VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Tártaro na Eneida
O Tártaro
- O Tártaro ou Tártaros é un lugar de tormento e sufrimento eternos, parecido ao inferno do cristianismo e ao inframundo das relixións paganas.
Na mitoloxía grega, o Tártaro é tanto unha deidade como un lugar do inframundo, máis profundo incluso que o Hades.
Hesíodo conta que Tártaro era fillo de Éter e Xea, e pai de Tifón e Equidna. Na iíada Zeus di que o Tártaro esta “tan abaixo do Hades coma o ceo está de alto sobre a terra”. Ao ser un lugar tan alonado do sol e tan profundo na terra, está rodeado por tres capas de noite, que rodean un muro de bronce que a súa vez abarca o Tártaro. E un pozo húmido, frío e desgraciado undido na tenebrosa oscuridade.
Mentres que o Hades é o lugar dos mortos, o Tártaro ten ademáis unha serie de habitantes. No Tártaro os prisioneiros eran gardados por xigantes, cada un con 50 enormes cabezas e 100 fortes brazos, chamados Hecatonquiros.
En mitologías posteriores o Tártaro convertiuse no lugar onde o castigo adecúase ao crime. Radamantis, Éaco e Minos eran os xuíces dos mortos e decidían quenes ían ao Tártaro.
Na mitoloxía romana o Tártaro é o lugar onde se enviaba aos pecadores. É un ugar gigantesco rodeado polo flamígero río Flegetonte e tripes murallas para evitar que os pecadores escapen del.
Esta gardado por unha hidra con 50 enormes fauces negras, que se sentaba nunca porta protexida por columnas de diamante. Dentro hai un castelo con anchas murallas e un alto torreón de ferro, dentro hai un pozo do que se di que profundiza na terra o dobre da distancia que hai entre a terra dos vivos e o Olimpo. No fondo deste pozo estan os Titáns, os Alóadas e outros moitos pecadores.
A Eneida o describe como: “lugar cunhas anchas murallas protexidas con un triple muro
que rauda corrente ciñe de ardentes chamas,
o Flegetonte do Tártaro, e arrastra resoantes pedras.
Enfrente queda unha porta enorme e unhas columnas de diamante macizo,
tal que ningunha forza humana nen os propios habitantes do ceo
podrían abrir en son de guerra; unha torre de ferro alzase o aire,
E Tisífone sentada, revestida dun manto de sangue,
garda insomne a entrada de día e de noite.
A xigantesca Hidra coas suas cincuenta negras bocas,
máis cruel aínda, ten dentro a sua sede. Logo é o Tártaro mesmo,
que se abre ó abismo e se extende baixo as sombras dúas veces
o que a vista do ceo ata o Olimpo etéreo.
marchando polos escuros camiños cubren
a distancia que os separa e a porta se aproximan.”
DIZ JUNCAL, Belén
CORVALÁN GARCÍA, Florencia





Categoría: ÉPICA - Publicado o 19-02-2009 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal