Por outra banda, en Narón unha estrea recrea o mito de Helena de Troia baixo un prisma tremendamente moderno e marcadamente feminista, un monólogo que é a nova produciób de Teatro do Atlántico
Colocamos distintos exames realizados durante o curso sobre os que traballar para preparar a proba de setembro:
1ª Avaliación:
1- Realiza un debuxo do mapa de Mediterráneo estudado no que aparezan: península Ibérica, de Italia e Grecia, Turquía e a costa onde está Siria e Israel. Non esquezas o norte de África e algunha das illas máis importantes.
2- Escribe o alfabeto grego en maiúsculas e minúsculas.
3- Como definirías a Cultura Clásica? Os nomes da clase que orixe etimolóxica teñen? A que se debe?
4- Que é un mito? Que tipo de relatos consideramos hoxe mitos? O mito é relixión ou historia? Razoa a resposta.
5- Quen son os aedos? Que sabes de Homero? Que relación ten o mito coa literatura?
6- Explica cal foi o proceso que seguiu a Humanidade para lograr inventar o alfabeto.
7- Define o indoeuropeo. Cales son as cinco familias lingüísticas máis grandes do mundo?
8- Sócrates e a escritura: ?...Cando chegaron ao das letras, dixo Theuth:-Este coñecemento,oh rei, fará máis sabios aos exipcios e de máis memoria, pois se inventou como un fármaco da memoria e da sabedoría.
Pero el respondeu: -Oh artificioso Theuth! A uns élles dado crear arte, a outros xulgar que dano ou proveito aporta aos que pretenden facer uso dela. E agora ti, precisamente, pai que es das letras, por apego a elas, atribúelles poderes contrarios aos que teñen. Porque é obvio o que producirán nas almas de quen as aprendan, ao descoidar a memoria, xa que, fiándose do escrito, chegarán ao recordo desde fóra, a través de signos alleos, non desde dentro, desde eles mesmos e por si mesmos. Non é, pois, un fármaco da memoria o que atopaches, senon un simple recordatorio. Aparencia de sabedoría é o que ensinas aos teus alumnos, que non verdade. Porque tras escoitar moitas cousas sen aprendelas, parecerá que teñen moitos coñecementos, sendo, ao contrario, na maioría dos casos...?
Que postura defendía o famoso filósofo grego acerca do invento das letras? Cal é a túa opinión sobre a postura de Sócrates? Argumenta debidamente a túa resposta.
9- A partir das ilustracións explica o sincretismo ou fusión que presenta a mitoloxía grega.
2ª Avaliación:
1-XEOGRAFÍA: Coloca no mapa os números: 1.Cnossos, 2-Troia, 3-Micenas, 4-Esparta, 5.PELOPONESO, 6- MAR EXEO, 7-CÍCLADAS 8-Illa de Tera, 9- Atenas e marca con frechas: 10- Invasións aqueas, 11-Invasións dorias e 12-Fuxida dos Aqueos.
2-HISTORIA: Que sabes do nacemento, características, evolución e destrución da civilización minoica?
3-Que sabes do nacemento, características, evolución e destrucción da civilización micénica?
4-LINGUAS: Que son o lineal A e o lineal B?
5-MITOS: Narra brevemente: Teseo e o Minotauro. Dédalo e Ícaro.
6- Narra brevemente: O segredo de Prometeo e a voda de Tetis e Peleo.
7- Narra o teu traballo sobre os amores de Zeus.
8-LENDO AOS CLÁSICOS: Platón e os andróxinos.
9-DE ONTE A HOXE: Quen era Asterión? Que visión ofrece Borges deste personaxe? El fala do ? Palacio de las hachas? A que mito fai referencia? Quen inventou este mito? Razoa as respostas.
10-ARS LONGA: Numera, identifica e comenta o contido das seguintes ilustracións.
3ª Avaliación:
1- A xeografía da Ilíada de Homero: a-EXEO, b-ÍTACA, c-Cnossos, d-Troia, e-Micenas f- Esparta, g-Pilos, h-HITITAS
2- Que é a Épica? Que sabes de Homero
3- Que descubrimentos fixo H. Schliemann?
Que sabemos polas excavacions, Blegen e as máis recentes dos anos 90?
Que nos transmiten os textos en lineal b e dos hititas?
4- ILÍADA.Cales son as razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia? Como aparecen na película TROIA?
5- TEXTOS: A Ilíada comeza no _____ ano do _________ de Troia. Quen son Criseida e Briseida? Explica cal é o tema central?
Despois de ler o texto, identifica quen interven, a que momento corresponde: Posto que Febo Apolo me quita a Criseida, encamiñándome eu mesmo a túa tenda, levareime a Briseida, a de fermosas meixelas, a túa recompensa, para que saibas canto máis poderoso son.....Tal dixo. Perturbouse o Pélida, e dentro do veludo peito o seu corazón discorreu dúas cousas: ou, botando a man á aguda espada que levaba, abrirse paso e matar ao Atrida, ou calmar a súa cólera e reprimir o seu furor. Mentres tales pensamentos revolvía na súa mente e no seu corazón e sacaba a gran espada, veu Atenea do ceo: enviouna Hera, a deusa dos níveos brazos, que amaba cordialmente a entrambos e por eles se preocupaba. Púxose detrás del Pélida e tiroulle da blonda cabeleira, aparecéndose a el tan só; dos demais, ninguén a vía.
6- Lembra cinco personaxes gregos e cinco troianos. Que deuses apoian a Troia e cales a Grecia. Como remata a Ilíada de Homero?
7- VIII-VERDADEIRO OU FALSO : Homero ou a mitoloxía non o contan así:
Menelao morre tras do combate con Paris:
Paris foxe de Menelao envolto nunha néboa grazas a Afrodita:
Patroclo combatía con Héitor coa armadura encargada por Tetis a Hefesto:
Apolo ataca as concavas naves do campamento grego e envíalles unha peste,
Agamenón morre na toma de Troia:
Hécuba era a esposa de Príamo:
Casandra anunciou os perigos que traerían para Troia Paris e o cabalo dos gregos.
Andrómaca, muller de Heitor, vai escapar de Troia con Helena.
Eneas vai ser case que o único heroe troiano que escapa da matanza de Troia.
Aquiles estaba dentro do cabalo de Troia.
8- Cadro das etapas da historia da Grecia dos Dorios á Grecia helenística.
9- A Eneida de_____________. Cadro xenealóxico de Troia a Roma.
10- O cabalo de Troia que sabemos del pola mitoloxía e pola arqueoloxía?
Cal vai ser o motivo do retraso do regreso de Odiseo? Comenta as ilustracións:
Ocorreu o 21 de xuño, no transcurso das IV Olimpíadas Clásicas San Narciso. Naceran como iniciativa do departamento de Clásicas e de Educación Física no ano 2004 cando se celebraron en Atenas as Olimpíadas, e seguindo o espírito olímpico este ano volvemos a reeditar as nosas Olimpíadas Clásicas. Os alumnos/as de Cultura Clásica levaron a cabo un marabillosa posta en escena titulada: Olimpia, a orixe dos xogos.
O importante é participar, iso di un dito moi popular referido ás competicións deportivas. O noso curso como un dos motores das Olimpíadas Clásicas San Narciso imos animar para que todos os alumnos/as poidan ir ben vestidos de gregos/as. Remitimos á seguinte entrada da Aula Clásica do San Narciso.
Tras estudar distintos apectos das Olimpíadas Clásicas imos ver que retivemos:
I- OLIMPIA: A CARREIRA DO HOME GREGO POR COÑECERSE
Fai un mapa do Mediterráneo e achegándote a Grecia, localiza Olimpia e a península do Peloponeso.
- O deporte tal e como o entendemos é un invento grego porque:
a)
b)
II- A GRECIA ANTIGA, O BERCE DO ESPÍRITO OLÍMPICO.
- Cal dos aportes creativos destacarías como a máis peculiar das actividades da Antiga Grecia?
- En que época nacen e se desenvolven os Xogos Olímpicos? ( Escolle unha)
a) Na etapa anterior á chegada dos pobos indoeuropeos que falan grego.
b) Na época que florecen as poles e o dominio comercial grego por mar.
c) Na época da conquista dos romanos de Grecia.
III- ORIXES MITOLÓXICAS DOS XOGOS.
-Quen era Pélope, e que pasou con Hipodamia? Por que din que fundaron uns xogos en Olimpia?
-Quen é o fundador máis popular dos Xogos olímpicos e que plantou a carón do Santuario?
IV- A ORGANIZACIÓN DAS OLIMPÍADAS.
- Quen organizaba os xogos e a cada canto se realizaban?
- Que era a Tregua Sagrada?
V- XOGOS NA HONRA DE ZEUS OLÍMPICO.
- Por que se di que as Olimpíadas teñen carácter relixioso.
- Quen foi o autor da gran estatua Zeus quen anteriormente en Atenas fixera unha de Atenea.
VI-ESPAZOS NA OLIMPIA DOS XOGOS
- Que é o Altis?
- Cal era o nome e os símbolos cos que se identifica ao deus máis importante de Olimpia?
- Onde se realizaban as probas deportivas de Olimpia?
VII- AS PROBAS GIMNÁSTICAS I:
-Onde se realizaban as carreiras pedestres?
-Que tipos de carreiras a pé había en Olimpia?
- Que diferenza atopas coas que se levan acabo hoxe en día?
VIII-AS PROBAS GIMNÁSTICAS II:
-Que diferenza atopas entre o salto de lonxitude de hoxe e o que se practicaba na Antiga Grecia?
-Que significa a palabra grega ?discóbolo?
IX- AS PROBAS HÍPICAS
-Que tipo de probas se realizaban no hipódromo?
- Sabes que as coroas de vencedores destas probas non eran para o xinete, si para os donos do cabalos por que?
a)Porque os xuíces olímpicos eran moi inxustos.
b)Porque os xinetes morrían todos nestas competicións tan duras.
c)Porque era un deporte aristocrático e só os ricos podían pagar unha cabalería.
X ? A MULLER NAS OLIMPÍADAS
-Por que non competían as mulleres nas probas das Olimpíadas. Busca un motivo:
a) Si, había competicións femininas, pero non eran na honra de Zeus.
b) Porque tiñan menos preparación física.
c) Porque había homes espidos no estadio.
A quen estaban dedicadas as probas femininas máis antigas, posible orixe dos Xogos en Olimpia.
a) Estaban dedicadas aos deuses do mal.
b) Eran probas rituais dedicadas á Deusa Nai, divindade mediterránea da fecundidade dos campos.
c) Estaban dedicadas a deusa do amor.
XI- O ESPIDO NAS COMPETICIÓNS.
-Por que corrían espidos os gregos:
a) Para demostrar que eran iguais uns aos outros.
b) Porque pensaban que a perfección do corpo era unha manifestación do poder dos deuses.
c) Porque competían máis cómodos ao non haber mulleres no estadio.
XII-AGÓN(COMPETICIÓN) E NIKÉ ( VICTORIA).
-Por qué os gregos tiñan ese gusto pola competición:
a) Polo seu egoísmo.
b) Por unha demostración aristocrática de valor e o seu afán de superación.
c) Por que gañaban moito diñeiro nos premios.
-Cales eran os premios nunha Olimpíada:
XIII-O XIMNASIO E A VIDA DOS ATLETAS.
- En cada cidade estado grega non podía faltar un ximnasio, por que se chama así:
- Para que empregaban os atletas o aceite?.
XIV- OS OUTROS XOGOS PANHELÉNICOS.
- Que significa ?panhelénicos?
- Cales eran os outros xogos e a que deus se dedicaban (Verdadeiro ou falso )
Nemeos: Poseidón
Pitios: Heracles, fillo de Zeus
Istmicos: Apolo
XV- DECADENCIA DOS XOGOS
- Cal cres ti que poden ser dúas causas da decadencia dos xogos:
a) Perda do espírito olímpico ao evolucionar o deporte cara á profesionalización dos atletas.
b) Pola presión dos emperadores cristiáns que fan destruír o templo de Zeus.
c) Porque os turcos roubaron a estatua de Zeus Olímpico.
Este curso, como cada curso no que coincide co celebración das Olimpíadas imos celebrar tamén nós, no centro, as nosas Olimpíadas nas que imos lembrar como eran as probas na Antiga Grecia e cando, como e por qué se realizaron en Olimpia.
Os alumnos/as de Cultura Clásica imos xogar un papel fundamental na organización e realización desta celebración no San Narciso. Tres son os bloques de contidos que queremos facer chegar ao conxunto do alumnadao dun xeito ou outro, sempre tendo en conta o seu nivel de cara a lograr que sexan coñecedores do significado dos Xogos Olímpicos na Antigüidade. Os bloques de contidos son: