VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cuestionario sobre a xeografía da GRECIA ANTIGA
O Espazo, a Historia e a Lingua da Grecia Antiga.

Imos polo primeiro dos apartados relacionado coa XEOGRAFÍA:

1- Cal é a orixe do nome de Grecia? Pero cal era o nome que lle daban ao seu país os propios gregos? Que sabes da orixe deste outro nome?

2- En cantas partes dividimos tradicionalmente a Grecia Antiga? Podes consultar o libro de clase.

3- Indica unha cidade importante para cada unha das partes nas que antes dividiches a Hélade?

4-Cres que é certo que Grecia é o segundo país máis montañoso de Europa? Razoa a resposta.

5- Cres que é certo que hai máis de 3000 illas de moi diverso tamaño que pertencen hoxe ao territorio de Grecia? Razoa a resposta.

6-Utilizando un mapa mudo coloca nel as seguintes cidades e montes da Grecia Antiga:
Atenas, Esparta,Troia, Mileto, Micenas, Cnosos, Olimpia, Delfos, Tebas.

Monte Olimpo, Monte Ida, Monte Parnaso, Monte Taigeto.

7- Volvendo a usar o mapa anterior coloca agora os nomes das seguintes rexións,illas e mares (usa neste caso as maiúsculas):
ÁTICA, LACONIA, CRETA, MACEDONIA.
EUBEA, ILLAS CÍCLADAS, RODAS, ÍTACA,LESBOS.
MAR EXEO, MAR XÓNICO.


8- LÉXICO: Agora tendo en conta que mar en grego é "thalassa", que "oros" é montaña, que "nesos" significa illa e que o río en grego dicíase "potamos", intenta explicar o significado das seguintes palabras compostas de orixe grega e que están relacionadas coa xeografía grega unha vez que sabes o que significa un dos seus étimos:

-Polinesia:

-oroxénese:

-hipopótamo:

-Mesopotamia:

-Melanesia:

-talasocracia:

-Micronesia:

-talasoterapia:

-orografía:

-Dodecaneso

-orónimo:

9-Copia o mapa máis grande que aparece na entrada antes dita no departamento de Clásicas e realiza esta actividade:
No mapa de Europa e o Mediterráneo coloca o máis certeiramente posible os seguintes conceptos relacionados coa xeografía da Antiga Grecia:

-Magna Grecia, Grecia Septentrional, Peloponeso, Espóradas, Chipre, Grecia de Asia Menor, Xonia, Cirene e Sicilia.

Aquí tedes unha descrición da antiga Hélade en video:




Categoría: GRECIA - Publicado o 12-11-2008 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0