VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NO DÍA DA PAZ (PACIS DIES)


Os sentimentos pola PAZ sonche ben antigos. Un dramaturgo grego exclamaba nunha das súas traxedias : Non hai ninguén tan estúpido que prefira as guerras á Paz e mesmo un poeta latino, Tibulo, na época das cruentas guerras civís na Roma Imperial comezaba un longo poema antibelicista interrogándose:

Quis fuit horrendos primus qui protuli armas?
Quam ferus et ver ferreus ille fuit!
Tum caedes hominum generi, tum proelia nata,
tum brevior dirae mortis aperta via est...

Que quere dicir:

Quen foi o primmeiro que empuñou as horrendas espadas? Qué fero e certamente férreo foi el!
Daquela naceron as batallas e as matanzas do xénero humano, daquela foi aberto un camiño máis curto cara a cruel morte...

Escollemos para comentar o seguinte texto de Tibulo ( Elegiarum liber primus) no día escolar da Paz e a non violencia:



X


Quis fuit, horrendos primus qui protulit enses?
QUEN FOI O PRIMEIRO QUE EMPUÑOU AS HORRENDAS ARMAS?

quam ferus et uere ferreus ille fuit!
QUE CRUEL E INSENSIBLE FOI AQUEL!

tum caedes hominum generi, tum proelia nata,
DAQUELA NACERON AS BATALLA E AS MATANZAS ENTRE OS HOMES,
tum breuior dirae mortis aperta uia est.
UNHA VÍA MÁIS CURTA FOI ABERTA CARA A TEMIBLE MORTE.

an nihil ille miser meruit, nos ad mala nostra
QUIZÁS EL EN NADA É CULPABLE, NÓS COMO UN MAL NOSO
uertimus, in saeuas quod dedit ille feras?
TROCAMOS O QUE EL NOS DEU CONTRA AS FERAS SALVAXES?
Diuitis hoc uitium est auri, nec bella fuerunt,
A CULPA É DO PRECIADO OURO, NON HABÍA GUERRAS,
faginus astabat cum scyphus ante dapes.
CANDO O VASO DE MADEIRA REPOUSABA NAS MESAS,

non arces, non uallus erat, somnumque petebat
NON HABÍA FORTALEZAS, NIN EMPALIZADAS E SOÑABA
securus uarias dux gregis inter oues.
O PASTOR SEGURO ENTRE AS OVELLAS DISPERSAS.

Tunc mihi uita foret uulgi nec tristia nossem
ENTÓN VIVIRÍA E NON COÑECERÍA DA CHUSMA AS FUNESTAS

arma nec audissem corde micante tubam.
ARMAS NIN ESCOITARÍA A TROMPETA CON SOBRESALTADO CORAZÓN.
Nunc ad bella trahor, et iam quis forsitan hostis
AGORA SON ARRASTRADO Á GUERRA E PROBABLEMENTE UN INIMIGO

haesura in nostro tela gerit latere.
LEVA A LANZA QUE SE CRAVARÁ NO MEU COSTADO.


......................................


at nobis aerata, Lares, depellite tela,
MAIS, DEUSES PROTECTORES, LONXE DE NÓS LEVADE AS ARMAS DE BRONCE

. . . . . . . . . .



quis furor est atram bellis accersere Mortem?

QUE TOLERÍA É A DE CHAMAR COAS GUERRAS Á NEGRA MORTE?...


.............................................
interea pax arua colat. pax candida primum
NAMENTRES A PAZ CULTIVE OS CAMPOS,HAI TEMPO QUE A RADIANTE PAZ

duxit araturos sub iuga curua boues:
PUXO BAIXO O CURVO XUGO AOS BOIS PARA ARAR

pax aluit uites et sucos condidit uuae,
A PAZ NUTRIU AS VIDES E GARDOU OS MOSTOS DA UVA
funderet ut nato testa paterna merum:
PARA QUE A XERRA PATERNA SERVISE VIÑO AO FILLO:

pace bidens uomerque nitent, at tristia duri
NA PAZ BRILLAN O ARADO E A PALETA, PERO AS TRISTES

militis in tenebris occupat arma situs.--
ARMAS DO INSENSIBLE SOLDADO CUBRE NA ESCURIDADE A FERRUXE.

........................................

at nobis, Pax alma, ueni spicamque teneto,

MAIS VEN A NÓS,PAZ VIVIFICADORA,SOSTENDO A ESPIGA

profluat et pomis candidus ante sinus.

E ENCHE DE FROITOS A ABADA DA TÚA BRILLANTE TÚNICA.









sobre Tibulo
Categoría: SI VIS PACEM... - Publicado o 28-01-2009 06:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal