VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O ESTRATO DO LATÍN , base da lingua ( Miriam)
ESTRATO.

Neste traballo veremos a evolución do latín, lingua da que deriva o castelán e o galego, e así poder ter o noso idioma actual. Polo tanto, traballaremos a evolución do latín ata dar lugar o noso idioma actual.

A palabra estrato provén do latín stratus (cuberta de cama).
En etimoloxía, o termo “Estratos Lingüísticos” refírese ó conxunto de linguas que se integraron para formar unha lingua nova. Outra palabra relacionada é substrato, na cal o sufixo sub (baixo) indica que un idioma está debaixo a outro, é dicir, que o cobre, oculta e o extingue.
En meteoroloxía, a palabra estrato refírese a unha cuberta de nubes sobre a terra. De aí a palabra estratosfera para a capa da atmosfera que cobre a troposfera.
A parte de capa, cuberto ou tecido, stratus indica lugar. De stratus vén o sufixo estre como: campestre (campus stratus), ecuestre (equus stratus), pedestre (pedis stratus), terrestre (terra stratus) e silvestre (silvestris stratus).
A palabra stratus vén do verbo sternere (pór no chan) de onde logo nacerá a palabra consternar (con- sternere, “botar á terra”, ou “aterrar” nos dous sentidos: abater e dar medo). Cando algo cae á terra a cobre, de aí capa, cuberta, tecido, etc.


ESTRATO LATINO.

É a lingua base que logo conformará a lingua galega. A latinización iniciouse coa chegada de exércitos de Décimo Xunio Bruto ( denominado precisamente por iso O Galaico) no 137 a. C. O primeiro pobo co que loitan os romanos son os Gallaici, e así chamaron a esta terra Gallaecia. Tamén Xulio César no 61 a. C. fixo unha expedición militar por vía marítima ata Brigantium, e o Emperador Octavio Augusto (29-19 a.C.) fixo operacións militares contra as tribos galaicas, ástures e cántabras que supuxeron a súa submisión a Roma.

Coa romanización comezou a asimilación do latín na Gallaecia (forma vulgar).
A distancia a Roma e o feito de que os romanos que viñeron a Galicia proviñan da Bética, obraron a favor de que o latín da Gallaecia fose tradicional e conservador (conserva o ditongo au que dará a forma ou).
Ademais, o latín da Gallaecia distínguese xa do falado noutras zonas peninsulares, cun léxico típico do noroeste e cunha pronuncia peculiar. Este latín galaico comezará a diferenciarse dialectalmente dos outros latíns peninsulares que serán a base do castelán, leonés e do catalán despois do século VI.


A LINGUA LATINA.

O indoeuropeo é a orixe do latín. Un dos numerosos troncos que saíron desta orixe foi o itálico, de onde saíu o latín, o osco (Sur de Italia) e o umbro (Norte de Italia).

*Latín Osco Umbro.
O Imperio Romano foi o que lle deu vida e expansión ao latín. Hai outras moitas linguas que influiron no que chamamos latín arcaico. Unha destas linguas foi o etrusco.

*Expansión:
Por onde pasaba o Imperio Romano se impoñía o latín.
En Hispania se impuxeron dúas zonas na expansión romana:
- Tarraconensis: o latín non era tan culto. Era o que traían os exércitos. Nesta zona concentrouse o populus, que eran os comerciantes, xente vulgar, etc. Este latín era máis receptivo ás influencias doutros pobos e linguas.
- Bética: o latín era máis culto, máis urbano. Nesta zona concentráronse os literatos, a xente culta, etc.


*Evolución das palabras.
o Léxico: se substitúen as palabras semellantes ao francés, ao inglés, etc.
o Arcaísmos: pocillum>pocillo
rostrum>rostro
capitium>capitia>cabeza
aptare>amarrar
cova>cova
cuius>cuxo
nec unum>ningún
o Conservación do pluscuamperfecto de indicativo.
o Innovacións: audire>oir
mulier>muller
comedere>comer
cras>maña
equa>egua
magis>máis
o/e>ue/ie>porta>porta/terra>terra
o Innovacións con respecto ao latín clásico: fabulari>falar
afflare>achar
formosus>fermoso
quarere>querer
o Innovacións na época latina: ere>ar
ere>er
ere>ir
a de OD (Amo a María)
o Neoloxismos léxicos na época imperial: formaceus>hormazo
capatare>catar
amarellus>amarelo

*Os cultismos son palabras que, o non ser utilizadas pola maioría, apenas sufriron transformacións, co que se preserva a forma latina ou grega primitiva. Algúns exemplos son:
collocare: colocar.
digitus: díxito/dígito.
femina: feminino/femenino.
frígidus: fríxido/frígido e frío.
clavis: clave (cultismo) e chave(palabra patrimonial: o cl evoluciona como ch en galego e como ll en castelán)/llave.

En conclusión, se non fose polo indoeuropeo o latín non houbera exisitido e polo tanto a nosa lingua tampouco.

Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal