VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROMETEO E PANDORA ( e III)
Aparecerá agora Pandora,que din que foi a primeira muller mortal. Lembra a súa creación deseñada como un castigo para os mortais. Ineludiblemente debes reflexionar sobre o contido deste mito despois de encher os textos que faltan nas viñetas. Pero non deixes de facerche estas preguntas:
1-Que significa o nome de Pandora? que ten que ver isto coa súa creación e nacemento?
Como se chamaba o irmán de Prometeo que casará con Pandora? porque sabes que era un pouco "curto" de mente?
2-Este mito é un mito Mediterráneo, noutras narracións tamén se percibe un espírito claramente machista ao facer aparecer a muller como un castigo. Lembras algún outro relato semellante?
3- Debes realizar ti os debuxos e os textos da IV e derradeira folla deste cómic.
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 21-11-2009 07:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal