VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A morte de Aquiles
Aquiles foi o máis importante dos heroes gregos da guerra de Troia: xoven ardoroso forte, o seu carácter é esencialmente belicoso. Fronte a Ulises, que é o seu oposto en carácter debido a que simboliza a astucia e a intelixencia pragmática, Aquiles personifica o ímpetu e a audacia espontánea. Aquiles é fillo do rey Peleo e a deusa Tetis. Cando Aquiles era un neno, súa nai sumerxiuno na laguna Estigia para facelo inmortal; as aguas fixérono invulnerable menos no talón, por onde o había sostido súa nai.
Na guerra de Troia, o troiano Héctor matou a Patroclo crindo que era Aquiles, e lle despoxou da súa armadura. Aquiles, cando se sinte humillado por Agamenón, abandoa a batalla, sabendo que a súa ausencia no campo de batalla acarrearía grandes perdas aos gregos. E só regresa ao combate para vengar a morte de Patroclo. Patroclo resultou ser o gran amigo de Aquiles dende a infancia. Para os antigos gregos, a amizade entre homes era unha virtude, encarada como un verdadeiro ideal. Aquiles, enfurecido pola morte do seu amigo, obtivo de súa nai unha nova armadura forxada na fragua de Vulcano, e saiu ao campo de combate, onde matou a Héctor, arrastrando o seu corpo atado ao seu carro en torno aos muros de Troia, sen permitir que tivera os ritos funerais. Só cando Príamo, o pai de Héctor e rei de Troia, veu en segredo a entrevistarse con Aquiles, éste devolveulle o corpo do seu fillo, nun dos pasaxes máis emotivos da Ilíada. Finalmente, Paris, fillo de Príamo, coa axuda do deus Apolo, feriu a Aquiles cunha frecha no seu único punto vulnerable, o talón. Aquiles morreu da ferida.

Florencia Corvalán García
Categoría: ÉPICA - Publicado o 07-02-2009 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal