VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O SUPERESTRATO ÁRABE (Jessica)
SUPERESTRATO ÁRABE:
A min tocoume falar do superestrato árabe, polo que tiven que elixir unha palabra diferente entre Marín e Bierzo polo que escollín o porco bravo, pero antes teño que falar do superestrato.
No ano 711 os árabes entran na nosa península polo sur chegando ata as mesetas centrais axiña e realizando mesmo incursións polo norte peninsular. O seu caudillo Muza apodérase de Lugo no 714 e doutros lugares durante o reinado de Afonso I. Os árabes permanecen uns 40 anos en Galiza, até que son expulsados por Alfonso I. O seu sucesor, o rei Fruela I (757-768) repoboa Galiza até o Miño con mozárabes e tivo que facer fronte a unha rebelión dos galegos. Os árabes chamaron Jalîkîya (Galiza) a todo o territorio norteño que non estaba baixo o seu dominio.
Galiza só padeceu unha serie de incursións de castigo por parte dos árabes de Al-Andalus. A máis sonada foi a que dirixiu Almanzor no ano 997, cando levou as campás da Catedral de Santia-go a Al-Andalus. Deste contacto cos árabes e a súa lingua, van quedar algunhas palabras na nosa lingua, moitas menos que en castelán, aínda que posteriormente por influencia deste tamén cheguen outras moitas ao galego. Vexamos algún exemplo de palabras de orixe ou superestrato árabe no galego:
O xabaril procede de < ár ğabalī, proba de que os arabismos son poucos é que exista tamén unha denominación de distinta orixe para esta especie.
En galego tamén se lle chama ao xabarín, porco bravo, especialmnete nas zonas da Galicia costeira.
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal