VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O combate de Aquiles e Héctor nos textos da Ilíada
O encontro entre Aquiles e Héctor antes da batalla descríbese como:
Héctor encontrase solo e desprotexido fora da muralla da cidade e Aquiles avanaza velozmente cara el, e tal o esplendor de Aquiles que Héctor escapa. Durante un tempo Aquiles persigue a Héctor rodeando varias veces a muralla ata que os deuses interveñen. Por un lado, Zeus quere salvarlle a vida a Héctor, pero a deusa Atenea négase e lle di que non o debe facer polo que Zeus o deixa nas súas mans.
Atenea convence a Aquiles para que non corra e espere a que Héctor se enfronte a él. A deusa toma a figura de Deífobo (irmán de Héctor) e dirixéndose a el dille que se deteña e que se enfronte a Aquiles. Héctor enganado por Atenea, pensa que o seu irmán saíu da muralla para axudalo e se sinte con forzas para enfrontarse a Aquiles.
Colócanse os dous fronte a fronte e o primeiro en atacar coa súa lanza e Aquiles que falla o tiro, a continuación Héctor lanza a súa e aínda que o lanzamento foi bo, dalle no escudo. Aquiles axudado por Atenea recupera a súa lanza e esta vez, acerta e mata a Héctor, que antes de morrer lle suplica a Aquiles que devolva o seu corpo aos seus pais.
Aquiles cheo de odio négase e lle di que será comido polos cans e as aves de rapiña.

DIZ JUNCAL,Belén
Categoría: ÉPICA - Publicado o 07-02-2009 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal