|
|
|
As orixes de Agamenón, rei de reis.(cap. 1,2,3,4 e 5) |
|
Datos de interese tirados do libriño de consulta "Agamenón e a Guerra de Troia"
Agamenón é da familia dos Átridas, unha linaxe cargada de desgrazas que auguran tamén a súa propia fin.
Todo comeza con Tántalo, pai de Pélope, un personaxe este último, que xa coñecimos sendo adulto, como pretendente e esposo de Hipodamía, fundadores dos Xogos de Olimpia e dando nome ao Peloponeso, pero é agora o seu pai Tántalo o que nos interesa, debemos procurar 1ºcal é o castigo eterno que recibirá e cal é o motivo de dito castigo.
existen diversas representacións plásticas do castigo de Tántalo 2º procura pois unha destas representacións plásticas do seu castigo.
Logo debemos saber algo importante sobre Atreo e Tiestes, fillos de Pélope. 3ºCal será o herdeiro do trono de Micenas, a cidade rica en ouro? Quen son os seus fillos? Por outro lado, 4º cal é a razón pola que Agamenón e Menelao, seu irmán, aparecen en Esparta na corte do rei Tindáreo, pai de Clitemnestra e de Helena?
e por último, 5º unha cuestión sobre o astuto Ulises, como vai conseguir casar con Penélope? |
|
|
|
|