VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os deuses e os seus atributos: Zeus
Na mitoloxía grega antigo Zeús) é o «pai dos deuses e os homes», que gobernaba os deuses do monte Olimpo como un pai a unha familia, de forma que mesmo os que non eran os seus fillos naturais se dirixían a el como tal.Era o Rei dos Deuses que supervisaba o universo.Era o deus do ceo e o trono. Os seus atributos inclúen o raio, a aguia, o touro e o carballo. Ademais da súa herdanza indoeuropea, o clásico Zeus «recolector de nubes» tamén obtivo certos trazos iconográficos de culturas do antigo Oriente Próximo, como o cetro. Zeus foi representado frecuentemente polos artistas gregos en dúas poses: de pé, avanzando cun raio levantado na súa man dereita, e sentado maxestosamente.
Fillo de Crono e Rea, era o máis novo dos seus descendentes. Na maioría das tradicións aparece casado con Hera, aínda que no oráculo de Dódona a súa esposa era Dione, con quen segundo a Ilíada foi pai de Afrodita.Es coñecido polas súas numerosas aventuras e amantes, froito das cales foron moitas deidades e heroes, incluíndo Atenea, Apolo e Artemisa, Hermes, Perséfone, Dioniso, Perseo, Heracles, Helena, Minos e as Musas. Con Hera adoita dicirse que foi pai de Ares, Hebe e Hefesto.
Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 20-10-2010 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal