VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ULISES E PENÉLOPE
Ulises ou Odiseo:

Normalmente considéraselle fillo de Laertes e de Anticlea, durante unha tormenta no monte Nérito de Ítaca.
Foi discípulo, coma moitos outros heroes, do centauro Quirón. Un xabarín feríulle un xeonllo no monte Parnaso mentres estaba de cacería co seu avó Atólico, o que moito máis tarde faría que o recoñecesen en Ítaca.
En Lacemonia é hóspede de Ífito, que lle regala o arco co que mata ós pretendentes de Penélope na Odisea.

Viaxa a Efira e pídelle a Ilo veleno para as súas frechas, sen conseguilo. Despois Anquílano dállo en Tafos.
Cando se converte en rei é xusto, hospitalario e goza da protección de Atenea. Pedíu a man de Helena, pero desanimouse ó ver a cantidade de pretendentes pide o matrimonio a unha curmá desta, Penélope. Para gañar a amizade de Tindáreo, pai de Helena, e xa que se caracteriza por ser moi astuto, aconséllalle que os pretendentes desta xuren protexer ao elixido para ser seu esposo. Grazas a isto pode casar con Penélope.
Despois de ter un fillo, Telémaco, Paris rapta a Helena, e Ulises faise o tolo arando a praia e prantando sal para non ir á guerra. En Homero, Odisea, XXIV, 110; di Agamenón: "...¿Ou non te lembras cando cheguei ao voso palacio en compañía do divino Menelao para incitar a Odiseo a que nos acompañara a Ilión?...Durante un mes recorremos o ancho mar e con dificultade convencemos a Odiseo, destructor de cidades..." O que indica que Ulises non quería ir á guerra ó principio. Pero Palamedes puxo a Telémaco no seu camiño e tivo que colaborar. Axudou a reclutar reis, foi como embaixador a Troia para negociar e sacou a Aquiles do seu escondedoiro, nos aposentos das mulleres do palacio do rei Licomedes. Disfrazouse de mercader e entrou, e mentres as mulleres miraban as teas, Aquiles disfrazado coma unha, foi ver as armas e descubriuse. Pero na película ?Troia? Ulises convence a Aquiles mentres adestra ó seu primo Patroclo e falando tranquilamente.

Penélope:
Posíblemente é filla de Icario e Peribea. Tamén pode ser sobriña de Tindáreo. Icario non quería que Penélope se fose, e pediulle a Ulises que quedase. Dixo que non e deixou decidir a Penélope, que o elixiu a el.
Hai un mito que dá explicación ó seu nome. Chamábase Arnea. Un dos seus pretendentes, Nauplio, dixolle que Ulises morrera, e tirouse por un precipicio. Pero uns patos salvárona e decidiu chamarse Penélope (Pato salvaxe). Despois da noticia da suposta morte de Ulises instaláronse un centenar de pretendentes a casar con ela, e Penélope dixo que se decidiría cando rematase un suario para o seu sogro, que facía durante o día e desfacía pola noite ata que a traizoou unha criada.
Cando Ulises volve a Ítaca e despois de matar ós pretendentes de Penélope, esta só o recoñece porque lle conta cousas da súa noite nupcial que só eles coñecen. Atenea alonga a noite para que gocen de máis tempo xuntos.



ALEJANDRO ROLDÁN
Categoría: ÉPICA - Publicado o 01-02-2009 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0