VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LER E PENSAR
Deberás entrar dende a páxina de inicio da web do San Narciso nos departamentos didácticos, procura a entrada do departamento de Clásicas e logo debes clicar onde pon ROMA. Alí atoparás textos coñecidos sobre Claudio e un pouco máis abaixo unha proposta titulada LER E PENSAR que ten tan só unha cuestión que responder, faino , pero sobre todo reflexiona sobre a lectura, será importante para emprender a viaxe que pretendemos realizar a continuación para voltar a Grecia onde comezamos o curso.

Aquí queda tamén un pequeno traballo sobre esta impresionante imaxe dun patricio romano portando as máscaras de cera dos seus antepasados, garantía da súa nobreza, é o denominado: " Ius Imaginum ".
Cuestión para quen queira curiosear máis. Que era o Ius Imaginum ?

Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 13-11-2009 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
COMO MORREU CLAUDIO, O EMPERADOR?
Como estamos en novembro e co tema da morte, para situar o tema en Roma e na Antigüidade Clásica imos ver como morreu Claudio nunha versión da BBC que utilizou como guión a magnífica obra de Robert Graves: Eu Claudio. Este autor do século XX basea a súa historia en documentos da época como o famoso libro de Suetonio sobre a Vida dos Doce Césares de Roma.

UNHA MORTE IMPERIAL

Tiberio Claudio morreu no ano 54 d.C. un 13 de outubro.

C. SUETONIO TRANQUILLI é un historiador romano do século primeiro. Na súa célebre "DE VITA DUODECIM CAESARUM" (A vida dos doce Césares) elabora unha biografía ben documentada e contrastada coas diversas opinións que sobre a vida dos primeiros emperadores romanos (contando entre eles ao propio Xulio César)circulaban por Roma.

Sobre a morte de Tiberio Claudio o que el denomina o DIVUS CLAUDIUS escribe:

Quidam tradunt epulanti in arce cum sacerdotibus per Halotum spadonem praegustatorem; alii domestico convivio per ipsam Agrippinam, quae boletum medicatum avidissimo ciborum talium optulerat.Etiam de subsequentibus diversa fama est. Multi statim hausto veneno obmutuisse aiunt excruciatumque doloribus nocte tota defecisse prope lucem.

(Suetonio, De vita duodecim Caesarum- Divus Claudius 44).


"Aseguran algúns que foi o eunuco Haloto, catador dos seus alimentos, cando asistía a unha comida cos sacerdotes na fortaleza; outros din que foi a propia Agripina que nunha comida en palacio ofreceulle unha seta envelenada, a Claudio tipo de manxar do que tiña grande avideza.Circulan tamén diversas versións sobre os acontecementos posteriores. Moitos opinan que ao instante perdeu a fala pola queimante acción do veleno e con grandes dores atormentado durante toda a noite, morreu ao mencer."



Claudio nos dous anacos de vídeo que ides ver aparece no primeiro xa vello e sen folgos... é por iso que explica ao seu fillo Británico o problema da súa herdanza. Claudio desexa que permaneza vivo e espape dos perigos que lle rodean en Roma, sobre todo se Claudio morre.
O segundo vídeo comeza esta parte final da obra nun diálogo entre Británico, fillo de Claudio e Narciso,un amigo, ante o cadáver do emperador. Británico corre gran perigo pois a segunda esposa de Claudio, Agripina, nai de Nerón, fará o imposible para que sexa o seu fillo quen goberne en Roma.






CUESTIÓNS PARA DESPOIS DE VER OS DOUS VÍDEOS:

Que perigos axexaban a Claudio e a Británico en Roma?

Como se chman os personaxes que aparecen no final do primeiro vídeo? Que relación teñen con Claudio?

Como morreu Claudio?

Quen herdou o seu posto?

Que lle pasou a Británico?

Quen era a Sibila?

A que barca e barqueiro fai referencia a Sibila nas últimas palabras?

Que semellanzas e que diferenzas atopas entre o que escribiu Suetonio e o que nos conta Robert Graves na súa novela en versión para TV?

Lembras "dun erro faise un enterro"
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 11-11-2009 06:52
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal