VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COMEZAMOS COA SAGA HOMÉRICA
Unha vez introducidos na mitoloxía clásica seguindoos pasos do grego HESÍODO especialmente utilizando a Teogonía, aínda que usando tamén Os traballos e os días para as Idades do home e o coñecido mito de Pandora ( non deixamos de botar man en parte do comezo das Metamorfoses de Ovidio)imos pasar ao gran HOMERO.

Utilizamos para introducir a épica grega de Homero un documental do Natonal Geographic. Titúlase Troia, antigos mitos e misterios por resolver que documenta a transmisión ao longo de 3000 anos da guerra de Troia e como permanece como unha das historias máis cautivadoras da cultura occidental.
Tentamos así respostar a preguntas sobre HOMERO autor da Ilíada e a Odisea, para logo centranos na cidade de Troia de como foi unha cidade esquecida e recuperada para a historia polo chamado pai da arqueoloxía H. Schlieman no século XIX e como este e outros arqueólogos posteriores dan resposta a se tivo lugar ou non a guerra de Troia ou se foron reais personaxes como Paris, Helena, aquiles ou Agamenón.
Categoría: ÉPICA - Publicado o 08-01-2009 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal