VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A nosa visita a Lugo abre outra etapa na aula
A visita a Lugo sitúanos no Camiño da descuberta da Cultura Castrexa e do mundo Galaico-romano consecuencia dun proceso denominado ROmanización e que para este territorio peninsular supuxo a entrada na Historia a partir do contacto con Roma que comeza oficialmente no 137 a.C. cos derrota dos Galaicos (unha tribo procedente do esteiro do Miño) que loitaba xunto cos Lusitanos contra o invasor romano). galicia aínda non era Galicia nin en extensión territorial nin no nome. Como se chamaba Galicia daquela? A Ora Marítima, unha fonte do século V d.C. di que se chamaba Ofiusa e que os seus habitantes eran entre outros os Oestrimnios os cales non tardarían en ser invadidos polos Saefes ( ou o que moitos pensan que eran as tribos indoeuropeas portadoras de útiles propios da metarurxía do Ferro e procedentes de centroeuropa) estariamos falando do século VI-V a.C. cando comeza segundo aos arqueólogos a Cultura dos Castros que perdurará 1000 anos, ata o século V d. C. como fórmula máis estendida entre os habitantes do Noroeste penínsular. Que debemos saber sobre a cultura castrexa:
1-Orixe da cultura dos castros(procedencia)
2-Definición: ( do castro ou do castrexo, tipos...)
3-Territorio onde está presente a cultura castrexa.
4- Duración ou etapas polas que pasa a través do tempo.
5- Principais transformacións froito da Romanización.
6- A sociedade nos castros ( economía, vida cotiá...)
7- A relixión castrexa
8- Arqueoloxía ou achádegos ( pétreos, cerámicos e metálicos...)
9- Mitos populares acerca dos castros.

A este apartado sería interesante engadirlle un anexo sobre tres fitos que andan dacabalo entre a lenda e a historia relativos á conquista romana do territorio de Gallaecia. A primeira, a protagonizada por Décimo Xuno Bruto,denominado o galaico, sería a vitoria sobre 60000 galaicos que axudaban aos lusitanos nas súas loitas contra os romanos, que ten unha segunda parte ao cruzar o río Limia, identificado polos seus soldados como o temible río do Esquecemento, aló polo ano 137 a.C. Logo debemos lembrar a incursión de Xulio César no ano 61 a.C. para chegar a ver o solpor en territorio Ártabro, no Fin da Terra, e a terceira das anécdotas pseudohistóricas sería a que ten lugar no final das guerras de Augusto contra galaicos, cántabros e ástures no ano 14 a. C. cando rodean aos últimos bastións do exército destas tribos no Monte Medulio e considerados vencidos, os indíxenas deciden morrer matándose eles mesmos con espadas,lume e veleno de teixo que entregarse a Roma.

Podes consultar neste mesmo blog a categoría (ver á man esquerda) CULTURA CASTREXA.
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 10-03-2010 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal