedir oráculo á alma do tebano Tiresias, o adivino cego, cuxa mente aínda está inalterada. Pois só a este, incluso morto, concedeu Perséfone ter conciencia; que os demais amósanse como sombras."

7-Sobre o canto XI.
Cara a que lugar se encamiña?
A quen busca neste lugar?
Este personaxe dálle dúas opcións ao futuro da súa tripulación? cales son e de que depende un resultado ou o outro?

Odiseo que lle pregunta a súa nai naquel lugar?

Tamén está alí Agamenón, que é o que este lle narra a Odiseo?

E Aquiles, que lle conta ao rei de Ítaca?



8- Sobre o canto XII
Unha aventura moi coñecida de Ulises é a das sereas. Procura saber como sucedeu.
Neste canto se contan catro aventuras máis que deberás relatar brevemente.



9-Como logra Penélope dilatar a elección dun novo esposo entre os pretendentes que a rodean?

10- Que deusa lle axuda a Odiseo a non ser recoñecido polos seus en Ítaca?
Pero que tres personaxes e que animal o recoñecen e como lle axudan na súa vinganza?

11- Como remata finalmente cos pretendentes de Penélope?



Un enlace cunha versión de película da "Odisea" Outra versión documental




12- Finalmente repara no tema dun poema do século XX do poeta grego Kavafis titulado Ítaca:

Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 25-02-2016 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
ARDE TROIA !!
Para saber máis do final da guerra de Troia, de como morre o divino Aquiles e como tamén morre Paris, o príncipe troiano podes consultar: ARDE TROIA.
Tras da toma de Troia as máis de mil naves regresan aos seus países de orixe.

E para rematar podemos ir repasando os datos fundamentais que debemos saber coa visita aos gráficos da Ilíada con este<b> xogo didáctico sobre a Guerra de Troia. (detectamos neste xogo no terceiro nivel na pregunta nº 6 un erro grave de redacción relacionado coa morte de Aquiles) ou este outro xogo sobre a Ilíada que ademais nos obriga a practicar o inglés.(Son moitos os xogos deste tipo que hai no mercado cargados de violencia, violencia que tamén está presente en boa medida no texto orixinario de Homero).


Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 22-02-2016 08:14
# Ligazón permanente a este artigo
AOS QUE VIRON A PELÍCULA TROIA
DE HOMERO Á VERSIÓN DO CINEMA MÁIS RECENTE SOBRE A GUERRA DE TROIA

Homero din que viviu no 800 a.C. cando xa pasaran 400 anos da que, segundo os estudos realizados, puido ser a famosa guerra de Troia (arredor do 1200 a.C.)

Unha gran parte dos acontecementos narrados na Ilíada forman parte esencial da película:

Canto I: Enfrontamento entre Agammenón e Aquiles por Briseida.

Canto II ao X: Combate de Menelao e Paris, combate de Aiax e Héctor.

Canto XI: Avance troiano. Os xefes aqueos préganlle a Aquiles que volva á guerra.

Cantos XII ao XVI: Enfrontamento Héctor e Patroclo.

Cantos XVII ao XXIV: Combate de Aquiles contra Héctor. Encontro do Pélida Aquiles con Príamo, solicitandolle este o cadáver do seu fillo e os seus funerais.


Foron realmente 1000 naves gregas contra Troia? A Ilíada no canto II fai unha relación de reis e naves que asisten e facendo números ( 50 remeiros por nave) das 1186 que cita Homero, darían un número de 59.300 homes como mínimo.

Xa vimos na aula cal é a verdadeira Troia, a descuberta polos arqueólogos e podemos logo responder a esta pregunta:Foi Helena a causante da guerra de Troia? Todas as guerras teñen causas económicas.Troia esta situada nun lugar estratéxico de gran interés para o control de rutas comerciais.
Helena parece responder máis a un motivo literario.


O TEMA DA ILÍADA
Na mitoloxía a guerra durou dez longos ano, por que A Ilíada de Homero comeza no noveno ano de asedio da cidade de Príamo?

O seu tema central será: a cólera de Aquiles !

Os aqueos, Aquiles e Agamenón, discuten por unha escrava que, en realidade, son dúas: Criseida e Briseida.

No noveno ano do asedio un sacerdote de Apolo ofrece un rescate para que os aqueos lle devolvan a súa filla Criseida, escrava de Agamenón, o atrida rei de Micenas. Apolo castiga aos gregos ao non consentir inicialmente o rescate. O divino Aquiles será o que insista ante Agamenón.

Entón Agamenón, rei de reis, quítalle a Aquiles a súa escrava, botín de guerra que se chama Briseida.

Os deuses son para Homero personaxes principais, pola contra serán os grandes ausentes da película.

En Homero apoian aos gregos:
Atenea
Hera
Poseidón
Hermes
Hefesto
Tetis

Apoian aos troianos:
Afrodita
Ares
Apolo
Artemisa
Leto
Escamandro

Na Ilíada os deuses están atentos aos combates, pelexan mesmo entre eles a favor dos seus heroes, aos que alentan constantemente. Son uns personaxes activos. Vexamos un exemplo:
Nun combate inicial que teñen o esposo de Helena e o príncipe troiano que a levara a Troia, a deusa Afrodita salva a Paris dunha morte segura a mans de Menelao. Logo Helena chama covarde a Paris cando seguro tras das murallas chega ante ela e dílle:
—Vés da loita... E deberías perecer a mans do esforzado varón que foi o meu anterior marido! Dicías ser superior a Menelao, caro a Ares en forza y no uso da lanza; pois provócalle de novo a singular combate. Pero non: mellor que desistas, e non queiras pelexar nin contender temerariamente co loiro Menelao; non sexa que axiña sucumbas, ferido pola súa lanza.

Contestou Paris: —Muller, non me botes en cara amargas críticas. Hoxe venceu Menelao co auxilio de Atenea; outro día vencereille eu, pois tamén temos deuses que nos protexen….


O FINAL DA GUERRA
Homero, que narra a cólera de Aquiles, que deixa de pelexar ata que volve a guerra, non porque os gregos estean case derrotados, senón pola morte de Patroclo.Tras da morte do principe troiano Héctor remata a Ilíada cos funerais de Patroclo e de Héctor, con Aquiles vivo e Troia sen conquistar.

Por outro libro de Homero, A Odisea e outros como A Eneida de Virxilio, autor latino, saberemos como foi conquistada Troia.

Das grandes diferenzas entre A Ilíada e outros textos épicos e mitolóxicos que nos narran o final da guerra de Troia é importante tomar nota, porque son claves para valorar a película no seu xusto termo.

7 DIFERENZAS ESENCIAIS ENTRE A PELÍCULA E A MITOLOXÍA

1ª Aínda que se basa na Ilíada na película o asedio parece durar varios días, Homero di que foron 9 longos anos.

Na película faltan todos os deuses agás Tetis.

3ª Morren personaxes que Homero nunca matou como Menelao ou Agamenón.

Na película faltan personaxes femininas como Criseida, escrava de Agamenón ou Hécuba e Casandra, a raíña de Troia e a súa profética filla.

Patroclo non era curmán de Aquiles.

O Paris da mitoloxía morre na guerra, na película sálvase.

Aquiles na mitoloxía nunca estivo no cabalo de madeira, e morre antes de que os gregos entren en Troia.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 22-02-2016 07:52
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO A HOMERO (I)


Así comeza a Ilíada, de Homero:

CANTO I
"Canta, oh deusa, a cólera do Pelida Aquiles; cólera funesta que causou infinitos males aos aqueos e precipitou ao Hades moitas almas valorosas de heroes, aos que fixo présa de cans e das aves de rapina —cumpríase así a vontade de Zeus —desde que se separaron disputando o Atrida, rei de homes, e o divino Aquiles..

Cal dos deuses promoveu entre eles a contenda para que pelexaran? O fillo de Zeus e de Letó,

airado co rei, suscitou no exército maligna peste e os homes perecían pola ultraxe que o Atrida infrinxiu ao sacerdote Crises. Este, desexando redimir a súa filla, presentouse nas rápidas naves aqueas cun inmenso rescate e as ínfulas do frechador Apolo que pendían de áureo cetro, na man; e a todos os aqueos, e particularmente aos dous Atridas, caudillos de pobos, así lles suplicaba:
—¡Atridas e demais aqueos de fermosas glebas! Os deuses, que posúen olímpicos palacios, os permitan destruír a cidade de Príamo e regresar felizmente á patria. Poñede en liberdade a miña filla e recibide o rescate, venerando ao fillo de Zeus, ao flechador Apolo.

Todos os aqueos aprobaron a voces que se respectase ao sacerdote e se admitira o espléndido rescate: mais o Atrida Agamenón, a quen non agradou o acordo, enviándolle de malas formas con ameazadora linguaxe:

—Que eu non te atope, ancián, cerca das cóncavas naves, xa porque demores a túa partida, xa porque volvas logo; pois quizás non che vaian o cetro e as ínfulas do deus. A ela non a soltarei; antes lle chegará a vellez na miña casa, en Argos, lonxe da súa patria, traballando no tear e compartindo o meu leito. Pero vaite; non me irrites, para que poidas irte san e salvo.

Así dixo. O anciá sentiu temor e obedeceu o mandato. Sen despregar os labios, foise pola beira do estrondoso mar, e en tanto se marchaba, dirixía moitos rogos ao soberano Apolo, fillo de Letó, a de fermosa cabeleira:
—Óeme, ti que levas arco de prata, protexes a Crisa e á divina Cila, e imperas en Ténedos poderosamente! Oh, Esmintio! Se algunha vez adornei o teu agraciado templo ou queimei no teu honor grosas coxas de touros ou de cabras, cúmpreme este voto: ¡Paguen os dánaos as miñas lágrimas coas túas frechas!

Tal foi a súa pregaria. Oíndoa Febo Apolo, e irritado en su corazón, descendeu dos cumios do Olimpo co arco e o cerrado carcax ás costas; as setas resoaron sobre os ombreiros do anoxado deus, cando comezou a moverse. Ía parecido á noite. Sentouse lonxe das naves, tirou unha frecha, e o arco de prata deu un terrible estalido. Ao principio o deus disparaba contra as mulas e os áxiles cans; logo dirixiu as súas mortíferas setas aos homes, e continuamente ardían moitas piras de cadáveres.

Durante nove días caían sobre a tropa as frechas do deus. No décimo, Aquiles convocou ao pobo para unha xunta: púxollo no corazón Hera, a deusa dos níveos brazos, que se interesaba polos dánaos, a quen vía morrer. Acudiron estes e, unha vez reunidos, Aquiles, o dos pés lixeiros, ergueuse e dixo:
—¡Atrida! Creo que teremos que volver atrás, indo outra vez errantes, se escapamos da morte; pois se non, a guerra e a peste unidas acabarán cos aqueos. Mais, ea, consultemos a un adiviño, sacerdote ou intérprete de soños —tamén o soño procede de Zeus— para que nos diga por qué se irritou tanto Febo Apolo: se está queixoso con motivo de algún voto ou hecatombe, e se queimando como agasallo graxa de cordeiros e de cabras escollidas, quererá apartar de nosoutros a peste ".




ANALICEMOS O QUE CONTA HOMERO E COMO O CONTA:

Xa levamos nove anos de asedio e os gregos capturaran á filla dun sacerdote de Apolo.

A Aquiles por que lle din o Pélida, por que o chaman divino?
Quen son os Aqueos: Dánaos:
Hades:
Zeus:
Atrida, rei de homes e os dous Atridas?
Quen é Príamo:

E o fillo de Zeus e Letó: porque era o frechador?:

De que deus é sacerdote Crises: Como se chamará a súa filla?
Que querían facer coa filla do sacerdote os aqueos:
pero que quería Agamenón, o seu rei?

Cal era o trato que lle esperaba a unha muller botín de guerra?
Cal foi a reacción de Crises?
Febo Apolo (cal é a orixe destes dous nomes do deus)?

Que é o Olimpo:
Un sinónimo de frecha que empeza por s-

Pira vén do grego e significa:

Quen era Hera, a deusa dos níveos brazos:

Con que bando estaba na Guerra de Troia que duraba xa nove anos?

Xa levaban nove días de
Quen convoca unha asemblea

Ten os pés lixeiros, por que?

Por que razón vai a encolerizarse Aquiles?



OS DEUSES ESTÁN MOI PRESENTES NA ACCIÓN

Os deuses están presentes na acción narrativa como calquera outro personaxe. Veremos a continuación un anaquiño do canto IV

Combate Menelao e Paris: E brandindo a longa lanza, acertou a dar no escudo liso do Priámida. A inxente lanza atravesou o terso escudo, cravouse na labrada coiraza e rachou a túnica sobre a perna. Inclinouse o troiano e evitou a negra morte. O Átrida sacou entón a espada adornada de arxénteos cravos; pero ao ferir ao inimigo na á do casco, caéselle da man, rota en tres ou catro anacos. Suspira o heroe, e alzando os ollos ao extenso ceo, exclama:

—¡Pai Zeus, non hai deus máis funesto ca ti! Esperaba castigar a perfidia de Alexandre, e a espada quebra nas miñas mans, a lanza resulta inútil e non consigo vencer.

Di e arremetendo a Paris, cóllelle polo casco adornado con espesa crinas de cabalo e arrástrao cara aos aqueos de fermosas grebas, medio afogado pola bordada correa que, atada por debaixo da barba para asegurar o casco, abafáballe o delicado pescozo. E sería levado, conseguindo inmensa gloria, se non o advertise Afrodita, filla de Zeus, que rachou a correa, feita do coiro dun boi degolado: o casco baleiro seguiu a robusta man, o heroe volteouno e botoullo aos aqueos, de fermosas grebas, e os seus fieis compañeiros recollérono. De novo asaltou Menelao a Paris para matalo coa lanza de bronce; pero Afrodita arrebatou ao seu protexido con gran facilidade, por ser deusa, e levouno, envolto en densa néboa, ao recendente e perfumado tálamo. Logo foi a chamar a Helena, atopándoa na alta torre con moitas troianas; tirou suavemente do seu perfumado veo, e tomando a figura dunha anciá tecelá que en Lacedemonia lle preparaba a Helena fermosas teas e era moi querida de esta.


Afrodita tras salvar a Paris dunha morte segura a mans de Menelao, lévao xunto a Helena tras das murallas. Esta chama covarde a Paris e dille:

Vés da loita... E deberías perecer a mans do esforzado varón que foi o meu anterior marido! Dicías ser superior a Menelao, caro a Ares en forza y no uso da lanza; pois provócalle de novo a singular combate. Pero non: mellor que desistas, e non queiras pelexar nin contender temerariamente co loiro Menelao; non sexa que axiña sucumbas, ferido pola súa lanza.


Contestou Paris: —Muller, non me botes en cara amargas críticas. Hoxe venceu Menelao co auxilio de Atenea; outro día vencereille eu, pois tamén temos deuses que nos protexen.


Lembramos que neste combate non morreu Menelao, como se quere facer crer na película.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 14-02-2016 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
NA PROCURA DA VERDADE SOBRE TROIA
Imos traballar sobre a realidade arquoelóxica e histórica de Micenas e de Troia para así interpretar o mito da Guerra de Troia coas claves antropolóxicas e literarias que ten.

O primeiro o documental da BBC realizado pouco antes da estrea nos cines da última versión de Hollywood sobre este famoso evento cantado por vez primeira por Homero na Ilíada. Homero din que viviu no 800 a.C. cando xa pasaran 400 anos da que, segundo os arqueólogos, puido ser a famosa guerra de Troia (arredor do 1200 a.C.):



Na clase xa visualizamos este documental sobre o tema elaborado por National Geografic.
Intenta respostar a tres dilemas:

Existiu realmente Troia? Esta antiga cidade foi localizada no século XIX, tras perdérselle a pista durante séculos e crer que era unha cidade ficticia inventada por Homero. Quen levou a fama desta reaparición de Troia? Foi H. Schliemann. Pero como o logrou? Que outras excavacións de importancia fixo? O tesouro que el chamou de Príamo, rei troiano, ou a máscara de Agamenón, rei grego de Micenas, pertenceron realmente a estes personaxes?



Tivo lugar realmente a guerra de Troia? Foi Helena o seu motivo? Parece ser que outro arqueólogo, Carl Blegen nas súas excavacións de 1932-1938 axudou a respostar á primeira pregunta ao atopar os niveis VI e VII de Troia. Pero serían excavacións máis recentes as dos anos 1993 as que aporten datos máis clarificadores sobre unha posible guerra de Troia de dimensións máis grandes e acordes coa que aparece nos textos de Homero. Lembra os datos do documental visto para responder a estas dúas preguntas.

Existiron realmente Helena, Menelao, Agamenón, Aquiles, Príamo ou Paris? Parece ser que os estudos dos textos Hititas xunto con datos arqueolóxicos ofrecen información sobre algúns destes personaxes ao aparecer neles tanto a cidade de Troia baixo a denominación de Wilusa que transcrito ao grego daria Ilios ou Ilión, nome co que se denomina Troia (lembra que o poema homérico chámase precisamente A Ilíada, porque narra unha parte da guerra de Ilión). Tamén aparece un rei denominado Alaksandu, que ben podería ser Alexandre, é dicir o outro nome de Paris. Mesmo citan aos seus inimigos o rei de Ahijawa (que podería ser Acaia, é dicir os aqueos, unha das denominacións dos gregos).

Finalmente no documental aparecen tres hipóteses sobre o cabalo de Troia:
1- A que fose certo o mito, unha trampa de Odiseo.
2- A que sexa unha metáfora dun terremoto, Poseidón era o deus do mar e dos terremotos, cuxo animal é o cabalo.
3- A que sexa unha arma de asalto en forma de cabalo que permitira entrar en Troia aos gregos.

Para saber máis podes ver este documental: a verdadeira historia sobre Troia ou se o prefires este outro, menos interesante e centrado máis no contido da Ilíada de Homero e titulado: Troia, mito ou realidade?






Logo ir ao 1º libro da Ilíada e ler o texto épico que Homero nos legou para poder contrastar coa visión da película que faremos a continuación.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 11-02-2016 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal