VERBA VOLANT



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O PENTATLÓN
O pentatlón: As probas ximnásticas.
O pentatlón é unha proba quíntuple: salto longo, disco, xavelina, carreiras de velocidade e loita. Nel reuníanse os exercicios máis exquisitos da ximnasia helena. Para os gregos, era o que formaba os homes máis fermosos, sen músculos demasiado crecidos, de pés veloces e recia figura. A súa práctica era considerada a máis favorable para a saúde.
A primeira proba era o salto longo ou ``halma´´.Era máis apreciado polos gregos có salto de altura; practicábase con pesas de pedra ou chumbo, de ata 5 kg. Portábanas nas dúas mans, balanceándoas para coller pulo e arroxalas cara adiante ó aterrar. A continuación viña o lanzamento de disco (diskos), unha peza de pedra ou bronce, que alcanzaba os 4 kg de peso. Nos museos consérvanse uns vinte discos antigos cun por medio de 2`5 kg.(de bronce no Museo de Berlín e no Museo Británico de Londres).
A xavelina (akontion) tiña unha lonxitude igual ó corpo do atleta e era moi lixeira; unha correa (de 30 a 45 cm.) servía para axudar ó impulso.A distancia media alcanzada roldaba os 100 m. Os gregos tiñan varias ocasións para practicar este lanzamento: na guerra, na caza, na palestra.


Carla Lavandeira Pintos.
Categoría: OLIMPÍADAS - Publicado o 22-06-2008 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal