VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

HELENA DE ESPARTA CASA CON MENELAO
Cando Helena chegou a idade para casarse, tivo moitos pretendentes que acudiron de tódalas partes de Grecia, animados pola fama da súa gran beleza e porque ela e o seu esposo reinarian en Esparta. Tindáreo temendo provocar unha guerra entre os pretendentes rexeitados seguiu un consello de Odiseo. E a cambio prometeulle a súa axuda para conseguirlle a súa sobriña Penélope como esposa.

O consello de Odiseo consistía en arrincarlle aos pretendentes o xuramento de acatala decisión sobre quen seria o esposo de Helena e a obriga de acudir ó auxilio do elixido se en algún momento a súa esposa fose disputada. Unha vez realizado o xuramento, Helena elixiu como esposo a Menéalo, irmán de Agamenón, rei de Micenas (noutras versións de Argos)que a súa vez casou coa súa irmá Clitemnestra.

Menelao e Helena tiveron unha filla chamada Hermíone.

RAQUEL DEVESA
Categoría: ÉPICA - Publicado o 30-01-2009 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal