VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TEOGONÍA DE HESÍODO
A Teogonía é un libro escrito por Hesíodo, un dos máis antigos da civilización europea occidental, un fermosísimo relato que intenta organizar unha gran parte dos relatos mitolóxicos que ata ese momento (o século VII-VI antes de Cristo)circulaban de boca en boca por tradición oral dende tempos máis remotos. Hesíodo converte así a Mitoloxía en Épica, e polo tanto, en literatura propiamente dita. Podedes ler algo en A Teogonía.
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 24-10-2009 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
QUEN ERAN OS AQUEOS?

Os Aqueos eran unha desas tribos indoeuropeas que penetran polo norte da península do Peloponeso ocupándoa case por enteiro. Aqueos son os que denominamos tamén micénicos pois Micenas era a cidade máis importante ou capital detes novos poboadores da Grecia continental que falaban xa grego e que van pasar inicialmente por un período de adaptación e encontro coa civilización cretense ou minoica, para ser pouco máis tarde os que pasen a conquistar Creta e rematar coa cultura mediterránea. A civilización micénica nacemento e evolución está moi ben resumida no presente vídeo:



Esta é a segunda parte:



CUESTIóN:1-Parece ser que Helenos é un sinónimo de Gregos. Despois de ler o enlace que colocamos a continuación poderás dar resposta ás seguintes preguntas: Procura información sobre quen era HELEN? quen eran os seus fillos? Teñen algo que ver cos indoeuropeos? Que é un epónimo? Onde, cando e como se fan gregos os gregos?
Logo despois de ver os vídeos anteriores poderás respostar outras cuestións como:
CUESTIÓN 2: Que debemos saber da sociedade micénica?
CUESTIÓN 3: Os indoeuropeos, que nos vídeos se denominan arios,vanse diseminar en distintas ondas pola Hélade ou Grecia Antiga, pero será coa chegada dos dorios (a derradeira das tribos indoeuropeas que penetran en Grecia)coa que se dea paso a un tempo escuro, denominada Idade Escura; que efectos provoca esta aparición dos dorios para a Grecia micénica, repara tanto en cambios de asentamento como nos cambios que sofren as distintas variantes da lingua grega?

Podedes procurar información sobre os dialectos gregos
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 18-10-2009 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
QUE É O INDOEUROPEO?
Dende a India a fisterra encontramos basicamente unha mesmas palabras para denominar o lobo, a raposa, o oso, o cervo e o porco ( polo tanto o mundo da caza); unhas mesmas palabras para denominar o boi, a ovella, a cabra, o leite, se a caso os ovos ( é dicir, a gandeiría); unhas mesmas palabras para denominar o queixo, a lá, o mel, o sal, o carro, o xugo e a fariña( é dicir, a agricultura); igual acontece co ouro, a prata, o cobre( metarlurxia), co cabalo e co can( animais domésticos), co arco e coa machada ( armas), co salmón e co barco, pero non co mar ( navegación fluvial). pero, en cambio, non hai parecido ningún entrea as respectivas maneiras de nomear o mar, o león, o tigre e o camelo:

Como explicar tantas coincidencias?

Todos estes pobos que habitan tan amplo territorio teñen linguas que proceden dun único pobo prehistórico: o indoeuropeo

No mundo hai polo tanto cinco grandes grupos de linguas: o indoeuropeo, as africanas, as amerindias, as camito-semitas (árabe e hebreo) e as sino-austrinas(chinés e xaponés)

CUESTIÓN: Procura pois unha boa definición de indoeuropeo, despois de informarte convenientemente.Onde se orixinou, como e cando se estende, como caeron na conta os lingüistas de das semellanzas entre as linguas; consérvase algún texto? Por que?. Cantas familias de linguas pertencen a este gran grupo de linguas chamado indoeuropeo? Cantas linguas non indoeuropeas existen actualmente en Europa?
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 16-10-2009 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIA DAS LETRAS
Pictograma, ideograma, xeroglífico, silabario e alfabeto, un percorrido para chegar a unha fórmula de 24 signos capaces de reproducir calquera idea ou emoción, infinitas posibilidades de combinarse para expresar calquera mensaxe cun sistema moi sinxelo e popular de comunicarse , mesmo de onte para hoxe, unha das vantaxes da escrita, a palabra que perdura no tempo.

Podes ver este vídeo sobre a marabillosa historia das letras:


Outra versión:

Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 14-10-2009 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal