VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DESPOIS DE VER A PELÍCULA
Tras visualizar TROIA, a película do ano 2004, imos na procura de semellanzas co texto básico da mesma:
Propoñemos estas cuestións para resolver cos textos de Homero diante:

NA PROCURA DE PARECIDOS
1- As razóns históricas e mitolóxicas da guerra de Troia aparecen claras na película?
2- A cólera de Aquiles ou da Briseida do cine á Briseida/ Criseida en Homero). Canto I.
3- O combate entre Menelao e Paris. Morre alguén? Como o conta Homero? Cantos III-IV
4- A morte de Patroclo, semellanzas e diferenzas entre cine e texto? Canto XVI.
5- Combate de Aquiles e Heitor, cales son as semellanzas e diferenzas ? Canto XXII.
6- Como remata a Ilíada de Homero? Canto XXIV.
7- O cabalo de Troia qué sabemos deste episodio pola mitoloxía.
8- Sobre a morte de Aquiles a versión do cine sitúao dentro de Troia, que hai de certo?
9- Lembra cinco personaxes gregos e cinco troianos que aparezan na película.

NOTA: Podes utilizar a dirección de máis abaixo para consultar os textos da Ilíada de Homero e algúns xogosde preguntas e respostas sobre a cuestión.
PARA CONSULTAR TEXTO DA ILÍADA DE HOMERO
PARA SABER MÁIS XOGANDO
Categoría: ÉPICA - Publicado o 21-01-2009 07:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal