VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DOS REGRESOS Á ODISEA
Tras da caída de Troia na épica grega, en Homero e noutros relatos mitolóxicos teñen gran presenza os regresos da guerra entre gregos e troianos. O regreso de Agamenón e de cada un dos heroes que remataron vivos a contenda, mesmo de Helena e de Menelao. Unha gran parte dos relatos mitolóxicos axiña van ser obsecto de diversas versións que logo servirán para darlle pulo aun novo xénero que vai nacer na Grecia Arcaica, pero que se desenvolverá plenamente na Clásica. Falamos do Teatro.

Mais antes de ir na procura das orixes deste xénero e das creacións máis espectaculares dos autores gregos debemos rematar esta parte do curso dedicada á Épica traballando con dúas obras universalmente coñecidas e de gran repercusión na literatura posterior. Referímonos á Odisea de Homero que fala do dilatado regreso de Ulises a Ítaca e, por outra banda, a Eneida do autor latino Virxilio que relata a fuxida do heroe troiano Eneas na procura dunha nova terra onde asentarse. Esta última obra vainos levar ás orixes de Roma, outra das cidades clásicas por excelencia.


CUESTIÓNS

1- Vaiamos logo informándonos da razón pola que Odiseo non chegará ao seu reino canda os outros caudillos gregos. Quen ocasiona o seu retraso? Por que motivo?

2- Quen é Eneas? Con quen foxe de Troia? a quen deixa atrás antes de escapar?

3- Enumera as aventuras de Odiseo antes de residir na illa de Calipso e que son narradas poe el mesmo estando no país dos Feacios. Consulta os cantos VIII ao XII da Odisea.

4- Eneas atópase con Dido en Cartago. Onde está situada? Que acontece neste encontro e como remata?

5- A primeira parte da Odisea transcorre en Ítaca, quen a protagoniza? Prociura redactar o teu propio resumo destes primeiros cantos.

Un enlace coa Película da "Odisea"

Finalmente un poema do século XX do poeta grego Kavafis titulado Ítaca:

Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 2012-13 - Publicado o 14-02-2013 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal