VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ATENAS, por que foi a creadora do teatro?
Na Grecia Antiga a partir do 800 a.C. dánse unhas circunstanciasque van coaxudar ineludiblemente a que naza o Teatro no século VI a. C.. Atenas celebraba en honra de Dionisos, deus asociado ao ciclo vexetal dous festivais no ano. Un no ms de xaneiro "Dionisias Rurais ou Grandes Leneas" e outra no mes de marzo "Urbanas ou Grandes Dionisias". Nelas pasouse de facer cantos relixiosos en honor ao deus ás representacións de danzas e máis tarde pezas teatrais con personaxes de modo que se consolide como xénero literario en Atenas pouco despois con autores como Esquilo, Sófocles e Eurípides.



Para que que isto fose posible houbo a sociedade grega tivo que dar varios pasos de gran transcendencia para a súa historia e para a historia europea occidental. Naceu a Filosofía nese camiño para descubrir a esencia do pensamento humano, a autoestima do home como ser fronte ao universo.

Comezou, por outra banda, unha evolución nas formas de goberno dende monarquía á democracia ateniense que como veremos era moito máis progresista que as aristocracias ou as oligarquías que sucederan ás monarquías e tamén máis adiantadas en cando formas de goberno que as tiranías. Sobre todos estes xeitos de gobernar deberemos reflexionar para entender como nace o teatro nunha polis (cidade estado) que será a vangarda dunha coalición cívico-militar a denominada Liga de Delos constituída con cidades afíns despois de vencer aos Persas, unha sociedade ligada ao poderío marítimo de Atenas que vai crear os temores de Esparta, outra das grandes potencias con distintas fórmulas de goberno que rematan nun enfrontamento aberto entre ambas polis e os seus aliados respectivos.
Neste contexto de conflito bélico no último terzo do século V e comezos do IV sucédense representacións teatrais que tocan o tema da Paz e da Guerra, é o caso de Aristófanes autor de comedias de sátira política ou do autor de traxedias Eurípides con traxedias como "As Troianas" de forte contido antibelicista.
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 22-02-2010 07:50
# Ligazón permanente a este artigo
AS TROIANAS DE EURÍPIDES
"É preciso que rexeite a guerra todo aquel que sexa sensato"

Como empezamos a ler a obra é momento de ver este pequeno vídeo que fala dunha das últimas adaptacións teatrais desta obra:



Temos que reparar necesariamente, á hora de ler As Troianas, nas seguintes cuestións:

1-Estrutura dunha traxedia e desta obra en particular.
2-En que consiste cada unha destas partes e que personaxes actúan?
3- Cal é o significado etimolóxico das palabras: Prólogo, monólogo, párodos, episodio, estásimo e éxodo?
4- Que sentido ten o coro nesta traxedia, que aporta?
5- Cal é a finalidade desta obra?
6- Por que cres que esta traxedia é unha das máis representadas nos nosos días?

7-Quen era Eurípides? Aquí quedan algúns datos sobre el:



Aquí deixamos unha versión que coa adpatación de Antonio Gala emitiu hai moito tempo a TVE e que agora se pode ver íntegra na rede:























Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 17-02-2010 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO e TEATRO
Que teñen que ver o Entroido e o Teatro?
Debes procurar unha resposta de inmediato utilizando distintas entradas antigas deste blog.
Podes consultar en primeiro lugar varios vídeos sobre a orixe do teatro en Grecia, na cidade de Atenas que aparecen na categoría TEATRO (as categorías están situadas na marxe esquerda do blog).
Logo de visualizar os vídeos e sintetizar as ideas fundamentais debes comparar eses datos cos que aparecen sobre a palabra entroido de 4º B e de 4ºA 07/08, e neste mesmo lugar a entrada LUPERCALIA e AS FESTAS DIONISíACAS
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 17-02-2010 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal