VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROMETEO en Cómic (I)
Debes saber facer túa a historia de Prometeo a partir da creación dos primeiros mortais. Vai colocando o texto en cada viñeta. Fíxate que nunha das primeiras viñetas hai varios deuses, pero unha delas cun escudo é importante que a relaciones coa mesma creación dos mortais.Lembra o narrado na clase e responde:

1-Como se chama esa deusa en grego e en latín?
2-De quen vén sendo filla esa deusa, é dicir, o seu pai e a súa nai quen eran?
3-Din que Prometeu interveu no seu nacemento, como naceu?
4-Terá que ver esta deusa en algo coa creación dos mortais e que lles ensine Prometeo o alfabeto, como podes ver noutra das viñetas do cómic? Razóa a resposta.

Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 21-11-2009 07:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal