VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FESTA DO GENIUS NATALIS
Traducimos ao latín de andar por casa en primeiro lugar a popular cantiga de aniversario :

Natalis felix, natalis felix,
desideramus tibi omnes,
natalis felix.


Para os que canten a versión lusófona da cantiga (a música é a mesma) poden usar estoutra:

Felicitates tibi "parabens para ti"
in hac die cara. "nesta data querida"
Multas felicitates, "moitas felicidades"
multos annos vitae "moitos anos de vida"

Hodie dies festum est, " Hoxe é día de festa"
nostrae animae canant "cantan as nosa almas"
ad puellula / ad puerulum "para a meniña ou meniño
.......... (dise o nome d@ que cumpre anos)
unham copiosam palmam! "unha salva de palmas"

(Plaudite) (aplaudide!)



A continuación traducimos tamén este artigo ao galego tirado da páxina Hortus Hesperidum, para coñecer algo máis sobre as festas do Genius Natalis.

CUESTIÓN: Debes investigar que son todas conceptos que están en negriña no texto que segue:

O dies natalis é o día no que un naceu, é o aniversario. Considárabase xa entre os romanos o día contando desde a medianoite ata a seguinte medianoite, así deixou escrito Varrón citado en Aulo Gelio III, cap 2:

No seu libro sobre as cousas humanas no apartado dos días, Marco Varrón di: “dise que os homes que naceron nas vintecatro horas, dende unha medianoite ata a próxima medianoite, naceron nese mesmo día.

Celebrábanse con festas privadas (vid. Festo, sub voce privatae feriae) os aniversarios do nacemento sobre todo o do chamado pater familias. Estes días considerados como felices, favorables, propicios ' (dies candidus),Tibulo I, VII, 63:

Pero ti, día do aniversario, que debes ser celebrado moitos anos
máis propicio, unha e outra vez máis propicio, vén


As festas consistían en festíns, e ofrendas de viño, flores, incenso, leite,...aos lares, ao Genius Natalis do home e a Iuno Natalis da mujer. Tíbulo en Carmina II, 2 narra así a ofrenda ao Genius e a solicitude do que cumpre anos:

Digamos palabras de bo augurio: achégase o Aniversario ao seus altares,
Todo o que asista, home e muller, garde silencio
Que se queime piadoso incenso nas lareiras, que se queimen os perfumes
que dende a súa rica terra envía o refinado árabe.
Que veña o Xenio mesmo a contemplar as súas honras,
cuxa sagrada cabeleira engalanen delicadas grilandas.
As súas vidallas zumeguen de nardo puro
e quede saciado co seu manxar e embébase de viño,
e, che propicie, Cornuto, calquera cousa que pedises.
Ea, pois ¿a que esperas? Que si di el: pídelle.
Intúoo, desexarás o fiel amor da túa esposa:
agora creo que isto os mesmos deuses o saben de previamente,
e non preferirías para ti todo o que no mundo enteiro
ara o robusto labrador co seu forte boi,
nin para ti é a variedade de perlas que nas Indias felices
se crían, por onde a onda do mar oriental faise de púrpura.
Os teus desexos cúmprense: oxalá batendo as súas ás voe xunto a ti
e traia as súas cadeas para vosa unión Amor,
cadeas, que perduren por sempre, incluso cando a torpe vellez
marque as súas enrugas e branquexe os cabelos.
Veñas aquí Natalis e xa avós lles deas netos
para que unha grea infantil xogue ante os vosos pes.


Os cidadáns romanos levaban vestidos novos de cor branca e poñíanse o annulus natalitius, o anel do nacemento. Persio Sat I, v 15:

Así é, repeiteado e con toga recente e brillante, en fin coa natalicia ágata, ...


Tamén se chamaba así o anel regalado ao patrón polos clientes ou amigos polo seu aniversario, que nas comedias de Plauto soluciona algúns enredos ao permitir o recoñecemento de personaxes, como vemos en Gorgojo, V, 2,26:

Ther:Por Xúpiter! É o que che regalei polo teu aniversario. Coñézoo tan ben coma min mesmo. Ola irmá!
Plan: Ola meu irmán!


Podemos asistir os preparativos da festa en Plauto Pseudolus. Acto I, escena II. Balión ordena aos escravos arranxar a casa para que reluza, que dispoñan os leitos e fagan brillar a prata, que todo estea limpo e perfumado...

pois hoxe é o día do meu aniversario e todos debedes festexalo. Xamón, lacón, touciño, chourizo, pon ti a cocer. Escoitáchesme? Quero agasallar opiparamente a uns grandes personaxes, para que crean que son rico.
Despois da ordes tamén ás súas cortesás
que sobre a miña casa caia unha chuvia de agasallo procedentes dos vosos amantes tedes que procurar. Pois se hoxe a despensa de provisións para un ano non queda chea, mañá os convertereinas en mulleres da rúa. Que hoxe é o día do meu aniversario.


Era habitual que os amigos se fixesen agasallos, como aneis, pendentes, vestidos, dedicánranse libros, poemas, etc... Mesmo había quen para recibir regalos simulaban cumprilos varias veces, así lemos en Marcial:

Para pedir un regalo e esixilo, Clito, naces oito veces nun só ano e creo que só consideras que non son o teu aniversario tres ou catro calendas.

Como vemos os costumes mantense nos nosos días, fanse festas con familiares e amigos, estréase roupa, recébense regalos, pídense desexos , pero... e a torta de aniversario? Quizá estea relacionada cos pasteis redondos rodeados de velas que se ofrecían á deusa Ártemis Munychia no porto de Atenas, o Pireo o 16 do mes de Munychion, aniversario da batalla de Salamina, porque nesa noite a lúa chea iluminou completamente o mar.

Mediante festas públicas celebrábanse os aniversarios da fundación dos templos, da fundación de Roma, dos emperadores. O calendario de Philocalo recolle o aniversario de dezaoito emperadores: Augusto, Vespasiano, Tito, Nerva, Traxano...
Comentarios (0) - Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 17-04-2010 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal