VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O 14 de marzo estaremos en Lugo vendo Edipo Rei
Debemos ir achegándonos ao fenómeno das representacións pois o próximo 14 de marzo estaremos en Lugo no festival de teatro GRECOLATINO.
A primeira obra que estamos lendo é Edipo Rei de Sófocles.

QUE DEBEMOS SABER ANTES DE LER EDIPO REI?

-Coñecer as orixes do teatro na Grecia Arcaica?
-Que eran as Grandes Dionisíacas?
-Da evolución do teatro no século VI. De Tespis a Esquilo e a Sófocles (introdutor dos 3 actores)
-Como era un teatro no século V en Atenas?
- Por que os autores de dramas se cosideraban "Mestres da verdade" para a polis.
- Que sabemos da vida de Sófocles? Datas. Estilo e obras que fixo.
- Que era para un grego a Traxedia.
- A estrutura da traxedia e a importancia do Coro.
- En que consistía a catarse?

Para axudarte na investigación podes usar este enlace sobre o Teatro, a Traxedia e Edipo Rei.

PRECEDENTES DA TRAXEDIA (unha familia de traxedia)

O ciclo de Tebas.

Imos con Edipo cara a Esfinxe de Tebas!
-Ler páx 48, 49, 50 do libro de aula que inclúe a árbore xenealóxica de Edipo, pero no que debe aparecer Creón (pai de Hemón) e fillo de Meneceo e bisneto de Penteo) ( fonte: páx 149 Pierre Grimal):

Cadmo Penteo

Polidoro Óclaso

Lábdaco Meneceo

Laio - Iocasta Creonte

EDIPO Hemón

Eteocles Polinices Antígona Ismene
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 25-02-2011 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
A ORIXE DO TEATRO

Dionisos era o deus do teatro, como xa temos visto foi nos festivais dionisiacos onde se representaron primeiro composicións en ditirambos por un Coro de homes (cantos rituais sobre os mitos relacionados co deus) que foron derivando en representacións con diveros motivos relixiosos e parateatrais coa introdución de hipocrates(actores)primeiro dun só, que logo ampliarían o seu número ao igual que o seu repertorio que se foi abrindo a temáticas heroicas e mitolóxicas cunfha forte compoñente político moral. lembremos que os princiapais autores de traxedias son consdiderados "mestres da verdade".

Pero deteñámonos en Dioniso por un momento.
Acompañado de ménades e sátiros (tragoi) vémolo en multitude de representacións como a que acompaña este texto. Analiza e intenta identificar os personaxes que aparecen aquí representados e outros elementos simbólicos.

Investiga sobre Cadmo, irmán de Europa, fudador de Tebas, sobre a historia do seu neto, Penteo e as ménades na traxedia "As Bacantes" de Eurípides.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 23-02-2011 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
DA GRECIA ARCAICA Á GRECIA CLÁSICA : O TEATRO
Imos adentrarnos na historia da Grecia Histórica. O camiño que imos percorrer é o da Grecia Arcaica, esa que comeza á vez que os Xogos Olímpicos, esa que comeza coa expansión colonial, esa que en Atenas, especialmente, provocará unha evolución política que xa na denominada época Clásica ve nacer a Democracia escravista, motor do seu imperio e á cidade-estado na que se vai ver florecer o teatro como unha das manifestacións culturais máis duradeiras desta civilización.












Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 21-02-2011 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
OS REGRESOS DE TROIA
Ademais e Odiseo, hai outros heroes gregos dos que nos interesa falar, como por exemplo o ancián sabio Néstor, rei de Pilos, unha cidade micénica da a arqueoloxía, como Troia ou a propia Micenas tamén contribuiu a ofrcernos unha imaxe máis completa dese mundo que relata Homero.

Por outro lado é interesante coñecer o destino dos dous Aiax, o Telamanio co seu irmán Teucro e o Aiax o menor, o Oileo, o que acompañara a Neoptolemo, o fillo de Aquiles no interior do cabalo de Troia.
Saber máis de Neoptolemo tampouco está demais pois foi el quen mata ao rei Príamo.

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 10-02-2011 06:28
# Ligazón permanente a este artigo
DESPOIS DE TROIA: A ODISEA
Xa comezamos a traballar coa Odisea imos facer pois unha lectura selectiva dos seguintes cantos VIII- XII deste segundo libro de Homero.
Logo dun traballo cos textos iremos ao visionado dalgunhas secuencias da película que máis recentemente recreou a viaxe de regreso dende Troia do astuto Ulises, rei de Troia.
Aquí tedes outra versión da Odisea
Estes son os primeiros versos da obra:

Cóntame, Musa, a historia do home dos moitos camiños,

que andou errante moito despois de asolar Troia sagrada;

viu moitas cidades de homes e coñeceu o seu talante,

e dores sufriu en gran núrero no mar tratando

de asegurar a vida e o retorno dos seus compañeiros.


Notas de comprensión lectora dos Cantos VIII e IX

CANTO VIII

1- En que lugar se encontra Odiseo, como se chaman os seus habitantes? Lembra que o epíteto ou fórmula con que son nomeados varias veces por Homero é : "os amantes de manexar os remos".
2- Como se chama o rei deste lugar?
3- Que deusa lle axuda baixo apariencia mortal?
4- Que xogos contempla Odiseo? Participa nalgunha competición persoalmente?.
Neste canto Homero lembra por boca dun aedo os amores adúlteros de dous deuses. Narra a historia e logo procura os cadros mitolóxicos de Velázquez asociados a este curioso relato.
5-Que agasallos recibe ademáis dunha nave disposta para o refreso a súa patria?
6-Despois do baño con que personaxe feminino se atopa e fala? Que lle agradece?
7-Logo canta o aedo relatos sobre Troia Onde se fala de Teucros e Dánaos. Que levan os teucros a súa agora?
Alcínoo observou a Odiseo chorar ao escoitar semellantes relatos e suplícalle que lle diga que cousa?

CANTO IX
"Que cousa relatarei en primeiro lugar, cal en último termo, sendo tantos os infortunios que me enviaron os celestiais deuses? O primeiro, quero dar conta do meu nome para que o saibades, e en diante, despois que me libere do día cruel, sexa eu o voso hóspede, a pesar de vivir nunha casa que está moi lonxe. Son Odiseo Laertíada, tan coñecido dos homes polas miñas astucias de toda clase."
1- Que relata a continuación? Que pasa cos cicóns e cos lotófagos?
2-Cal é a terceira aventura? Quen é Polifemo?
3-Cantas naves ían con Odiseo? De onde sacaran o viño?
4-Cando aparece Polifemo, que desastre provoca antes de quedar durmido? Por que nese intre non o mata Odiseo?
5-Ao día seguinte, que ocorre? Como di chamarse Odiseo ante Polifemo? Como saen finalmente da cova?
6-Cal é o designio final que augura Polifemo a Odiseo e os seus compañeiros?

Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 09-02-2011 06:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal