VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Da máis antiga toponimia aos apaelidos de hoxe (Leticia)
BOUZAS

É un apelido galego. O nome común bouza significa en galego, “terreo inculto, monte baixo”, na documentación medieval latina aparece como bauza:”terras, pumares, soutos, bouzas, pesqueiras”.
Outra interpretación asocia bouza con balsa, palabra que gorentaba moito a Menéndez Pidal. Elixio Rivas esfórzase en ligar ambas voces pro fáltalle a idea de <> na primeira e non ficamos convencidos, alén do incómodo pobrete que é touza. Xerardo Sacau, ao se ocupar do nome da vila de Bouzas, resumiu con moito detalle as diferentes hipótesis que sobre esta palabra se teñen aventurado. Resignémonos: a orixe de Bouzas e o do nome común bouza é descoñecida aínda que poidamos situala no substrato preindoeuropeo (SPR1).
Categoría: DO LATÍN AO GALEGO - Publicado o 16-04-2009 06:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal