VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Contando a Prometeo II
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 18-11-2008 07:43
# Ligazón permanente a este artigo
Contando a Prometeo

Trátase dunha actividade para recrearse reconstruíndo un mito tan coñecido como o de Prometeo. Estamos a traballar coa creación do home na mitoloxía grega e este é un dos mitos máis representativos.
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 18-11-2008 07:42
# Ligazón permanente a este artigo
A HISTORIA DAS LETRAS.


Pictograma: Nun diagrama que utiliza imáxenes ou símbolos pra mostrar datos pra unha rápida comprensión. Nun pictograma, se utiliza una imaxen o un símbolo pra representar unha cantidade específica.


Ideograma: Imaxen convencional ou símbolo que representa un ser o unha idea, pero non palabras ou frases fixas que os signifiquen.



Xeroglificos: Combinación de silabas e letras en que as palabras se representan con figuras ou símbolos.


Silabarios: Sistema de signos pra escritura no que cada grafía representa unha sílaba.



Alfabeto: sistema de signos pra escritura no que cada grafía representa un fonema. Conxunto de símbolos o signos convencionais utilizados nun sistema de comunicación.

GRISEL SANTIAGO GARCIA


Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 13-11-2008 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
TITÁNS E TITÁNIDES

Segundo a “Teogonía” de Hesíodo, Uranus, o Deus do ceo, enxendrou xunto a su nai,Xea, a Deusa da Terra, dos Titanes e as Titánides, dos Cíclopes e dos Hecatónquiros.

Os Titáns, guiados por Cronos, destronaron y mutilaron a Uranus. A súa sange fecundou de novo Xea que deu orixen ás Erinias, ou ás Furias, que serían as encargadas de vengar os parricidios e certos crímenes.
Os Titáns son doce: seis homes (Titans): Océano, Ceo, Crío, Hiperión, Jápeto e Cronos; e seis mulleres (Titánides): Febe, Mnemósine, Rea, Temis, Tetis e Tea. A meudo chamados os antigos deuses, foron durante moito tempo os donos supremos do universo.
Algúns dos Titans e Titánides máis importantes:
Cronos: Fillo último dos doce titans. Cronos foi o único que acudiu a chamada da sua nai, cando Gaia, para por fin a su propia exclavitud, decidiu revelarse contra Uranus. Cronos revelouse contra seu pai, decapitouno, excluiuno do poder e apoderouse da sucesión.

Dende ese momento instalase no goberno do mundo a raza dos Titans. Cronos, coa súa irmá Rhéa, terá seis nenos: tres nenas (Hestia, Déméter, Héra) e tres nenos (Hadès, Poseidón y Zeus). Pero Cronos, por medo a ser destronado por un dos seus fillos, comíaos a todos eles dende o mesmo momento do nacemento. Excepto Zeus que escapou e que máis tarde ó destronaría obligándolle a vomitar aos seus fillos.

Océano: O maior dos Titans, Océanos, non debe ser confundido con Pontos, o deus do Mar. Océano representa, máis alá do mar..

Jápeto: Segúndo a Ilíada de Homero, Jápeto foi precipitado ao Tartaro no momento da guerra dos Titans contra Zeus.

Hiperión: "o de arriba, o que mira dende arriba". Unido con su hermana Tea, tendrá de ella tres niños: Hélios (el Sol), Séléné (la Luna) y Eôs (la Aurora). Muchas veces se confunde a este Titán con el sol.

Rea: "a dos belos cabelos" Despois da castración do seu pai Uranos, unese ao seu irmán Cronos. Ambos gobernarán o mundo.

Temis: As veces confundese coa súa nai,Xea, xa que como ela, é unha divinidade nutricia e profética. Deusa da xustiza e que encarna a ley, foi a segunda esposa de Zeus. De este matrimonio naceron tres Horas: Eunomia (a Disciplina), Diké (Xustiza) y Eirene (a Paz); e os tres Moiras: Cloto, Laquesis e Átropos.

Mnémosine: Ela é a deusa da Memoria y foi considerado moito tempo como a sola que controla o desarrollo do tempo. Esposa de Zeus compartiu seu leito nove noites consecutivas e así engendróu as noves musas.

Febe: “a da coroa de ouro”. Esposa do seu irmán Ceo. Ela diulle as dúas mozas: Asteria e Leto. Na terra recibían os nomes de Diana o Delia, no ceo dabaselle o nome de Lua o Febe.Chamabanlle Lua porque aparecía representada cunha media lúa na sua frente
Tetis: Unese co seu irmán Océanos o maior dos Titans. Ela porá no mundo os tres mil ríos e as tres mil ninfas das augas (Oceánides). Do seu neto Atlas, Tetis concebirá á ninfa Calipso, personificación das profundidades marinas.
Adrian Davila Abal
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 13-11-2008 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Cuestionario sobre a xeografía da GRECIA ANTIGA
O Espazo, a Historia e a Lingua da Grecia Antiga.

Imos polo primeiro dos apartados relacionado coa XEOGRAFÍA:

1- Cal é a orixe do nome de Grecia? Pero cal era o nome que lle daban ao seu país os propios gregos? Que sabes da orixe deste outro nome?

2- En cantas partes dividimos tradicionalmente a Grecia Antiga? Podes consultar o libro de clase.

3- Indica unha cidade importante para cada unha das partes nas que antes dividiches a Hélade?

4-Cres que é certo que Grecia é o segundo país máis montañoso de Europa? Razoa a resposta.

5- Cres que é certo que hai máis de 3000 illas de moi diverso tamaño que pertencen hoxe ao territorio de Grecia? Razoa a resposta.

6-Utilizando un mapa mudo coloca nel as seguintes cidades e montes da Grecia Antiga:
Atenas, Esparta,Troia, Mileto, Micenas, Cnosos, Olimpia, Delfos, Tebas.

Monte Olimpo, Monte Ida, Monte Parnaso, Monte Taigeto.

7- Volvendo a usar o mapa anterior coloca agora os nomes das seguintes rexións,illas e mares (usa neste caso as maiúsculas):
ÁTICA, LACONIA, CRETA, MACEDONIA.
EUBEA, ILLAS CÍCLADAS, RODAS, ÍTACA,LESBOS.
MAR EXEO, MAR XÓNICO.


8- LÉXICO: Agora tendo en conta que mar en grego é "thalassa", que "oros" é montaña, que "nesos" significa illa e que o río en grego dicíase "potamos", intenta explicar o significado das seguintes palabras compostas de orixe grega e que están relacionadas coa xeografía grega unha vez que sabes o que significa un dos seus étimos:

-Polinesia:

-oroxénese:

-hipopótamo:

-Mesopotamia:

-Melanesia:

-talasocracia:

-Micronesia:

-talasoterapia:

-orografía:

-Dodecaneso

-orónimo:

9-Copia o mapa máis grande que aparece na entrada antes dita no departamento de Clásicas e realiza esta actividade:
No mapa de Europa e o Mediterráneo coloca o máis certeiramente posible os seguintes conceptos relacionados coa xeografía da Antiga Grecia:

-Magna Grecia, Grecia Septentrional, Peloponeso, Espóradas, Chipre, Grecia de Asia Menor, Xonia, Cirene e Sicilia.

Aquí tedes unha descrición da antiga Hélade en video:




Categoría: GRECIA - Publicado o 12-11-2008 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
A TITANOMAQUIA

Na mitoloxía grega, a Titanomaquia (en grego antigo Τιτανομαχία Titanomakhía, ‘Guerra dos Titáns’) foi a serie de batallas libradas durante uns imprecisos trescentos anos entre as dúas razas de deidades moi anteriores á existencia da humanidade: os Titáns, loitando dende o monte Otris, e os Olímpicos, que chegarían a reinar no monte Olimpo. É coñecida tamén como a Batalla dos Titáns o a Guerra Titánica. É confundida por algúns autores (como Ovidio) coa Xigantomaquia a pesar das múltiples diferenzas entre ambas.
Os gregos da idade clásica coñecían varios poemas sobre a Titanomaquia. O principal de eles, e o único que se conservou, era a Teogonía atribuida a Hesíodo. Un poema épico perdido titulado Titanomaquia e atribuido ó bardo cego tracio Tamiris, á sua vez unha personaxe lexendaria, era mencionado de pasada no ensaio Sobre a música unha vez atribuido a Plutarco. Os Titáns tamén xogaban un papel prominente nos poemas atribuidos a Orfeo. Aínda que só se conservan fragmentos dos relatos órficos, revelan interesantes diferenzas coa tradición hesíodica.
Estes mitos gregos da Titanomaquia caen dentro dunha clase de mitos similares presentes en Europa e Oriente Próximo, onde unha xeración do grupo de deuses enfróntase aos dominantes. Ás veces estes son suplantados. Outras os rebeldes perden e son totalmente apartados do poder ou ben incorporados ó panteón. Outros exemplos serían as guerras dos Aesir cos Vanir e os Xotunos na mitoloxía escandinava, o épico Enuma Elish babilónico, a narración hitita do «Reino do Ceo» e o escuro conflito xeracional dos fragmentos.
Os Olímpicos, guiados por Zeus, declararon a guerra á anterior xeración de deidades, os Titáns. Éstes foron encabezados por Crono e incluían a Ceo, Crío, Hiperión, Xápeto, Atlas e Menecio. Os Olímpicos eran guiados por Zeus e incluían a Hestia, Hera, Deméter, Hades e Poseidón. Probablemente Estixia e os seus fillos tamén loitaron no bando dos Olímpicos. Ademáis, os Hecatónquiros e os Cíclopes, que foran enxaulados por Crono, axudaron ós Olímpicos. Decía que os Hecatónquiros axudaron ós Olímpicos arroxando enormes pedras ós Titáns, de cen en cen. Os Cíclopes axudaron fabricando as famosas armas de Zeus, os raios, o tridente de Poseidón e o casco de Hades.
Lograda por fin a victoria tras toda unha década de guerra, os Olímpicos divideron o botín entre eles, outorgando o dominio do ceo a Zeus, o do mar a Poseidón, e o do inframundo a Hades. Procederon entón a encerrar ós derrotados Titáns no Tártaro, as máis fondas profundidades do inframundo. Porén, dado que durante a guerra Océano e as Titánides, é dicir, Tea, Rea, Temis, Mnemósine, Febe e Tetis, permaneceron neutrais, no foron castigadas por Zeus. Algúns outros titáns que non foron encerrados no Tártaro foron Atlas, Crono, Epimeteo, Menecio e Prometeo. Zeus deu a Atlas un castigo diferente: Urano, o ceo, case se derrubara sobre a terra, Xea, trala guerra debido á enorme loita ocorrida baixo el, polo que Zeus dispuxo que Atlas suxetase os ceos por toda a eternidade. Epimeteo, Menecio e Prometeo cambiaron de bando e axudaron a Zeus na guerra, polo que non foron castigados. Crono logrou fuxir trala guerra, evitando así ser encerrado no Tártaro (aínda que segundo Hesíodo sí foi encerrado). Os Hecatónquiros quedaron montando garda sobre os prisioneiros.

Alejandro Roldán Fraga
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 10-11-2008 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
OLIMPIA: A CARREIRA DO HOME GREGO POR COÑECERSE Unha ollada atrás, cara o Mediterráneo.
Ao estar tan próximas as Olimpíadas será esta unha das primeiras Unidades deste curso 2008/09.Propoñémoslles aos alumn@s unha visualización da exposición realizada o ano pasado, botar unha ollada cara o Mediterráneo na Antigüidade:

I- OLIMPIA: A CARREIRA DO HOME GREGO POR COÑECERSE
Fai un mapa do Mediterráneo e localiza Olimpia e a península do Peloponeso.
- O deporte tal e como o entendemos é un invento grego porque:
a)
b)
II- A GRECIA ANTIGA, O BERCE DO ESPÍRITO OLÍMPICO.
- ¿Que destacarías como máis peculiar das actividades da Antiga Grecia?
- ¿En que época nacen e se desenvolven os Xogos Olímpicos?
a) Na etapa anterior á chegada dos pobos indoeuropeos que falan grego
b) Na época que florecen as polis e o dominio comercial grego por mar
c) Na época da conquista dos romanos de Grecia.
III- ORIXES MITOLÓXICAS DOS XOGOS.
-¿Quen era Pélope, e que pasou con Hipodamía? ¿Por que din que fundaron uns xogos en Olimpia?
-Quen é o fundador máis popular dos Xogos olímpicos e que plantou a carón do Santuario?
IV- A ORGANIZACIÓN DAS OLIMPÍADAS.
- ¿Quen organizaba os xogos e a cada canto se realizaban?
- ¿Que era a Tregua Sagrada?
V- XOGOS NA HONRA DE ZEUS OLÍMPICO.
- Por qué se di que as Olimpíadas teñen carácter relixioso.
- Quen foi o autor da gran estatua Zeus que anteriormente en Atenas fixera unha de Atenea.
VI-ESPAZOS NA OLIMPIA DOS XOGOS
- Que é o Altis
- Cales eran o nome e os símbolos cos que se identifica ao deus máis importante de Olimpia.
- Onde se realizaban as probas deportivas de Olimpia
VII- AS PROBAS GIMNÁSTICAS I:
-Onde se realizaban as carreiras pedestres
-Qué tipos de carreiras a pé había en Olimpia
- Qué diferencia a topas coas que se levan acabo hoxe en día.
VIII-AS PROBAS GIMNÁSTICAS II:
-Qué diferencia atopas entre o salto de lonxitude de hoxe e o que se practicaba na Antiga Grecia.
-Que significa a palabra grega “discobolo”
IX- AS PROBAS HÍPICAS
-Qué tipo de probas se realizaban no hipódromo
- Sabes que as coroas de vencedores destas probas non eran para o xinete, si para os donos do cabalo/os ¿por que?
a)Porque os xuíces olípicos eran moi inxustos.
b)Porque os xinetes morrían todos nestas competicións tan duras.
c)Porque era un deporte aristocrático e só os ricos podían pagar unha cabaleiría.
X – A MULLER NAS OLIMPÍADAS
-Por que non competían as mulleres nas probas das Olimpíadas. Busca un motivo:
a)Si había competicións femininas, pero non eran en honra de Zeus
b)Porque tiñan menos preparación física.
c) Porque había homes espidos no estadio.
A quen estabam adicadas as probas feniminas máis antigas, posible orixe dos Xogos en Olimpia.
a) Estaban adicadas aos deuses do mal
b) Eran probas rituais adicadas á Deusa Nai, deusa mediterránea da fecundidade dos campos.
c) Estaban adicadas a deusa do amor.
XI- O ESPIDO NAS COMPETICIÓNS.
-Por que corrían espidos os gregos:
a) Para demostrar que eran iguais uns aos outros.
b) Porque pensaban que a perfección do corpo era unha manifestación do poder dos deuses.
c) Porque competían máis cómodos ao non haber mulleres no estadio.
XII-AGÓN(COMPETICIÓN) E NIKÉ ( VICTORIA).
-Por qué os gregos tiñan ese gusto pola competición:
a) Polo seu egoismo.
b) Por unha demostración aristocrática de valor e o seu afán de superación.
c) Por que gañaban moito diñeiro nos premios.
-Cales eran os premios nunha olimpíada:
XIII-O XIMNASIO E A VIDA DOS ATLETAS.
- En cada cidade estado grego non podía faltar un ximnasio, por qué se chama así:
- Para qué se empregaba o aceite por parte dos atletas.
XIV- OS OUTROS XOGOS PANHELÉNICOS.
- Qué significa “panhelénicos”
- Cales eran os outros xogos e a qué deus se dedicaban:
Nemeos: Poseidón
Pitios: Heracles, fillo de Zeus
Istmicos: Apolo

XV- DECADENCIA DOS XOGOS
- Cal cres ti que poden ser dúas causas da decadencia dos xogos:
a)Perdida do espíritu olímpico ao ir profesionalizándose máis os atletas
b) Pola presión dos emperadores cristianiáns que fan destruir o templo de Zeus
c)Porque os turcos roubaron a estatua de Zeus Olímpico.
Categoría: 4º A 07/08 - Publicado o 30-09-2008 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
OS FRONTÓNS DO TEMPLO DE ZEUS ( CENTAUROS)
Centauros

Orixes.
Ixion era un mal tipo que non escarmentou dos seus primeiros erros. Este home era o rei dos Lapitas e, para evitar ter que regalarlle ao seu sogro Deioneo os tesouros que lle prometera a cambio da man da súa filla, Día, non se lle ocorreu outra cousa que botar ao pobre home dentro dunha fosa chea de carbóns ardentes. Como castigo por semellante crime os deuses volvérono tolo, pero Zeus apiadouse del e perdoouno.
Os centauros naceron grazas aos celos de Zeus. Quería comprobar se Ixión tería a ousadía de deitarse coa súa esposa, Hera; así que preparoulle unha pequena trampa dándolle a forma de Hera a unha nube. Ixión deitouse con esta nube, que se chamaba Néfele, e daquela unión, segundo algúns, naceron os centauros. Outros, por contra, sosteñen que quen naceu foi un tal Centauro, que ao unirse cunhas eguas converteuse en pai dos centauros propiamente ditos.
Foi a última das súas equivocacións, pois Zeus, encolerizado, castigouno ao máis xenuíno estilo dos gregos: Hermes atoulle con serpes a unha roda de lume e arroxouno ao inferno (o Tártaro), onde permanece rodando entre dores e chamas por toda a eternidade.
Que son os centauros?
Son uns seres metade home e metade cabalo que viven na natureza agreste; aliméntanse de carne crúa e cazan ás súas presas armados de paus e pedras. Os seus costumes adoitan ser brutais, sobre todo en relación coas mulleres e cando están baixo os efectos do viño.

Feminino:
As centáurides (feminino de centauro) non teñen tradición literaria. Son unha invención do pintor Zeuxis (século V a. C.), a quen seguiron certo número de artistas, especialmente en Pompeia.

Centauros Vs. Lapitas
Entre as diversas pelexas dos centauros destaca a loita que tiveron contra os Lapitas. Este pobo de Tesalia estaba gobernado por Pirítoo, fillo de Ixión, e, polo tanto, parente dous centauros. Así que non lle quedou máis remedio que convidalos a súa voda, a que por fortuna tamén acudiu o seu amigo Teseo, un gran heroe ateniense que entre outras fazañas derrotara ao Minotauro.
Nas vodas de Pirítoo e a bela Hipodamia emborracháronse e tentaron violar a noiva e as mulleres que asistiran a cerimonia. Os lapitas conseguiron vencerlles nun terrible combate e expulsáronos de Tesalia. Os cuadrúpedos que sobreviviron a pelexa refuxiáronse nas montañas, no máis profundo dos bosques. Pero a súa incapacidade para beber viño íalles a volver custar moi caro.
Foi absolutamente decisiva a participación de Teseo, quen coa súa forza e destreza logrou que os lápitas fosen superiores aos centauros e os fixeran fuxir.A batalla dos centauros e os Lapitas é un motivo frecuentemente representado nos templos e simboliza o triunfo da civilización sobre a barbarie.

-Historias dalgúns centauros-

Centauro Neso
O centauro Neso intentou violar a Deianira, esposa de Heracles, quen perseguiu ao ofensor e conseguiu atravesarlle cunha frecha. Antes de expirar, Neso convenceu a crédula nova de que recollese o seu sangue e servísese dela como filtro de amor. Deianira, convencida de que así conservaría para sempre o amor do seu esposo, ofreceulle unha túnica que tinguira co sangue do centauro. Cando Heracles a puxo, esta pegouse ao seu corpo producíndolle atroces queimaduras que levaron ao heroe ao suicidio.


Historia de Ceneo
Moi relacionada cos centauros está a historia do singular Ceneo, que como Tiresias probou que sentía sendo home e muller. Ceneo era filla do lapita Elato e dunha muller chamada Cenite. Un día, Poseidón deitouse con ela e como agasallo Ceneo pediulle ser transformada nun home invulnerable. Segundo conta Apolodoro, durante a batalla entre lapitas e centauros, os cuadrúpedos, vendo que non podían ferirlle coas súas armas, golpeáronlle con árbores arrincadas até enterrarlle vivo. E como era invulnerable pero si que necesitaba respirar, o pobre Ceneo morreu.

Folo e Quirón
Hai dous centauros ,Quirón e Folo, que non gardan relación co resto da súa especie, polo menos en canto a carácter e benevolencia. Folo era fillo de Sileno, unha especie de sátiro tan bébedo como feo, e unha ninfa; mentres que Quirón era fillo dos todopoderoso Cronos, pai de Zeus, e de Filiria. Ambos ilustran o polo positivo destes seres míticos caracterizados pola súa ambigüidade, que asocian unha parte de animalidad, por tanto de natureza, e outra de humanidade, é dicir, de cultura.

Quirón, o máis amable e sabio dos centauros, debíalle o seu híbrida natureza á forma de cabalo que adoptara o seu pai para cortexar a Filira, filla de Océano. Nado inmortal, vivía nunha cova do monte Pelión, en Tesalia, e era moi atento e xeneroso cos humanos, sobre todo con Peleo, pai de Aquiles, o gran heroe dos aqueos durante a guerra de Troia.
De feito, Peleo tiña boas razóns para estarlle moi agradecido a Quirón, ao que lle debía a vida. Unha noite quedouse durmido no medio do monte Pelión e, por unha serie de razóns, un tal Acasto roubáralle as armas. Cando espertou atopouse no medio dunha manda de enfurecidos centauros que pretendían matalo. Pero por fortuna entre as malas bestas estaba Quirón, que lle devolveu as súas armas e con elas disuadiu aos cuadrúpedos de emprender ataque algún.
Pero, ademais, Peleo tamén lle debía o amor a Quirón; pois foi el quen lle explicou como podía conseguir capturar á deusa mariña Tetis. Dos fillos tidos naquel matrimonio tan só conseguiu sobrevivir Aquiles, que foi instruído polo sabio Quirón nos seus doctas artes, que incluían a música, a caza, a guerra, o medicamento e a ética.
Quirón debía de ser moi atento cos nenos, pois tamén lle foron encomendadas a educación de Jasón e Asclepio (Esculapio), entre outros, pero este bo centauro, do mesmo xeito que o amable Folo ían atopar a morte a mans do prepotente Heracles, o heroe máis fero de toda a antigüidade.



A fin dos centauros
Andaba Heracles (Hércules) buscando ao xabaril Erimanto para cumprir a cuarta tarefa que lle encomendaron, cando se atopou con Folo. Véndoo famento, o centauro convidoulle a comer na súa caverna. Tivo mesmo o detalle de cociñar as viandas que lle ofreceu aínda que era costume entre os centauros comer a carne crúa. Ao pouco de empezar a comer, Heracles pediulle viño para saciar a sua gran sede pero Folo tan só tiña unha amboa que lles deu tempo atrás Dionisio e que pertencía a toda a manda de centauros. A amboa estaba intacta pois o deus do viño dixéralles que non a abrisen ata que Heracles fose o seu hóspede.
-Bo, pois aquí estou, -dixo o poderoso heroe. Así que o podemos abrir sen medo.
Así se calou que nos aforramos os horribles acontecementos que provocou a súa sede. Foi abrir a amboa e todos os centauros que vivían na montaña tentaron entrar toleados na caverna atraídos polo cheiro a viño. ían armados con rocas e abetos que arrincaran de raíz e a súa nai Néfele axudáballes enviando feroces tormentas, pero Heracles levaba o seu arco e unhas frechas en cuxa punta había untado un veleno letal.
Tras as primeiras baixas, os centauros fuxiron até o cabo Maleo, onde vivía Quirón, mentres Heracles perseguíaos lanzando frechas, unha das cales feriu ao bo de Quirón que caeu ao chan entre inenarrables dores. Heracles tentou curarlle pero non había remedio capaz de paliar o seu enorme sufrimento e, como Quirón era inmortal, nin sequera podía atopar alivio na morte. Por sorte, Prometeo apiadouse del e pediulle a Zeus que cambiase a súa condición de mortal pola inmortalidade de Quirón, que por fin puido expirar en paz.
A todo isto, Folo quedouse atrasado enterrando aos centauros que ía matando Heracles e, mentres examinaba unha frecha preguntándose que as facía tan poderosas, picouse por descoido coa súa envelenada punta nunha zampa. Morreu ao instante e Heracles enterroulle con todas as honras no monte Fóloe, chamado así na súa memoria.
Mentres Heracles enterraba a Folo, o resto dos centauros aproveitou para saír pitando antes de que o centauricida volvese a por eles. Éurito escapou ao monte Fóloe; Neso ao río Eveno; outros se despistaron, achegáronse a Sicilia e as sirenas terminaron con eles; e outros poucos foron acollidos por Poseidón, que os escondeu en Eleusis baixo un monte.




Un dos dous frontóns do templo de Zeus en Olimpia representaba a loita entre lapitas e centauros na voda de Pirítoo.

Salomé Cerviño

Categoría: OLIMPÍADAS - Publicado o 22-06-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
O PENTATLÓN
O pentatlón: As probas ximnásticas.
O pentatlón é unha proba quíntuple: salto longo, disco, xavelina, carreiras de velocidade e loita. Nel reuníanse os exercicios máis exquisitos da ximnasia helena. Para os gregos, era o que formaba os homes máis fermosos, sen músculos demasiado crecidos, de pés veloces e recia figura. A súa práctica era considerada a máis favorable para a saúde.
A primeira proba era o salto longo ou ``halma´´.Era máis apreciado polos gregos có salto de altura; practicábase con pesas de pedra ou chumbo, de ata 5 kg. Portábanas nas dúas mans, balanceándoas para coller pulo e arroxalas cara adiante ó aterrar. A continuación viña o lanzamento de disco (diskos), unha peza de pedra ou bronce, que alcanzaba os 4 kg de peso. Nos museos consérvanse uns vinte discos antigos cun por medio de 2`5 kg.(de bronce no Museo de Berlín e no Museo Británico de Londres).
A xavelina (akontion) tiña unha lonxitude igual ó corpo do atleta e era moi lixeira; unha correa (de 30 a 45 cm.) servía para axudar ó impulso.A distancia media alcanzada roldaba os 100 m. Os gregos tiñan varias ocasións para practicar este lanzamento: na guerra, na caza, na palestra.


Carla Lavandeira Pintos.
Categoría: OLIMPÍADAS - Publicado o 22-06-2008 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
Celebradas as II OLIMPÍADAS CLÁSICAS NO SAN NARCISO
Onte cultura e deporte volvéronse a dar a man no San Narciso par celebrar as II Olimpíadas Clásicas no noso centro. A todos so que participastes, a todos porque unha gran parte de vós botou o resto para que iso fose unha celebración participativa e coa idea de que o esforzo dá sempre resultados ("luctor et emergo") e que o importante é o proceso. Volveremos a Olimpia dentro de catro anos, volveremos a rememorar o espírito e os valores olímpicos.

Realizaremos axiña unha boa reportaxe. Grazas a todos pola vosa aportación.
as olimpíadas na prensa: faro de vigo
voz de galicia
Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2008 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal