VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Listaxe de traballos interdisciplinares.
A continuación colocamos a listaxe de traballos para realizar complementando os coñecementos teóricos e prácticos das materias de Cultura Clásica , Plástica e Visual e Informática. Trátase de integrar o aprendido nuha montaxe en Powerpoint (imaxes, textos e sons)nun traballo de equipo:
1- O espírito olímpico e a arte(Irene e Dani.
2- O espido en Grecia (Jéssica e Sabrina).
3-Do Caos ao Cosmos(Manuel).
4-De Xea a Afrodita, evolución da deusa da prehistoria á da historia (Luis Andrés e Borja)
5-As Venus neolíticas (José M. e Hageo).
6-Creta e a deusa( Sara e Andrea).
7-As Afroditas gregas das épocas arcaica,clásica, helenística e grecoromana (Noelia e Tamara).
8-Da Afrodita clásica ás modernas creacións de Venus(Jaime e Sara S.)
9-Deusa da fecundidade ou deusa da beleza? (Dante e Jesús).
10- Creta, visita a súa civilización (Ricardo e Cristian).
11-O Minotauro, o mito (Marcos e Rodrigo).
12- O Minotauro na arte e na literatura (María e Aarón).

CONTIDOS DOS TRABALLOS INTERDISCIPLINARES para 4º ESO HUMANIDADES

1º trimestre:
EN CULTURA ClÁSICA
-Tras traballar o Espírito das Olimpíadas, o espido dende a arte grega e as Venus.
-Tras traballar a Cosmogonía de Hesíodo.
-Tras traballar as primeiras etapas da Grecia Antiga. Especialmente Creta ou a civilización minoica e o famoso mito do Minotauro.
EN PLÁSTICA VISUAL
-A introducción á linguaxe artística e cinematográfica.
-A forma humana na escultura grega.
-O minotauro de Picasso.
-As venus na arte.

Traballar por grupos (de dúas persoas) os seguintes traballos creados en PowerPoint, seguindo as pautas de traballo aprendidas EN INFORMÁTICA:

1-O espírito olímpico e a arte / escultura grega arcaica e clásica (Mirón, Fidias e Polícleto).
2-O espido en Grecia / Praxíteles e Lisipo.
3-Do CAOS ao Cosmos de ZEUS/ e as súas representacións artísticas.
4-De Xea a Afrodita, evolución da deusa da prehistoria á historia / da V.de Willendorf á de Samotracia.
5-As Venus neolíticas / Willendorf e Lespugne.
6-As deusas brancas das civilizacións mediterráneas / A muller mediterránea.
7-Creta e a deusa / o poder da venus e da feminidade.
8-As Afroditas gregas ( época arcaica, clásica e helenística/ grecoromana) /características e significado.
9-Da Venus clásica ás modernas creacións / a evolución das venus na pintura.
10-Deusa da fecundidade ou Deusa da beleza / terra fértil: prosperidade e maternidade, amor carnal: sensualidade e erotismo.
11-Creta visita a súa civilización / arte cretense.
12-O Minotauro, o mito / os labirintos e o seu significado.
13 -O Minotauro na arte e na literatura (Borges) / distintas representacións do Minotauro nas artes plásticas.

Presta especial atención a:
• Rigurosidade nos datos (nomes, lugares, datas...)
• Simboloxía da cor, da tipografía, das formas...
• Claridade nas ideas e ben estruturadas.
• Audio.

Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 21-11-2009 08:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal