VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O SUPERESTRATO: A herdanza dos Suevos e Godos (Diego)
En lingüística denomínase superestrato ao conxunto de características léxicas, fonéticas e gramaticais deixadas nunha lingua por outra invasora. En contraposición, denomínase substrato ás características deixadas pola invadida na invasora.
En resumo, é o conxunto de características linguísticas deixadas por unha lingua invasora.
Así, por exemplo, pódense considerar como superestrato do galego as palabras e estruturas incorporadas ao dialecto romance das distintas tribos xermanas e o árabe tralas súas respectivas conquistas da península Ibérica.






Os Suevos:
Son xermanos occidentais que chegan a Galiza no 409, onde fundan o 1º reino occidental independente (con capital en Braga) tras a caída do Imperio Romano. O Reino Suevo durou até o 585, cando son vencidos polos visigodos, outro pobo xermánico. Os suevos chegados á Gallaecia non foron máis de 25 ou 30 mil. O seu escaso número e a súa débil formación cultural fixo que axiña adoptasen a lingua e a cultura dos galaico-romanos que era o latín.

Os Visigodos:
Son xermanos orientais orixinarios de Dinamarca e Suecia. Asentáronse no S. V na península des- pois de residir en Lombardía e loitar xunto aos romanos na fronteira búlgara. Despois de vencer aos suevos no 585, o seu reino (con capital en Toledo) rematou coa invasión árabe (711). Pero, máis que polo que nos deixaron, a importancia lingüística dos xermanos radica en que causaron un importante declive cultural e debilitaron as comunicacións entre os distintos reinos do que fora o Imperio Romano. Por isto, o latín de Hispania ficou abandonado ás súas propias tendencias, e, polo tanto, en situación de come- zar unha evolución autónoma a respecto dos demais lugares latinizados de Europa.
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal