VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A orixe do
Neste apartado traballamos sobre a evolución do "ñ", unha curiosa letra que como poderemos comprobar non se representa así en todos os alfabetos, se non que se representa con equivalencias.



A letra “ñ” provén dunha abreviatura do latín.
Cando se tiñan que escribir dúas enes, coma nas palabras anno e Hispana, empezouse a montar a segunda N sobre a primeira para aforrar espazo e co tempo derivou nunha simple virguliña que é un signo ortográfico a modo de til. Co cal as palabras herdaron co tempo este signo e se escriben con el, como España.
Naqueles tempos era importante aforrar tempo, espazo, tinta e papel, e era un costume realizar estas abreviaturas ao final das palabras, que significaba a desinencia “orum” ou “eorum”.
A letra “ñ” foi tomada do castelán nos seguintes idiomas, como parte do seu alfabeto:
• Aragonés.
• Asturiano.
• Aymara.
• Bretón.
• Bubi.
• Chamorro.
• Galego.
• Guaraní.
• Mapudungun.
• Mixteco.
• Quechua.
• Tagalo.
• Zapoteco.
• Euskera.
*O inglés admite o “ñ” en préstamos do castelán como cañón, piñata, etc.

Evolución da nn ata a ñ.
1. Decimoséptima letra do alfabeto que non existe na orde latina internacional. O seu nome en galego como todas as letras é masculino ao contrario do nome en feminino do castelán: o eñe, o seu plural é eñes.
2. Con esta letra represéntase na escritura o son consonántico nasal palatal /ñ/.
3. Esta letra nace da necesidade de representar un novo son, inexistente en latín. Determinados grupos consonánticos como gn, nn ou ni evolucionaron nas linguas derivadas do latín cara un son nasal palatal. Cada unha destas linguas adoptou unha grafía distinta para representar este son: gn en italiano e francés; ny en catalán, e nh en portugués. O castelán medieval escolleu o dígrafo nn, que se adoitaba representar abreviadamente mediante unha soa n cunha raia máis ou menos ondulada enriba. Esta raia ondulada chámase til.

Polo tanto, chegamos á conclusión de que a “ñ” é, efectivamente, unha NN. Se observamos ben o rabo, veremos que non é máis que unha n co trazo curvo. É dicir, graficamente a equivalencia é NH en galego, pero, non é unha ñ. Así “una” sería “unha”, pero non se lería “uña”, senón “un a”, isto equivalía a unha N escrita enriba doutra.

MIRIAM

Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal