|
|
|
Axuda |
|
O departamento de novas tecnoloxías do Colexio San Narciso presta a súa axuda aos glogueiros para que esta nova tarefa que este ano pomos en marcha sexa de calidade.
Tendes o departamento a vosa disposición para utilizar os medios humanos e materiais dos que dispomos.
Un saúdo. Darío.
|
|
|
|
SALUTEM PLURIMAM!! |
|
VERBAVOLANT é un blogespazo educativo para os alumn@s de 4ºESO do CPR San Narciso de Marín, porque os seus traballos teñen dereito a ser algo máis que palabras que voan.
Imos comezar a andar coa épica como un dos elementos centrais que ocupan unha parte importante deste curso. Aínda que xa sabemos moitas cousas de Hesíodo, e como xa estamos co curso en marcha, tomaremos a Homero como primeira das referencias a traballar neste blog, logo iremos colgando traballos de A e de B sobre os traballos do primeiro trimestre, pero isto será un pouco máis adiante. |
|
|
|
SOBRE A ILÍADA de HOMERO |
|
Despois de ver na aula as secuencias máis importantes de TROIA, a película do ano 2004, imos afondar sobre as semellanzas e diferenzas co texto de Homero, base fundamental da mesma.
Estas cuestións son para resolver cos textos da Ilíada de Homero diante:
NA PROCURA DE PARECIDOS
1- As razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia aparecen claras na película?
2- A cólera de Aquiles ou da Briseida do cine á Briseida/ Criseida en Homero)Canto I.
3- O combate entre Menelao e Paris. Morre alguén? Como o conta Homero? Cantos III-IV
4- A morte de Patroclo, semellanzas e diferenzas entre cine e texto? Canto XVI.
5- Combate de Aquiles e Heitor, cales son as semellanzas e diferenzas ? Canto XXII.
6- Como remata a Ilíada de Homero? Canto XXIV.
7- O cabalo de Troia qué sabemos pola mitoloxía.
8- Sobre a morte de Aquiles a versión do cine sitúao dentro de Troia, qué hai de certo?
9- Nomea cinco personaxes gregos e cinco troianos que aparezan na película.
NOTA: Podes utilizar esta dirección para consultar os textos da Ilíada de Homero: http://www.iliada.com.mx/Texto_y_comentarios/Texto_y_comentarios.html
|
|
|
|
SOBRE A ILÍADA de HOMERO |
|
Tras visualizar TROIA, a película do ano 2004, imos na procura de semellanzas co texto básico da mesma:
Propoñemos estas cuestións para resolver cos textos de Homero diante:
NA PROCURA DE PARECIDOS
1- As razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia aparecen claras na película?
2- A cólera de Aquiles ou da Briseida do cine á Briseida/ Criseida en Homero). Canto I.
3- O combate entre Menelao e Paris. Morre alguén? Como o conta Homero? Cantos III-IV
4- A morte de Patroclo, semellanzas e diferenzas entre cine e texto? Canto XVI.
5- Combate de Aquiles e Heitor, cales son as semellanzas e diferenzas ? Canto XXII.
6- Como remata a Ilíada de Homero? Canto XXIV.
7- O cabalo de Troia qué sabemos deste episodio pola mitoloxía.
8- Sobre a morte de Aquiles a versión do cine sitúao dentro de Troia, que hai de certo?
9- Lembra cinco personaxes gregos e cinco troianos que aparezan na película.
NOTA: Podes utilizar esta dirección para consultar os textos da Ilíada de Homero: http://www.iliada.com.mx/Texto_y_comentarios/Texto_y_comentarios.html
|
|
|
|
|
|
|