VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Combate singular entre Paris e Menelao
“O combate singular de Paris e Menelao”
(versión película)


- Paris loitaba polo amor de Helena, pero Menelao loita na procura da vinganza polo rapto da súa muller.
Empezan a batalla e Paris deféndese como pode e Menelao prescinde do seu escudo e ataca a Paris golpeándolle ata que lle quita o escudo ao troiano e rise del. Menelao persegue a Paris ata ferilo nunha perna. Paris cae no chan e Menelao ía matalo, mais Paris foxe a refuxiarse entre as pernas ás pernas do seu irmán Héctor. Héctor mata a Menelao ante a insistencia do rei grego por rematar co combate e con Paris. Paris logrou sobrevivir grazas ó seu irmán Héctor, e fpxe defnitivamente cara o interior das murallas mentres comeza unha batalla de Agamenón que na morte do seu irmán ten xa un pretexto para non dilatar máis o ataque contra a cidade, rica en ouro, que desexa someter.


“O combate singular de Paris e Menelao”
(Versión Ilíada)


- A Guerra comeza debido a que Menelao vén en busca de Helena. Os troianos fan un trato cos gregos. Un combate singular para evitar grandes matanzas. Un home por cada bando. O gañador lévase a Helena e conclúe aí a guerra. Xuraron e asinaron todo ante Ares, deus do Olimpo. Paris, tamén chamado Alexandre empeza lanzando a súa xabelina e non pasou nada, logo Menelao lanzou a súa e rozou a túnica de Paris. Despois foron a loitar con espadas e Paris tirado no chan non sabe que facer, entón Menelao vaino matar e nese intre a deusa Afrodita salva a Paris provocando unha densa néboa entre os dous exércitos que impide ver que sucede e permite fuxir a Paris, tamén provocará que os troianos violen as normas e dea comezo unha batalla, unha vez que Paris está seguro tras das murallas.

ENRIQUE BARROS
Categoría: ÉPICA - Publicado o 07-02-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
AQUILES E BRISEIDA OU A CÓLERA DE AQUILES
Quen eran Briseida e Criseida?

Briseida.
Seu nome verdadeiro era Hipodamía. Era filla de Brises, de quen toma o nome de Briseida. Brises era irmán de Crises, pai de Criseida, e, como éste, sacerdote (de Apolo), na cidade de Lirneso, tomada e saqueda por Aquiles durante a guerra de Troia.

Hipodamía ou Briseida estaba casada con Mines, que foi matado por Aquiles. Este lévaa cautiva, e Patroclo, para consolala, promételle que Aquiles a faría a súa esposa; e, en efecto, chegou a ser a escrava favorita do heroe, "que a amaba ternamente".

Cando a Asamblea dos gregos obrigou a Agamenón a devolver a Criseida o seu pai e o rei, en compensación, pediulle a Aquiles que lle entregara a Briseida, este, airado e dolorido, negouse a combater. Agamenón, entón, enviou unha embaixada a Aquiles para tratar de aplacalo e prometerlle devolver a Briseida e, só con esa promesa, logrou reconciliarse con el.

A tradición representa a Briseida como unha muller alta, morena, de brillante mirada e ben ataviada. Parece que foi ela a que lle tributou a Aquiles os honores fúnebres.

Criseida.
Criseida é a filla de Crises, de quen toma nome, sacerdote de Apolo na ciudade de Crisa, en Tróade.O seu nome verdadeiro é Astínome. Foi raptada polos gregos durante unha expedición contra a ciudade de Tebas, Misia, onde se atopaba en casa de Ifínoe, irmá do rei Eetrión, e entregada a Agamenón como parte do botín.

Seu pai acudíu a reclamarlla o rei, pero este non accedeu. Os gregos obrigaron a Agamenón a restituir a Criseida, pero o rei pediulle a cambio a entrega de Briseida, orixinando a cólera de Aquiles.

Unha tradición conta que Crises devolveulle voluntariamente a súa filla a Agamenón porque fora ben tratada. Criseida tivo de el dous fillos: Ifigenia e Crises, chamado este así en memoria do seu avó.

A tradición precisa que Criseida tiñaa 19 anos, que era loira, delgada e de talla pequena. En cambio, Briseida era morena, alta de tez branca e moi elegante. E formaban unha parella que resumía os dous tipos de beleza feminina.

A peste
Os Gregos nunca sufríron unha peste como se indica na película de Troia simplemente esconderonse detrás da illa Tenedos deixando o cabalo na Praia coa esperanza de que os Troianos caeran na súa trampa.

A cólera de Aquiles.
Esta etapa caracterizase pola loita entre Aquiles e Agamenón. Despois de saquear Troia repartironse o botín pero Agamenón, para reafirmar a súa autoridade sobre Aquiles, quitoulle a súa escrava Briseida.
Foi aquí cando Aquiles encolerizouse. Non só era un insulto ao seu honor, senon que era unha grande inxustiza, xa que Aquiles fixera a maior parte do necesario para conseguir todo o tesouro e o botín do que Agamenón cría que tiña dereito a disfrutar. Como consecuencia, Aquiles retirouse a súa tenda e decidiu non tomar parte na loita.
A loita foise agravando pouco a pouco e os gregos sufrían unha forte presión sen Aquiles. Agamenón viuse forzado a ofrecer a Aquiles riquezas de todo tipo e a devolución de Briseida, pero o gran guerreiro negouse.
Patroclo, familiar e/ou amigo de Aquiles, tomou parte da loita dirixindo as súas tropas e coa súa armadura. Finalmente, foi asesinado por Héctor, o mellor guerreiro do bando troiano. Aquiles, apenado polo seu amigo e pola perda da súa armadura, entrevístase coa súa nai Tetis quen lle deu unha nova armadura. Aquiles volveu con Argamenón e regresou ao campo de batalla. Tras haber matado a moitos troianos e sobrevivir o ataque do río Escamandro, Aquiles puido finalmente encontrar ao seu principal adversario, Héctor.
Finalmente, ambolos heroes encontraronse e tras dar tres voltas a muralla de Troia, enfrontáronse cara a cara. Aquiles enviou a súa lanza a garganta de Héctor e unha vez morto someteuno a numerosas vexacións para vingar a morte do seu querido Patroclo.
A continuación, Aquiles organizou un funeral. Os restos de Patroclo puxéronse nunha urna e enterráronse nun montículo. Cada día, á alba, Aquiles arrastraba o corpo de Héctor ao redor do montículo. Príamo, pai de Héctor,dirixiuse ao campamento de Aquiles para pedirlle que enviara o corpo de Héctor a Troia para poderlle facer un funeral pola súa morte. Aquiles conmoveuse e aceptou a súa súplica.

Cambios respecto á película.

Criseida non sae na película Troia.
A peste non aparece na película


DIEGO MUÑOZ.
Categoría: ÉPICA - Publicado o 05-02-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
AGAMENÓN E IFIXENIA
Na mitoloxía grega, Ifixenia (en grego Ίφιγένεια Iphigeneia, ‘muller de raza forte’) era unha filla do rey Agamenón y da raíña Clitemnestra. As veces considérase una filla de Teseo e Helena criada por Agamenón e Clitemnestra.
O MITO
Artemisa castigou a Agamenón tras matar éste a un cervo sagrado nunha arboleda sagrada e alardear de ser mellor cazador. No seu camiño a Troia para participar na Guerra de Troia, os barcos de Agamenón quedaron de súpeto inmóviles ao deter Artemisa o vento en Áulide. Un adiviño chamado Calcas revelou un oráculo según o cal a única forma de apaciguar a Artemisa era sacrificar a Ifixenia, flla de Agamenón. Según algunhas versións, éste así o fixo, pero a maioría afirma que Artemisa a sustituíu no último momento por unha corza ou unha cerva y a transportou a Táurica, en Crimea, onde a convirtiu na súa sacerdotisa y tiña a misión de sacrificar aos estranxeiros como ofrendas a deusa.
Hesíodo chamábaa Ifimedia (en grego Ἰφιμέδεια) no seu Catálogo de mulleres e dicía que se convirtiu na deusa Hécate. Antonino Liberal dicía que Ifixenia foi transportada a illa Leuce, onde casou con Aquiles baixo o nome de Orsiloquia.
Según Eurípides, Ifixenia aparece na historia do seu irmán, Orestes. Para escapar da persecución das Erinias por matar a súa nai Clitemnestra y ao seu amante, Apolo ordenou a Orestes que fose a Táurica, tomase a estatua de Artemisa que caira dende o ceo e a levase a Atenas. Orestes marchou a Táurica co seu íntimo amigo Pílades, o fillo de Estrofio, e ambos foron encarcelados polos habitantes da rexión, os tauros, que tiñan a costume de sacrificar todos los estranxeiros a Artemisa. A sacerdotisa de Artemisa encargada de realizar o sacrificio era a súa irmá Ifixenia, quen se ofreceu a liberar a Orestes (sen saber que era o seu irmán) se éste levaba consigo unha carta hasta Grecia. Orestes refusou facelo, pero ofreceu a Pílades levar la carta mentras él quedabase para ser sacrificado. Tras un conflito de mutuo afecto, Pílades terminou por acceder, pero a carta fixo que Orestes e Ifixenia se recoñeceran y os tres escaparon xuntos levando con eles a imaxe de Artemisa. Tras o seu retorno a Grecia, Orestes tomou posesión do reino do seu pai, Micenas (matando ao fillo de Egisto, Aletes), ao que anexou Argos e Laconia, e Ifixenia depositou la imaxe no templo de Artemisa en Braurón, Ática, onde permaneceu como sacerdotisa de Artemisa Brauronia. Según os espartanos, a imaxe de Artemisa foi levada por eles a Laconia, onde a deusa foi adorada como Artemisa Ortia.
Ifixenia é coñecida polas fontes mitolóxicas gregas dende os séculos VII-VI a. C. e estaba tan estreitamente identificada con Artemisa, que algúns investigadores creen que orixinalmente era unha deusa da caza rival cuxo culto foi subsumido por Artemisa.


IFIANASA
Ifianasa (en grego Ἰφιάνασσα), unha das tres fillas de Agamenón na Ilíada de Homero (Libro IX, 145 y 287), é as veces confundida con Ifixenia. Homero no menciona o sacrificio de Ifixenia e o nome Ifianasa pode ser simplemente unha antigua variante de Ifixenia. A maioría dos investigadores coinciden sen embargo en que Ifianasa e Ifixenia, a pesar do parecido dos seus nomes, probablemente foran persoaxes bastante diferentes.
CIMÓN
O episodio de Ifixenia e Cimón que inspirou a pintores como Benxamín West (1773), John Everett Millais (1848) e Frederic Leighton (1884) non é en realidade un mito grego, senón unha novela tomada do Decamerón de Boccaccio, posteriormente desenrrolada polo poeta e dramaturgo John Dryden.
A historia pretendía demostrar o poder do amor. Cando Ifixenia durme nunha arboleda xunto ao mar, un nobre pero ordinario e inculto xoven chipriota, Cimón, vendo a beleza de Ifixenia, enamórase dela e, polo poder do amor, se convírtese nun culto e fino cortesano.

Jessica Pastoriza del Río
Categoría: ÉPICA - Publicado o 01-02-2009 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
ULISES E PENÉLOPE
Ulises ou Odiseo:

Normalmente considéraselle fillo de Laertes e de Anticlea, durante unha tormenta no monte Nérito de Ítaca.
Foi discípulo, coma moitos outros heroes, do centauro Quirón. Un xabarín feríulle un xeonllo no monte Parnaso mentres estaba de cacería co seu avó Atólico, o que moito máis tarde faría que o recoñecesen en Ítaca.
En Lacemonia é hóspede de Ífito, que lle regala o arco co que mata ós pretendentes de Penélope na Odisea.

Viaxa a Efira e pídelle a Ilo veleno para as súas frechas, sen conseguilo. Despois Anquílano dállo en Tafos.
Cando se converte en rei é xusto, hospitalario e goza da protección de Atenea. Pedíu a man de Helena, pero desanimouse ó ver a cantidade de pretendentes pide o matrimonio a unha curmá desta, Penélope. Para gañar a amizade de Tindáreo, pai de Helena, e xa que se caracteriza por ser moi astuto, aconséllalle que os pretendentes desta xuren protexer ao elixido para ser seu esposo. Grazas a isto pode casar con Penélope.
Despois de ter un fillo, Telémaco, Paris rapta a Helena, e Ulises faise o tolo arando a praia e prantando sal para non ir á guerra. En Homero, Odisea, XXIV, 110; di Agamenón: "...¿Ou non te lembras cando cheguei ao voso palacio en compañía do divino Menelao para incitar a Odiseo a que nos acompañara a Ilión?...Durante un mes recorremos o ancho mar e con dificultade convencemos a Odiseo, destructor de cidades..." O que indica que Ulises non quería ir á guerra ó principio. Pero Palamedes puxo a Telémaco no seu camiño e tivo que colaborar. Axudou a reclutar reis, foi como embaixador a Troia para negociar e sacou a Aquiles do seu escondedoiro, nos aposentos das mulleres do palacio do rei Licomedes. Disfrazouse de mercader e entrou, e mentres as mulleres miraban as teas, Aquiles disfrazado coma unha, foi ver as armas e descubriuse. Pero na película “Troia” Ulises convence a Aquiles mentres adestra ó seu primo Patroclo e falando tranquilamente.

Penélope:
Posíblemente é filla de Icario e Peribea. Tamén pode ser sobriña de Tindáreo. Icario non quería que Penélope se fose, e pediulle a Ulises que quedase. Dixo que non e deixou decidir a Penélope, que o elixiu a el.
Hai un mito que dá explicación ó seu nome. Chamábase Arnea. Un dos seus pretendentes, Nauplio, dixolle que Ulises morrera, e tirouse por un precipicio. Pero uns patos salvárona e decidiu chamarse Penélope (Pato salvaxe). Despois da noticia da suposta morte de Ulises instaláronse un centenar de pretendentes a casar con ela, e Penélope dixo que se decidiría cando rematase un suario para o seu sogro, que facía durante o día e desfacía pola noite ata que a traizoou unha criada.
Cando Ulises volve a Ítaca e despois de matar ós pretendentes de Penélope, esta só o recoñece porque lle conta cousas da súa noite nupcial que só eles coñecen. Atenea alonga a noite para que gocen de máis tempo xuntos.



ALEJANDRO ROLDÁN
Categoría: ÉPICA - Publicado o 01-02-2009 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal