VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS AQUEOS ou MICÉNICOS
Os Aqueos eran unha desas tribos indoeuropeas que penetran polo norte da península do Peloponeso ocupándoa case por enteiro. Aqueos son os que denominamos tamén micénicos pois Micenas era a cidade máis importante ou capital detes novos poboadores da Grecia continental que falaban xa grego e que van pasar inicialmente por un período de adaptación e encontro coa civilización cretense ou minoica, para ser pouco máis tarde os que pasen a conquistar Creta e rematar coa cultura mediterránea. A civilización micénica nacemento e evolución está moi ben resumida no presente vídeo:




QUE É O INDOEUROPEO?

Dende a India a Fisterra encontramos basicamente unha mesmas palabras para denominar o lobo, a raposa, o oso, o cervo e o porco ( polo tanto o mundo da caza); unhas mesmas palabras para denominar o boi, a ovella, a cabra, o leite, se a caso os ovos ( é dicir, a gandeiría); unhas mesmas palabras para denominar o queixo, a lá, o mel, o sal, o carro, o xugo e a fariña( é dicir, a agricultura); igual acontece co ouro, a prata, o cobre( metarlurxia), co cabalo e co can( animais domésticos), co arco e coa machada ( armas), co salmón e co barco, pero non co mar ( navegación fluvial). pero, en cambio, non hai parecido ningún entrea as respectivas maneiras de nomear o mar, o león, o tigre e o camelo:

Como explicar tantas coincidencias?
Todos estes pobos que habitan tan amplo territorio teñen linguas que proceden dun único pobo prehistórico: o indoeuropeo
No mundo hai polo tanto cinco grandes grupos de linguas: o indoeuropeo, as africanas, as amerindias, as camito-semitas (árabe e hebreo) e as sino-austrinas(chinés e xaponés)

CUESTIÓN 1:Procura pois unha boa definición de indoeuropeo, despois de informarte convenientemente.Onde se orixinou, como e cando se estende, como caeron na conta os lingüistas de das semellanzas entre as linguas; consérvase algún texto? Por que?. Cantas familias de linguas pertencen a este gran grupo de linguas chamado indoeuropeo? Cantas linguas non indoeuropeas existen actualmente en Europa?


Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 19-12-2011 06:30
# Ligazón permanente a este artigo
Minos e o mito do Minotauro: cretenses versus micénicos.
Períodos da Historia da GRECIA ANTIGA

Imos establecer dous grandes apartados no noso traballo coa Historia da Grecia Antiga. A liña divisoria diremos que será cara o 800 a. C. aproximadamente, é dicir, o momento cando comezan as Olímpíadas (776 a. C.) e todo un proceso de transformación que vai dar paso á GRECIA CLÁSICA, berce da cultura occidental. Pero, non adiantemos acontecementos. Antes debemos remontarnos cara atrás aos períodos ou etapas anteriores a todo ese proceso. Comezaremos polas primeiras civilizacións ou culturas no territorio que logo vai ser Grecia ou a Hélade. Imos falar das primeiras culturas mediterráneas das Cícladas e de Creta.

Imos falar da CIVILIZACIÓN CICLÁDICA ( 3200 a. C. ao 1500 a.C.)

A imaxe das deusas brancas á unha das máis representativas da arte das Illas Cícladas que logo vai a evolucionar co asentamento en Creta da Cultura Minoica.


O período CICLÁDICO (Idade de Bronce)
polo tanto é anterior ao CRETENSE OU MINOICO.

Por que se chama esta civilización minoica?.
É evidente que a mala prensa que se gañou Minos nalgúns dos mitos que circulaban na Antiga Grecia tiveron a súa orixe nunha tensión entre dúas culturas que convivían e que tiveron conflitos, cos seus máis e os seus menos.

O período CRETENSE tamén é chamado Minoico polo coñecido personaxe da mitoloxía, o rei Minos e o terrible Minotauro.





Un texto moi interesante para completar o mito de Teseo e o Minotauro témolo no relato de Jorge Luis Borges titulado "La Casa de Asterión" que foi inspirado segundo confesou o propio autor por un cadro de George F. Watts sobre o Minotauro.

Comezamos pola mitoloxía para logo derivar na arqueoloxía da illa de Creta e do Palacio de Cnossos, a súa capital. O palacio do "Labris". Poucas pasaxes escritas sobre a Creta Minoica teñen tal poder de seducción como o capítulo primeiro (polo de agora ler só este capítulo) dun bo libro para achegarse á Historia dos Gregos, o que Indro Montanelli dedicou a Minos (ver o capítulo 1).





Outras curiosidades sobre Minos de interese poden ser saber algo sobre o seu fillo Androxeo ou coñecer a famosa historia de Dédalo e Ícaro ou mesmo chegar a coñecer como morre este personaxe que posiblemente sexa tan só unha ficción

Os Precedentes: O Rapto de Europa.

Cóntase que en Creta reinaba Asterión quen casara con Europa despois de ser raptada (baixo a forma dun touro branco) e seducida por Zeus. Asterión adoptou aos seus tres fillos do deus e de Europa: Minos, Sarpedón e Radamantis.




Á morte de Asterión, Minos dixo aos seus irmáns que os deuses desexaban o seu mandato sobre a illa e que o demostrarían concedéndolle o que solicitase. Foi cando Poseidón, atendendo ás suplicas de Minos enviou como sinal un magnífico touro saído do mar, que debería ser sacrificado por Minos en canto fose proclamado rei. Mais o rei non sacrificou ao animal por conservar a súa raza entre os seus rabaños. A vinganza do deus non se fixo esperar.

1-De quen vén sendo fillo o Minotauro? Da raíña de Creta, Pasifae, esposa do rei Minos e dun touro sagrado enviado por Poseidón, que debería ser sacrificado polo rei como agradecemento ao deus do mar. O castigo por non cumprir o prometido foi que a raiña concebise unha paixón polo animal que rematou co nacemento dun monstro con cabeza de touro e corpo de home ao cal chamaron Asterión. Axiña foi encerrado nun labirinto obra do ateniense Dédalo.

2-De quen vén sendo filla Ariadna? De Minos e Pasifae, que tiveron varios fillos máis, entre eles Androxeo, quen logo morrerá en Atenas.

3-Onde naceu Teseo e cando parte cara Atenas?
Naceu en Trecén e parte cara Atenas, cando move a rocha onde o seu pai deixara unha espada para el. O motivo da partida é coñecer ao seu pai Exeo, rei de Atenas que acudira a Trecén coa intención de ter un fillo. Mais en Atenas agora gobernaba desposado coa meiga Medea.

4-Que principais fazañas realiza Teseo antes de chegar a Atenas? Matar os asasinos e os monstros dos camiños para que foran máis seguros. Son as aventuras do heroe que aparecen na ilustración. Lembra a lectura da aula: Sinis o asasiño dos piñeiros, Procustes o que asasiñaba nun leito aos viaxeiros. Perifetes ao que se enfronta cunha maza. Tamén está a Porca salvaxe de Cromión e Escirón quen arroxaba dende un cantil as súas vítimas cando ían lavarlle os pes, e logo no mar eran devorados por unha tartaruga xigante.

5-Como foi recoñecido polo seu pai?
Pola espada e as sandalias que levaba, que era o que puxera o rei Exeo debaixo da rocha. No momnto en que o recoñece pola espada impide que beba un veleno mesturado co viño que Medea lle ofrecera para desfacerse del.

6-Que ocorre con Medea?
Cando se entera de que Teseo é aceptado polo seu pai, Medea dí un conxuro e desaparece antes de que Teseo poida facer nada. Durante moito tempo resoan no palacio as imprecacións da maga. Pero Exeo e o seu fillo nos lles conceden moita importancia.

7-Por que tiñan que ir os atenienses a Creta? Nun combate contra un touro en Atenas, Androgeo, fillo do rei de Creta morreu e seu pai, Minos, acusou á cidade de Atenas de ser responsábel da morte do seu fillo e esixíu que lle enviasen durante nove anos un tributo de sete homes e sete mulleres para lle servir de alimento ao Minotauro.

8-Como logra Teseo matar ao Minotauro? Ariadna sostén na entrada do labirinto un nobelo de fío de ouro.Teseo colle un extremo do fío, entra no labirinto, e mata ao Minotauro dándolle un terrible. Finalmente, Teseo sae do labirinto guiado polo fío de ouro que Ariadna sostén a saída. Ariadna parte con Teseo pois esa fora a promesa do heroe.

9-Casa Teseo con Ariadna? Non, Teseo abandona a Ariadna nunha praia da illa de Naxos, mentres durmía. Ariadna logo será liberada polo deus Dionisos.

10-Como se chama o pai de Teseo? Exeo.
Por que morre no mar que leva o seu nome? Teseo esqueceuse cambiar as velas negras polas brancas da vitoria sobre o monstro como prometera. As velas negras eran sinal de infortunio. Cando Exeo viu as velas negras pensou que o seu fillo fora derrotado e lanzouse dende os cantís e morreu afogado no mar que agora leva o seu nome.
Comentarios (0) - Categoría: DE CRETA A MICENAS - Publicado o 16-12-2011 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
O mito dos andróxinos de Platón
Para explorar sobre androxinia, unha reflexión que fai o filósofo Platón podedes consultar esta entrada da Wikipedia
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2011/12 - Publicado o 01-12-2011 05:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal