VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

INTROITUS

Velaí vén o san Antroido
coa facela cuberta
axuntaivos mozas todas
vámoslle facela festa.

Que é o Entroido e que relacións ten co mundo clásico é o que imos descubrir a partir das seguintes preguntas:

-Por que se chama así, ou cal é a orixe desta palabra?

- Cal é a orixe etimolóxica da palabra "carnaval"? Terá que ver coa expresión latina "carrus navalis" ou con ets outra "carnes tollendas"

-O Entroido é unha festa móbil, por que razón e enfunción de que se celebra cada ano ununha data distinta?

- Onde e como se facía uso da máscara no mundo clásico?

-Os entroidos tradicionais de Galicia, considerados entre os dez máis orixinais do mundo (podes consultar en vieiros da escola no enlace de máis abaixo) que agocha, que ten de especial? Hai neles algo que lembre ás Lupercais romanas?

- Que orixe teñen os "enterros da sardiña" e eventos semellantes?

NOTA: Se queres ir de romano ou de castrexo podes seguir as instrucións da fotografía.
aquí podes saber máis sobre o entroido en Galicia
Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 07-02-2008 07:06
# Ligazón permanente a este artigo
IDUS ET KALENDAS

É un espazo para ir colocando unha serie de datas e datos do calendario e da Cultura Clásica procurando ir descubrindo as relacións existentes no día a día.

Na cabeceira do asunto está o deus romano Xano(Ianus) que simboliza a entrada e a saída do ano, aínda que, como imos ver proximamente, o comezo e a duración do ano non foron sempre como o calendario xuliano impuxo.
Categoría: IDUS ET KALENDAS - Publicado o 03-02-2008 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
SI VIS PACEM...

“Si vis pacem, para bellum” Esta frase belicista de Xulio César convértese na síntese do seu proceder. Elexiu a Galia porque era o lugar que con máis probabilidade podería ofrecerlle riquezas e triunfos(...) non deixou escapar ningunha oportunidade de facer a guerra por inxusta ou perigosa que fose.(,...) obrigou aos galos ao pago dun tributo anual de corenta mil millóns de sestercios (...) na busca do poder absoluto en Roma.

Anos despois de César na Galia conquistada:

TEXTO A)De Tácito, en De Vita Iulii Agricolae 30-32 . Discurso do xefe bretón Calgaco, dirixente dun pobo galo sometido ao poder de Roma:

“Romani, raptores orbis (...) si locuples hostis est, avari, si pauper, ambitiosi, quos non Oriens, non Occidens satiaveriT(...) Auferre, trucidare, rapere falsis nominibus imperium(...) Liberi ac propinqui per dilectus alibi servituri auferuntur(...) Bona fortunaeque in tributum, ager atque annus in frumentum, corpora ipsa ac manus silvis ac paludibus emuniendis inter verbera et contumelias conteruntur. (Imperio romano) tributa et metalla aut ceterae servientium poenae (habemus)..."

Romanización punto de vista dos Romanos:

TEXTO B)Tácito, Historias IV, 74. Sobre un discurso dun legado de Vespasiano ante os galos rebelados:

“Bella per Gallias semper fuere donec in nostrum ius concederetis. Nos, quamquam totiens lacessiti, iure victoriae id solum vobis addidimus, quo pacem tueremur; nam neque quies gentium sine armis neque arma sine stipendiis neque stipendia sine tributis haberi queunt: cetera in communi sita sunt. Ipsi plerumque legionibus nostris praesidetis, ipsi has aliasque provincias regitis... nam pulsis, quod di prohibeant, Romanis quid aliud quam bella omnium inter se gentium existent?...”

1- A frase de César cres que ten vigor na actualidade. ¿En que casos?
2- Despois de traducir ( coa axuda do comentado na clase) comenta a diferente valoración que fan estes dous textos da Romanización.
3- Polo que se deduce da actuación de César e dos romanos qué intencións os moven ou conducen á guerra. Nas guerras da actualidade cres que tamén son esos mesmos os intereses que as provocan? Razóa a resposta.
Categoría: SI VIS PACEM... - Publicado o 01-02-2008 07:26
# Ligazón permanente a este artigo
Axuda
O departamento de novas tecnoloxías do Colexio San Narciso presta a súa axuda aos glogueiros para que esta nova tarefa que este ano pomos en marcha sexa de calidade.
Tendes o departamento a vosa disposición para utilizar os medios humanos e materiais dos que dispomos.
Un saúdo. Darío.
Categoría: Xeral - Publicado o 24-01-2008 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
SALUTEM PLURIMAM!!
VERBAVOLANT é un blogespazo educativo para os alumn@s de 4ºESO do CPR San Narciso de Marín, porque os seus traballos teñen dereito a ser algo máis que palabras que voan.

Imos comezar a andar coa épica como un dos elementos centrais que ocupan unha parte importante deste curso. Aínda que xa sabemos moitas cousas de Hesíodo, e como xa estamos co curso en marcha, tomaremos a Homero como primeira das referencias a traballar neste blog, logo iremos colgando traballos de A e de B sobre os traballos do primeiro trimestre, pero isto será un pouco máis adiante.
Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2008 06:14
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE A ILÍADA de HOMERO
Despois de ver na aula as secuencias máis importantes de TROIA, a película do ano 2004, imos afondar sobre as semellanzas e diferenzas co texto de Homero, base fundamental da mesma.
Estas cuestións son para resolver cos textos da Ilíada de Homero diante:
NA PROCURA DE PARECIDOS
1- As razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia aparecen claras na película?
2- A cólera de Aquiles ou da Briseida do cine á Briseida/ Criseida en Homero)Canto I.
3- O combate entre Menelao e Paris. Morre alguén? Como o conta Homero? Cantos III-IV
4- A morte de Patroclo, semellanzas e diferenzas entre cine e texto? Canto XVI.
5- Combate de Aquiles e Heitor, cales son as semellanzas e diferenzas ? Canto XXII.
6- Como remata a Ilíada de Homero? Canto XXIV.
7- O cabalo de Troia qué sabemos pola mitoloxía.
8- Sobre a morte de Aquiles a versión do cine sitúao dentro de Troia, qué hai de certo?
9- Nomea cinco personaxes gregos e cinco troianos que aparezan na película.

NOTA: Podes utilizar esta dirección para consultar os textos da Ilíada de Homero: http://www.iliada.com.mx/Texto_y_comentarios/Texto_y_comentarios.html
para saber se sabes xogando
Categoría: 4º B 07/08 - Publicado o 22-01-2008 06:03
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE A ILÍADA de HOMERO
Tras visualizar TROIA, a película do ano 2004, imos na procura de semellanzas co texto básico da mesma:
Propoñemos estas cuestións para resolver cos textos de Homero diante:

NA PROCURA DE PARECIDOS
1- As razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia aparecen claras na película?
2- A cólera de Aquiles ou da Briseida do cine á Briseida/ Criseida en Homero). Canto I.
3- O combate entre Menelao e Paris. Morre alguén? Como o conta Homero? Cantos III-IV
4- A morte de Patroclo, semellanzas e diferenzas entre cine e texto? Canto XVI.
5- Combate de Aquiles e Heitor, cales son as semellanzas e diferenzas ? Canto XXII.
6- Como remata a Ilíada de Homero? Canto XXIV.
7- O cabalo de Troia qué sabemos deste episodio pola mitoloxía.
8- Sobre a morte de Aquiles a versión do cine sitúao dentro de Troia, que hai de certo?
9- Lembra cinco personaxes gregos e cinco troianos que aparezan na película.

NOTA: Podes utilizar esta dirección para consultar os textos da Ilíada de Homero: http://www.iliada.com.mx/Texto_y_comentarios/Texto_y_comentarios.html
para saber se sabes xogando
Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 22-01-2008 05:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal