VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Domus romana
Domus
A Domus: e a vivenda romana por excelencia pola oposición a Casa.
Polas diferentes características a domus pode clasificarse en tres clases distintas:
• A Casa señorial (tipo pompeyano): vivenda particular,ocupada normalmente por un solo propietario e a sua famila.
• A insula: vivendas de varios pisos construidas para albergar certo número de familias diferentes
• A Villa: casa situada no campo e que podía estar dedicada o recreo, en cuxo caso considerase unha villa urbana ou ben, ademáis de servir para descansar, serve tamén como explotación agrícola o gandeira, denominándose entón villa rústica
As vivendas romanas sufriron con especial dureza o paso dos séculos. As cidades,como organismos vivos, vanse renovando co paso dos anos e isto afecta os seus edificios. Non ten nada de especial polo tanto que hayamos conservado poucos exemplos de casas romanas ata o descubrimento de Pompeya no século XVIII. En efecto,Pompeya y Herculano deixáronnós os mellores exemplos de tipo de vivenda romana predominante nesa zona no cambio de era. Grazas a estes descubrimentos arqueolóxicos e outros posteriores en diversos ámbitos do Imperio, estamos agora en condicións de estudar e coñecer mellor cómo vivían os romanos.
VIDEO DUNHA DOMUS ROMANA
Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 12-03-2009 05:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal