A mitoloxía resulta un dos recursos máis destacados da poesía deste autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.
Son moitos os poemas que conteñen elementos moi relevantes directamente dependentes do mito. Hai libros de Carvalho Calero que se dividen en apartados que levan títulos mitolóxicos como Excalibur, Venusberg e Avalón.
Sabedes que un dos procedementos líricos de todos os tempos dende a Antigüidade Clásica era a recreación tomando como base o mito, pois do mesmo xeito obra o poeta culturalista. O culturalismo é unha corrente que viaxa á mitoloxía con frecuencia para expresar os seus sentimentos pola boca de deuses, deusas, de heroes ou heroinas da mitoloxía grecolatina ou céltica, tamén doutras latitudes e procura ambientación acorde.
Imos poñer un par de exemplos distintos desta poesía culturalista que define a Don Ricardo:
Helena regresa a Esparta
Estes son os pórticos, estas as areas.
Ergue-se a neve ali coroando os penedos.
Aquí esbaran os cisnes entre os vimbios.
Beleza vencedora, acollen-me os lugares
como se non tornase profanada
por beixos estrangeiros.
A gorja do tempo engolirá Troia
e os dez anos adúlteros. Purificada
polo esquecimento, me non pesa o corazón.
As bágoas de Hécuba, a lanza de Héitor,
o trono de Príamo, o leito de Páris
fundirán-se na noite da morte. Segura,
calco con pe de marbre o pazo natal.
Do libro Salterio de Fingoi (1961)
UN CABELO DE ANJO pendurado do ceo,
se non é a espada de Damocles
é adival para o espírito,
ximio equilibrista,
que, nel agareado,
pode arrandear sobre a terra
e crer que é a araña dun fío
tirado do seu propio miolo,
cordón umbilical que o vencella
o seu niño que está no azul.
Mais non sabemos
qué é o norte, qué é o sul,
o cenit e o nadir,
a vida e a morte,
a terra e o ceo,
cál é o metro que leva ao paraíso
e qué aeronave nos conduz ao inferno.
Do libro POEMAS PENDURADOS DUN CABELO 1952
A fórmula máis complexa á hora de usar a mitoloxía é usando referencias culturais doutras literaturas que teñan como tema recorrente o mito, como ocorre por exemplo neste poema de Don Ricardo, onde evoca a obra dun poeta francés parnasiano, Loüys que escribiu unha obra titulada Afrodita situada en Alexandría, que emerxe entre os versos co nome de Anadiomena (a que nace do mar).a demais de Demetrio e Khrisis
?Ainda que vivin pouco,muito sonhei.
Já nom me pode dar a vida nada mais.
Como na Alexandria que Loüys
da mao de Anadiomena percurreu,
Demétrio em sonhos possuiu a Khrisis,
e desperto nom quijo possuíla,
Assim eu renuncio sen saudade nen dor
a viver mais, pois já todo o sonhei?"
ACTIVIDADES:
Ao rematar a lectura:
1- Explica coas túas palabras que relatos mitolóxicos utiliza Carvalho Calero nos dous poemas con título.
2- Escolle unha imaxe para ilustrar cada un destes
tres poemas e colócalas no Diario de Cultura.