VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Traballos sobre Antígona e sobre Mostellaria
A modo de guía estes serán os traballos que deberedes abordar a nivel individual:

SOBRE O TEATRO GREGO E ANTÍGONA

1-As Dionisíacas e o entroido

2-As orixes do teatro grego ( as etimoloxías das palabras teatro, orquestra, coro…

3-A estrutura do teatro grego

4-O coro, a máscara e os actores

5-Atenas o berce do teatro: a educación política do cidadán e a catarse. Pregunta 5 da páx 21

6-Os autores e a evolución da traxedia grega( etimoloxía da palabra traxedia…)

7-Os ciclos temáticos da traxedia( da épica ao teatro).

8-Edipo e a súa familia os Labdácidas

9-Estrutura dunha traxedia:

10-Personaxes de Antígona.

11-Agón entre Creonte e Antígona (etimoloxía da palabra…

12- Os ritos funerarios en Grecia

13- Os adiviños en Grecia

14- Recreacións posteriores de Antígona.

15- Outras mulleres da traxedia.

16- As Bacantes de Eurípides: única traxedia conservada con referencias a Dionisio. Ver páx 45 e outras do libro de texto.



MOSTELLARIA

1-Como era un teatro romano. Que diferenzas atopas co grego?.
2-Biografía de Plauto e obras ( 130 ou 21?) Varrón deunos a resposta ( incluír o epitafio de Plauto).
3-Que era a Comedia Media Grega? En que inflúen en Plauto e o teatro latino.
4-Que era a Atellana italiana? En que inflúen en Plauto e o teatro latino.
5-Que era a “contaminatio” practicada por Plauto?
6-Estrutura dunha comedia:
7-Argumento da Mostellaria.
8-Por que o escravo era “o rei da comedia”? Tranión responder ás preguntas da páx . 20 sobre el.
9-Un escravo romano como vivía de verdade? Resposta as preguntas da páx. 21
10-Os nomes parlantes das comedias de Plauto: pregunta 1ª páx. 16.
11-Mostellaria, comedia de contrapunto de personaxes porque:
12-O espazo nas comedias de Plauto Grecia ou Italia? Pregunta 2ª da páx. 16
13-Vita brevis en Plauto. Páxina 17 3ª serie de preguntas.
14-A Domus romana. Preguntas de Triclinium páx. 18 e 19 sobre as partes da casa.
15- Filemaquia personaxe cargada de “tópicos” machista. Responder tamén ás preguntas referidas a ela pax. 18 e 19.
16-Outro autor de Comedias algo distinto de Plauto: Terencio.

Categoría: 4ºB 08/09 - Publicado o 26-02-2009 06:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal