VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que comían daquela? Noel
Vouche dicir unha cousa. Buscando palabras antigas pensei en vocablos do substrato celta que tivesen que ver co mar e con Marín, e digo eu, unhas das que máis tiñan que utilizar son as das comidas, e dixen: - por que non?- Vou buscalas e aquí as tes:

Centola: do céltico cintollos ‘o principal e grande’

ANIMAL Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, que presenta unha cuncha de cor vermella, rosa ou branca e un abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax, que se captura con nasas e arrastre.
Sinónimo: Araña

Rodaballo: do celta *rotoballos ‘de corpo redondo’

ANIMAL/ICT: Peixe da familia dos escoftálmidos, que presenta contorno case circular, os ollos no lado esquerdo, con formacións óseas dérmicas na parte superior, case sen pedúnculo caudal e de cor gris verdosa, terrosa ou amarelada, con manchas.

As palabras non evolucionaron moito.

Que che parece o meu traballo? Case me deixo unha costela buscando a etimoloxia da palabra centola.


Fandiño Santiago, Noel
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal