VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

HOMERO
Homero é o nome dado ao poeta e rapsoda grego antigo ao que tradicionalmente se lle atribúe a autoría das principais poesías épicas gregas – A Ilíada e a Odisea - .

ETIMOLOXÍA.
O nome de Hómēros é una variante xónica do eólico Homaros. O seu significado é refén, prenda ou garantía. Hai unha teoría que sostén que o seu nome provén dunha sociedade de poetas chamados os Homēridai, que literalmente significa “fillos de reféns”, é dicir, descendentes de prisioneiros de guerra. Dado que estes homes non eran enviados á guerra ao dubidarse da súa lealdade no campo de batalla, non morrían neste. Por tanto se lles confiaba o traballo de recordar a poesía épica local, para lembrar os sucesos pasados, nos tempos anteriores á chegada da literatura escrita.

BIOGRAFÍA.
Na figura de Homero conflúen realidade e lenda. A tradición sostiña que Homero era cego, e varios lugares reclamaban ser o seu lugar de nacemento: Quíos, Esmirna, Colofón, Atenas, Argos, Rodas, Salamina, Pilos, Cumas e Ítaca.
Datos biográficos recollidos pola tradición.
O Himno Homérico a Apolo Delio menciona “que é un cego que reside en Quíos, a rochosa”. O poeta lírico Simónides de Amorgos atribúe ao “home de Quíos o seguinte verso da Ilíada “¿Por que me preguntas a miña linaxe? Como a linaxe das follas son”. Luciano de Samósata di que foi un babilonio enviado a Grecia como refén (grego antigo ὅμηρος, homêros, e de aí o seu nome.
Pausanias transmite unha tradición dos chipriotas, quen tamén reclamaban para si a Homero:
Din que Temisto, unha muller do lugar, era a súa nai, e que Euclo profetizou o nacemento de Homero nestes versos:
E entón na costeira Chipre existirá un gran cantor,
ao que dará á luz Temisto no campo, divina entre as mulleres,un cantor moi ilustre lonxe da moi rica Salamina.
Deixando Chipre mollado e levado polas ondas,
cantando el só o primeiro as glorias da espaciosa Hélade.
Será inmortal por sempre e non coñecerá a vellez.
Sen embargo, tamén se conserva o seguinte epigrama, atribuído ao poeta helenístico Alceo de Mesene, no que Homero protesta sobre a súa orixe salaminia, e nega que se puxese unha estatua súa nesta cidade e que o seu pai fora un tal Demágoras:
Nin aínda que o martelo surxir como Homero de ouro me fixera entre raios flameantes de Zeus, son nin serei salaminio nin o fillo de Meles o será de Demágoras; ¡tal a Hélade o vexa! Con outro poeta probade; e os meus versos vós aos Helenos, Musas e Quíos, cantádeos!

Hai un rumor que di que morreu en Íos.
Pausanias recolle isto e fala sobre unha estatua de Homero que viu e un oráculo que leu, no Templo de Apolo en Delfos:
Podes ver tamén (no pronaos do Templo de Apolo en Delfos) unha estatua de bronce de de Homero sobre unha estela e nela lerás o oráculo que din que tivo Homero:
Ditoso e infortunado, pois naciches para cambiar cousas,
Buscas unha patria. Tes unha terra natal, pero non unha patria. A illa de Íos é a patria da túa nai, que cando morras te recibirá. Pero vixía o enigma dos novos mozos.

Ademáis sinala que:
Os de Íos ensinan tamén un sepulcro de Homero nunha illa e noutro lugar un de Clímene, e din que Clímene era a nai de Homero.
Aínda xa na época da Grecia Clásica non se coñecía nada concreto e seguro acerca de Homero, a partir do período helenístico empezaron a xurdir unha serie de biografías acerca do que recollían tradicións moi diversas e a miúdo datos de contido fabuloso. Nestes relatos menciónase que antes de chamarse Homero se chamara Meles, Melesígenes, Altes ou Meón, así como datos moi diversos e con numerosas variantes acerca da súa ascendencia.


Existe unha tradición na que se di que Pitia deu unha resposta ao emperador Adriano acerca da procedencia de Homero:
Pregúntasme pola ascendencia e a terra patria de unha inmortal serea. Pola súa residencia é itacense; Telémaco é seu pai e a nestórea Epicasta súa nai, a que o alumeou con moito ao varón máis sabio dos mortais.

OBRAS QUE LLE FORON ATRIBUÍDAS.
Ademais da Ilíada e a Odisea, a Homero se lle atribuíron outros poemas, como a épica menor cómica Batracomiomaquia (“a guerra das ras e os ratos”), o corpus dos himnos homéricos, e varias obras fragmentadas como Margites. Algúns autores antigos atribuíanlle o Ciclo épico completo, que incluía máis poemas sobre a Guerra de Troia así como epopeas que narraban a vida de Edipo e guerras entre arxivos e tebanos.

A CUESTIÓN HOMÉRICA.
Denomínase cuestión homérica a unha serie de incógnitas prantexadas en torno aos poemas homéricos. Entre os interrogantes máis debatidos atópanse quen foi ou foron os seus autores e de que modo foron elaborados.
Os investigadores están xeralmente de acordo en que a Ilíada e a Odisea sufriron un proceso de estandarización e refinamento a partir do material máis antigo no século VIII a. C.
Un papel importante nesta estandarización correspondeulle ao tirano ateniense Hiparco, quen reformou a recitación da poesía homérica na festividade Panatenea. Esta reforma implicou a confección dunha forma canónica escrita.

MIRIAM MARTINEZ IGLESIAS

Deixamos aquí un par de enlaces para poder consulatr e ler os cantos da Odisea de Homero. Lembrade que imos traballar cos cantos VIII ao XII principalmente.



Texto completo da Odisea
Algo máis sobre Homero
sobre arqueoloxía homérica
Categoría: ÉPICA - Publicado o 30-01-2009 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal