VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cómo empezar a ler mitoloxía: Hesíodo, A Teogonía.
A ÉPICA de HESÍODO (I):

A Épica é o primeiro xénero literario que recolle por escrito na antiga Grecia a rica tradición oral da mitoloxía.
Os aedos serán cantores de mitos que xa os reproducían de memoria en esencia cun formato literario. Cando pasou á escrita convertéronse en literatura de verdade.
Un dos primeiros autores da épica grega será Hesíodo que vai procurar unha compilación de mitos sobre a Cosmogonía que el vai titular a Teogonía.

Tomaremos prestados de todos os xeitos uns textos de Ovidio no seu magnífico libro: "As Metamorfoses" para presentar a CAOS:

"Ante mare et terras et,quod tegit omnia, caelum
unus erat toto naturae uultusin orbe,
quem dixere Chaos,..."
I, 5-7

Para seguir o relato podedes agora ler parte do texto da Teogonía, en concreto os capítulos denominados " Cosmogonía" e "os Fillos de Xea e Urano" ata "o nacemento de Afrodita".

Tras da segunda xeración de deuses nacidos de Xea e Urano, virá unha terceira liderada por Zeus. De novo usaremos dous versos de Ovidio para darlle paso. (Lembrade que en Roma Zeus era Xúpiter e Cronos chamábase Saturno):

"Postquam Saturno tenebrosa in Tartara misso
sub Iove mundus erat,..."

Metamorfoses I, 113-114

Agora podes ver esta versión curiosa en formato de documental*:

*Nota: Aconsellamos polo de agora ver só a primeira parte deste documental, esperar un pouco para ver as demais.





Comentarios (0) - Categoría: 4º 2010-2011 - Publicado o 05-10-2010 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal