VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ADESTE FIDELES!!
E chega o Nadal en latín (Fíxate na letra)




Probemos nós a cantar:



Logo e xa de paso vexamos que conexión ten o noso Nadal co mundo clásico, ademais das panxoliñas en latín.

Bótalle unha ollada ás festas Saturnalia e Natalia Solis Invicti.
Comentarios (0) - Categoría: 4ºESO 2015-16 - Publicado o 16-12-2015 06:30
# Ligazón permanente a este artigo
A DESCUBERTA DE CRETA
Imos seguir os pasos de Arthur Evans o descubridor do palacio de Cnossos e a civilización minoica:



Evans realizou unha controvertida reconstrución do palacio de Cnossos, pero non vai ser quen de descifrar as linguaxes escritas que el denominara "lineal A" e "lineal B" en centos de taboíñas de arxila atopadas nas excavacións.

Tampouco puído, como vimos, comprobar con certeza cal fora o motivo da destrución do mundo minoico. Foi un investigador grego Marinatos quen dirixirá a súa mirada cara a Santorini(a antiga Tera)onde atopará a clave para entender como se produciu esa ruína e o paso ao control do territorio a mans das tribos indoeuropeas asentadas dende facía xa un tempo na Grecia continental en lugares como Micenas.



Reparemos en como vivían os cretenses e como puído rematar esta civilización a mans dos aqueos:


Comentarios (0) - Categoría: DE CRETA A MICENAS - Publicado o 13-12-2015 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal