VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Prometeo
Das Idades do Home ao mito de Prometeo vai ben pouco, estamos dándolle voltas á aparición dos mortais na superficie da Terra. Aquí tedes un texto de Hesíodo sobre Prometeo na súa obra " Os traballos e os días". Pero esperamos que sexades capaces de crear o voso propio texto a partir dun cómic.

Sobre a nosa condición de mortais Sófocles, un autor grego, na súa maxistral obra Antígona deixou dito: "Non hai nada máis misterioso que o home... tan só á morte non lle atopou solución". Por outra banda, Ovidio, o latino, narraba así o acontecemento:

Sanctius his animal mentisque capacius altae
deerat adhuc et quod dominari in cetera posit:
Natus homo est.
OVIDIO Metamorphoses, I 76-78

Un ser/animal máis nobre e dotado de mente sublime,
aínda faltaba, e que puidese ser dono dos restantes:
naceu o home.


Quam satus Iapeto, mixtam pluvialibus undis,
Finxit in effigiem moderantum cuncta deorum,
Pronaque cum spectent animalia cetera terram,
Os homini sublime dedit caelumque videre
Iussit et erectos ad sidera tollere vultus…
Tellus induit ignotas hominum conversa figuras.
OVIDIO Metamorphoses, I 82-88

Coa terra amasada en auga de chuvia o fillo de Xápeto
crea figuras co molde dos deuses que todo o controlan.
Se ben os demais animais ollan á terra inclinados,
fíxolle ao home un rostro altivo e dispuxo que ao ceo altivo mirase
e cara ás estrelas alzase ergueita a cabeza…
Así a Terra remodelada vestiuse de imaxes estrañas de homes.


Pero a relación de Prometeo cos mortais non remata aquí, imos ver porque lle chaman o amigo dos homes.
Categoría: 4º eso 09/10 - Publicado o 17-11-2009 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal